|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Venres 12 de Marzo de 2010 - 19:25
Carme Adán denuncia que o xefe territorial da Delegación provincial non recibira aínda aos pais, que levan agardando dende o 4 de Xaneiro
O Bloque Nacionalista Galego conseguiu sacar adiante hoxe na Cámara unha iniciativa para instar á Xunta a realizar as obras necesarias nos centros de ensino públicos da Estrada para a correcta adecuación das instalacións ás necesidades educativas, que terán que estar finalizadas no prazo non superior a un ano e que se acometarán en función de criterios técnicos e educativos.
A iniciativa, defendida pola deputada do BNG Carme Adán e que foi transaccionada cunha emenda do PP, contando cos votos en contra do PSdeG, pretende dar así resposta ás reivindicacións da comunidade educativa deste concello, nomeadamente no que atinxe ao IES Antón Losada Diéguez e o IES Manuel García Barros, que son os que rexistran as deficiencias máis graves, explicou Adán.
A parlamentar do BNG lamentou que malia ter transcorrido algún tempo dende o rexistro desta iniciativa, o goberno da Xunta non se deu por aludido e non adoptou ningunha medida, nin tan siquer houbo dilixencia por parta do xefe territorial para recibir nin visitar á Federación Estradense de pais e nais que levan agardando dende o 4 de Xaneiro.
A deputada lembrou que se está a falar, por exemplo, dun cadro eléctrico obsoleto, con planchas do teito que en moitas ocasións caen e con elas arrastran os tubos fluorescentes, cartos de baño que non cumpren as normas sanitarias básicas ou os aseos e vestiarios do ximnasio, no caso do Antón Losada Diéguez.
No caso do García Barros, Carme Adán explicou que dada a antigüidade do centro hai moitas estancias sen modernizar e graves problemas nas portas de emerxencia, na colocación de extintores ou nas propias bocas de incendios, o que incluso foi denunciado por Protección Civil, afirmou, como responsábel de elaborar o Plan de Evacuación do centro.
Para Adán, é preocupante –como xa denunciara no seu momento- que o orzamento da Xunta reducira de forma considerábel, en Educación, as partidas para arranxos e novas infraestructuras, mais agarda se poidan adoptar medidas e tomar decisións que solvente casos tan sangrantes como o destes centros.
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Mércores 17 de Xuño de 2009 - 11:09
Onte martes 16 de xuño, Raquel López Doce, Bieito Lobeira e Carme Adán, mantiveron unha reunión con representantes das ANPAS do Concello, un compromiso que adquirira o BNG con representantes do pais dos nenos e nenas da Estrada antes das eleccións do 1 de marzo. Nesa primeira reunión, os pais trasladáronlle ao BNG diversas problemas que detectaron no eido educativo como poden ser o transporte escolar, deficiencias en infraestruturas, formación do profesorado, etc. Desta volta as peticións dos pais concretáronse en varias cuestións que o BNG, da man de Carme Adán, trasladará ao Parlamento Galego. Así, entre outras, o BNG solicitará a modificación do Decreto que regula a composición dos Consellos Escolares Municipais, que os pais consideran que están infimamente representados. O BNG tamén se interesará pola proxecto de mellora do Colexio Pérez Viondi. |
|
|
|
|
|
 |
| Boletín |

Descarga o boletín de xullo 2010
|
|
| Acordo PSOE-BNG |
 |
|
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG
|
|
As últimas noticias no teu escritorio  |
|