Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Benvid@ á páxina do BNG de A Estrada
Contestación ás valoracións feitas polo PSOE respeito da acción de goberno do BNG  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 2
Venres 11 de Xullo de 2008 - 11:54
O BNG da Estrada, na súa acción de goberno municipal, só lle rende fidelidade aos veciños e veciñas do noso Concello, e a súa acción de goberno vai no sentido de resolver o moitos problemas que estes teñen

As valoracións feitas polo socio de goberno están fóra de lugar e equivócanse atacando ao BNG, porque o obxectivo do noso co-goberno municipal é resolver os problemas da xente

Neste sentido, dentro das áreas da nosa competencia aprobamos uns orzamentos que marcan un punto de inflexión na política orzamentaria do noso concello nas últimas lexislaturas e que contemplan investimentos con fondos propios de preto de 1.000.000€, aos que se suman 605.000€ da anualidade 2008 dos Plans plurianuais da Deputación de Pontevedra. Tamén dende a Concellaría de Facenda eliminamos as taxas de protección civil, algo que pasou totalmente despercibido, pero evitará que os veciños e veciñas que requiran este servizo non teñan que pagar un só euro.

Ler máis...

Declaracións de Raquel López en Estrada TV  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Xoves 26 de Xuño de 2008 - 16:57

De seguido podedes escoitar as declaracións feitas pola Tenente de Alcalde, Raquel López Doce, sobre o conflito abertos cos alcaldes de barrio


O PP atasca novamente a profesionalización da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Martes 24 de Xuño de 2008 - 18:57

Dende o BNG da Estrada censuramos a actitude obstrucionista do PP da Estrada e da Deputación de Pontevedra para profesionalizar a Fundación de Exposicións e Congresos, que quere levar adiante a Consellaría de Innovación e Industria, o que está prexudicando gravemente os intereses do pobo da Estrada en xeral e do sector do móbel en particular.

Temos que recordar, unha vez máis, que o Partido Popular ten a maioría do padroado da Fundación, cuxas decisión están a levar a esta a un caleixón sen saída, que pode ter graves consencuencias para o sector e para A Estrada, de seguir estas manobras de desgaste político utilizadas polo PP contra o BNG na Xunta de Galiza.

Ler máis...

Os Consellos Parroquiais traerán a democracia ao rural  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Domingo 22 de Xuño de 2008 - 17:58
A tenente de alcalde, Raquel López, asegura que, coa posta en marcha dos consellos parroquiais, a democracia chegará ao rural estradense, a pesar da resistencia aos cambios por parte dos vestixios caciquís

A constitución dos Consellos Parroquiais é unha aposta decidida do novo Goberno Municipal para dotar ao rural estradense destes órganos democráticos e superar vellas etapas, situándose ao fin no século XXI.

A tenente de alcalde e concelleira do Medio Rural, asegurou hoxe que, aínda que con 30 anos de demora, a democracia participativa vai chegar a todo o rural estradense, coa posta en marcha dos consellos parroquiais. Desde a tenencia de alcaldía sublíñase que, coa entrada do nacionalismo no goberno local, a vella aspiración veciñal de democratización, transparencia e participación das parroquias no goberno local vai quedar garantida, sen que caiba ningún paso ao vello modelo, coa constitución dos consellos parroquiais que está pondo en marcha o departamento municipal de participación cidadá, dirixido polo concelleiro delegado Xoán Carlos Castro.

Ler máis...

O BNG pede que a Deputación remate e arranxe as estradas no noso Concello  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Sábado 21 de Xuño de 2008 - 18:12

O Grupo Municipal do BNG rexistrou onte venres unha moción onde solicita da Deputación de Pontevedra a mellora da capa de rodadura da PO-2008 entre Portela (Cuntis) e o Souto de Vea, e o remate das obras de mellora e ampliación das estradas da PO-7007 entre as parroquias de Couso e Barcala, e da PO-7019 entre Baloira e Santo André de Vea, que atravesa a parroquia de San Xiao de Vea.

Estrada Baloira-Santo André de Vea
Estrada Baloira-Santo André de Vea
Ler máis...

Precisións do BNG da Estrada  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 3
Xoves 29 de Maio de 2008 - 16:36

A raíz do publicado hoxe nos medios de comunicación locais sobre a controversia entre o Reale C.D. Estradense e a Concellaría de Deportes, temos que facer as seguintes precisións:

  1. A Concellaría de Deportes sempre estivo, e está, disposta a escoitar e reunirse cos representantes do clube de cara a conseguir os avais suficientes para que o ascenso á División de Prata de fútbol sala sexa unha realidade.

  2. A achega económica da Concellaría de Deportes a este clube e a calquera outro basearase exclusivamente ao estipulado nas bases de subvencións, aprobadas no pleno da corporación municipal.

Ler máis...

A Concellaría de Turismo crea un Premio Internacional de Fotografía da Rapa  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 3
Sábado 24 de Maio de 2008 - 17:42

Raquel López Doce, Concelleira de Turismo, ven de anunciar a creación dun Premio Internacional de Fotografía da Rapa das Bestas dotado con un único premio de 6.000 euros.

Este premio, no que colabora a Dirección Xeral de Turismo, quere servir de impulso para unha festa catalogada como Festa de Interese Turístico Internacional, e no que se dan cita prestixiosos fotógrafos de todo o mundo. Ademais estas fotos servirán para ter un fondo fotográfico e engadilo posteriormente ao Centro de Interpretación da Rapa.


Galiza Nova organiza acto sobre software libre e lingua  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 3
Sábado 24 de Maio de 2008 - 17:27

O vindeiro sábado 31, ás 20 horas, na Aula Multimedia da Biblioteca Municipal, Galiza Nova organiza un acto baixo o título “Software Libre na nosa lingua” e no que contarán coa intervención de Suso Baleato, Coordinador de Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, un proxecto impulsado pola Consellaría de Innovación e Industria.

cartaz_soft.jpg

Neste acto Suso Baleato explicará en que consiste o Software libre, así como as súas vantaxes a respecto do software privativo, en especial no que atinxe ás lingua minorizadas como a nosa.


Galiza Nova comeza a súa andaina na Estrada  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 3
Sábado 24 de Maio de 2008 - 17:15

Hoxe ven de presentarse Galiza Nova da Estrada nunha rolda de prensa que estivo arroupada por Iria Aboi, Secretaria Xeral de Galiza Nova, e por Pablo Santomé, Responsábel Comarcal

galiza_nova.jpg

O Responsábel Local é Manuel Reices, un mozo moi coñecido no tecido asociativo e cultural e impulsará, xunto cunha decena de mozos e mozas, a organización xuvenil do BNG impulsando políticas e actos para a nosa mocidade, un campo no que aínda queda moito por facer.


Aprobáronse os primeiros orzamentos do BNG  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Martes 06 de Maio de 2008 - 00:29

Desde o primeiro día que se asinou o pacto co PSOE, Isabel Ruíz Ferro, Concelleira de Facenda, púxose a traballar nos orzamentos do Concello. Aínda que recoñecemos que os orzamentos chegan cun certo retraso, ben é certo que o BNG púxose cos orzamentos a primeiros do mes de novembro sen que até o momento se fixera nada para telos listos a finais do no 2007 ou principios de 2008.

Os primeiros orzamentos do BNG quedaron aprobados no pleno ordinario do mes de maio, cun importe de 11.600.400 euros un 8,10% superiores aos de 2007. O capítulo de investimentos ascende a 2.400.000 euros, dos cales 997.000 euros correspóndense a fondos propios do Concello, que un índice que mide a capacidade de aforro. Entre os investimentos previstos atópanse as beirarrúas de Guimarei, o proxecto das beirarrúas de Ouzande, a mellora do saneamento da Avenida de Santiago, a pavimentación de viais de acceso a núcleos de A Somoza, Olives, Santeles, Cereixo e Moreira; tamén se inclúen nestes orzamentos a Traída do Umia.

No que se refire aos ingresos, hai un aumento notábel nos capítulos de impostos indirectos (320%) e dos ingresos patrimoniais (190,4%), e por primeira vez elimináronse desta partida as tasas de protección civil, que quedarán exentas de pago.

No que se refire aos gastos correntes soben un 17,27%, debido entre outras cuestións á Escola Obradoiro (251.000 €), que se poñerá en marcha este ano e aos servizos que se prestan en servizos sociais (120.000 €).




     1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  >  >> 

imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal