Hoxe sábado 15 de Xaneiro, tivo lugar a primeira xuntanza da Comisión Nacional de mocidade do BNG en Santiago de Compostela, na que se nomeou a Noa López, actual responsábel local de mocidade e responsábel comarcal de muller, Coordenadora da citada Comisión Nacional.
Esta Comisión está orientada a analisar a situación política que atinxe á mocidade galega e a definir as liñas políticas principais, que neste eido deberá impulsar o BNG desde o goberno galego.
Na seguinte ligazón atoparedes unha entrevista realizada a Noa López Calvelo co gallo das eleccións municipais de 2003, e na que explicaba cais eran as líñas mestras da política do BNG da Estrada para a mocidade do noso Concello.
.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo
open source é Software Libre, licenza GNU/GPL Aviso Legal