|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Martes 30 de Xuño de 2009 - 12:39
A Concellería de Medio Rural e Turismo do Concello da Estrada habilitará con motivo da Rapa das Bestas os días 3 e 4 de xullo un servizo de transporte colectivo gratuíto entre a vila da Estrada e Sabucedo.
O obxectivo do establecemento deste servizo é, ademais de facilitar o acceso e a participación na Rapa das Bestas, contribuír a previr accidentes de tráfico e reducir o número de vehículos particulares en Sabucedo.
Por medio deste transporte os veciños poderán acudir aos concertos de "Sons da Rapa" do venres, e o sábado poderán chegar con tempo para achegarse ao Peón, e asistir tanto á chegada das Bestas a Sabucedo, como ao primeiro Curro, e optar por voltar á Estrada ou quedar a disfrutar da festa nocturna.
Horarios e ruta
O venres 3 o autobús sairá as 22:00 horas de diante da Casa do Concello con destino a Sabucedo con parada en Codeseda (A Sagrada); o regreso será ás 4:00 desde Sabucedo (Curro Vello) coa mesma ruta da ida. O sábado 4, haberá servizo pola mañá -saída ás 10:00- e pola noite -ás 22:00 horas-, para regresar ben ás 16:00 horas ou xa de madrugada ás 4:00. |
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Xoves 25 de Xuño de 2009 - 14:04
Como xa sabedes o Concello da Estrada vén de impulsar a candidatura da Rapa das Bestas de Sabucedo para que sexa recoñecida como un dos 10 tesouros do Patrimonio Inmaterial do Estado. A día de hoxe a Rapa está no posto 13, competindo directamente co festas e eventos que, por desgraza, teñen unha maior cobertura mediática ca Rapa, como por exemplo, a Feria de Abril, o Camiño de Santiago, o Carnaval de Cádiz, o Rocío, etc.
O organismo que promove os 10 tesouros do Patrimonio Inmaterial do Estado, autorizou ao Concello da Estrada a recoller sinaturas poñendo un posto na rúa. Desde onte este posto está instalado a un lado da Alameda da Estrada, preto da entrada do Concello, e o seu horario é de 11 a 14 horas, e a partires das 17 horas, e estará instalado até que rematen as festas o día 28 de xuño.
Cómpre pois que fagamos unha mobilización entre os nosos amigos e familiares para conseguir que a Rapa das Bestas estea entre os 10 tesouros do Patrimonio Inmaterial do Estado, porque non todo é flamenco.
Ánimo e a apoiar a Rapa |
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Mércores 17 de Xuño de 2009 - 11:09
Onte martes 16 de xuño, Raquel López Doce, Bieito Lobeira e Carme Adán, mantiveron unha reunión con representantes das ANPAS do Concello, un compromiso que adquirira o BNG con representantes do pais dos nenos e nenas da Estrada antes das eleccións do 1 de marzo. Nesa primeira reunión, os pais trasladáronlle ao BNG diversas problemas que detectaron no eido educativo como poden ser o transporte escolar, deficiencias en infraestruturas, formación do profesorado, etc. Desta volta as peticións dos pais concretáronse en varias cuestións que o BNG, da man de Carme Adán, trasladará ao Parlamento Galego. Así, entre outras, o BNG solicitará a modificación do Decreto que regula a composición dos Consellos Escolares Municipais, que os pais consideran que están infimamente representados. O BNG tamén se interesará pola proxecto de mellora do Colexio Pérez Viondi. |
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 1
|
|
|
|
Luns 11 de Maio de 2009 - 12:46
Onte, día 10 de maio, celebrouse en Santiago de Compostela a III Asemblea Nacional Extraordinaria do BNG para marcar a liña política a seguir nos próximos anos e para renovar os órganos de dirección da nosa organización. Así, desde onte, o Consello Nacional, máximo órgano de dirección do BNG entre asembleas, está formado por Gonzalo Constenla e Roberto Vilaméa, dous compañeiros do BNG da Estrada, que forman parte a súa vez do Consello Local e do Consello Comarcal do BNG. Así mesmo, esta Asemblea Nacional Extraordinaria elixiu a Guillerme Vázquez como novo Portavoz Nacional, en cuxa Executiva estará Gonzalo Constenla, cuxa área de responsabilidade aínda está sen definir. |
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Xoves 26 de Marzo de 2009 - 13:42
A respecto das últimas declaracións do colectivo de Defensa Val do Liñares, o BNG da Estrada quere facer as seguintes precisións:
-
O proxecto Cidade do Móbel redixido pola Consellaría de Vivenda, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, e remitido o 18 de Novembro de 2008 á Consellaría de Medio Ambiente para o ditame da memoria ambiental e do Informe de Sostenibilidade Ambiental, xa contempla as melloras que indica este colectivo, é dicir, que o Proxecto Cidade do Móbel non afecta a ningunha masa de auga (regato Matamulleres e humidal de Lagartóns), manténdose como zonas verdes.
-
Ademais, o Proxecto deseñado pola Consellaría de Vivenda conserva integramente a vexetación de ribeira e eliminaranse as especies alóctonas, isto é, todas aquelas que non sexan autóctonas de Galiza (eucalipto, por exemplo).
-
E non só iso, senón que o Proxecto Cidade do Móbel contempla tamén unha depuradora adicada en exclusiva aos residuos xerados polo polígono. Tamén inclúe un sistema de pre-tratamento das augas pluviais previos ao seu vertido ao río Liñares consistentes en desbaste e desareado.
-
O que non di esta asociación é que as melloras contempladas no Proxecto Cidade do Móbel, deseñado pola Consellaría de Vivenda, porá fin á agresión ecolóxica e medio ambiental, ademais do caos urbanístico que supón o actual estado de alegalidade das instalacións industriais, que hai na actualidade.
Tendo isto en conta, no BNG da Estrada non entendemos o retraso que está a ter a Consellaría de Medio Ambiente no ditame dos informes citados con anterioridade, xa que todas as melloras solicitadas polo grupo que máis se opón ao Proxecto Cidade do Móbel, xa están contempladas na redacción do Proxecto feito pola Consellaría de Vivenda.
O BNG quere recordar unha vez máis que o 18 de novembro pasado a Consellaría de Vivenda remitiu á Consellaría de Medio Ambiente, que dirixe Pachi Vázquez, o Proxecto Cidade do Móbel, para o que tiña un prazo máximo de 3 meses, e a estas altura xa se cumpriron 4 meses e os informes que tiña que redactar esta última aínda non están feitos. Alén disto, unha vez ditaminados os informes remitirase todo o proxecto á Consellaría de Política Territorial, que terá un mes para informar e finalmente aprobarase no Consello da Xunta, que, tendo en conta o retraso acumulado e os prazos que aínda quedan, terá que ser aprobado polo novo executivo da Xunta de Galiza, e agardemos que este Proxecto tan importante para A Estrada, vexa a luz antes deste verán. |
|
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
|
|
 |
| Boletín |

Descarga o boletín de outubro 2008
|
|
| Acordo PSOE-BNG |
 |
|
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG
|
|
| Novo Estatuto |

|
As últimas noticias no teu escritorio  |
|