A Estrada (Galiza)


Autoestrada da Memoria
Este espazo pretende ser unha canle de comunicación sobre a memoria silenciada ou deturpada da Estrada. Unha mostra do que ocorreu na Galiza. Mais non ten peaxes nin é de sentido único. É unha vía rápida de contacto cun único destino: chegar a nós mesmos.
Coñecérmonos mellor os estradenses e desenvolver maior autoestima como membros dun pobo, o galego, que puido ser aínda moito mellor do que xa é, se lle deixaran.


Quen somos
xcgarrido@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Escrito presentado para pedir apoio do Concello para lembrar a historia destes republicanos


- Vídeo sobre a visita de Rosalía González Génova, filla dun dos paseados na Ponte do Regueiro (Se non funciona o vídeo pódese conultar desde outro enderezo premendo aquí)

TEXTO DO ESCRITO DE SIÑOR AFRANIO


• Que a Asociación “Comisión pola memoria Siñor Afranio” que abrangue as Asociacións de recuperación da memoria histórica do norte da provincia de Pontevedra, leva varios anos traballando na investigación, restauración e divulgación da nosa historia así como dignificación e recoñecemento das vítimas da represión franquista.
• Que a través deste traballo de recuperación da memoria histórica documentamos o feito de que na Estrada, o 9 de outubro de 1936, foron “paseados” 6 cidadáns provenientes de Concellos da contorna e que os seus cadáveres foron soterrados no cemiterio local.
• Estas persoas son Severino García Teijeiro, José Domingo González Boullosa, Juán Bacariza Sánchez, Ramón Muíños Lorenzo, Manuel Guillán Abalo e Jesús Froiz Gómez.
• Que o pobo da Estrada, e nomeadamente persoas de releve como o crego Nicolás Mato Varela e o xuíz Fermín Bouza Brey, amosaron un comportamento exemplar fronte este crime e aínda que as vítimas non son deste concello, é un feito histórico que compre lembrar para honra da dignidade dun municipio coma este que manifestou a súa solidariedade e apoio aos represaliados nun momento de especial perigo.
POLO QUE SOLICITA:
• Que se autorice colocar un monumento e se habilite un espazo na Ponte do Regueiro, a beira de onde foron executados estes demócratas en 1936.
• Que se preste axuda institucional para as obras e os gastos que poidan ocasionar a colocación de dito monumento.

Para que así conste, asina en A Estrada a 10 de xuño de 2008
Categoría: Actividades - Publicado o 14-07-2008 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
© X.C. Garrido