O BNG non cuestiona o dereito que lle asiste a esta empresa anunciarse pero considera que un medio público non é o máis acaido, e menos nun concello que ten aprobado un plan de igualdade, que nos marca o camiño a seguir para loitar contra a discriminación da muller, e no que tamén se teñen aprobado en reiteradas ocasións mocións contra a violencia machista con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
O BNG considera que estes actos de denuncia e repusla, así como o plan de igualdade aprobado polo Concello, obrigan a este a actuar en consecuencia en todas os eidos da vida do concello, tamén na Radio Municipal. Por este motivo, Xosé Manuel Baños, o representante do BNG no padroado da Fundación Cultural A Estrada, entidade que dirixe a Radio Municipal, ven de denunciar este feitos na reunión do padroado de hoxe venres, e instou ao Alcalde a facer as xestións oportunas para retirar da Radio Municipal o anuncio do club Bolboretas, que ademais emitíase en horario de máxima audiencia, concretamente púidose escoitar o pasado luns 30 de novembro pas 7 e vinte da tarde.
Os próximos 18 e 19 de outubro a Marcha Mundial das Mulleres, rede feminista internacional que agrupa a mulleres de máis de 150 países, dará un paso máis na súa loita contra a pobreza e a violencia. Delegadas dos cinco continentes acudirán a Vigo para celebrar o VII Encontro Internacional, nunhas xornadas cargadas de reflexión para seguir construíndo un mundo onde sexan erradicadas a pobreza e a violencia. Todas as persoas, mulleres e homes, e colectivos, que comparten estes dous obxectivos, teñen un convite para acompañar as mulleres vindas dos cinco continentes a dar este paso na cidade de Vigo.
O BNG pulará para que o Concello da Estrada cree un fondo de emerxencia, contemplando no orzamento municipal do vindeiro ano, unha partida específica para tal fin, que sirva para atender os casos de mulleres en situación de violencia de xénero do concello que de maneira urxente necesiten recursos
Na loita contra a violencia de xénero as pancartas e os lemas partidistas deben ficar a un lado, porque ninguén ten a exclusiva na loita contra a violencia de xénero
O 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, é unha data para a denuncia, para a concienciación social, e para avaliar os avances que se teñan dado e anticipar novas liñas de actuación.
Este sábado 25 de Novembro conmemórase, unha vez máis, o Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, e desde o BNG da Estrada consideramos que esta é unha data de concienciación social, de memoria e de responsabilidade. Da responsabilidade que cada un/ha como cidadáns temos no camiño da eliminación da violencia que se exerce contra as mulleres polo feito de ser mulleres.
Por este motivo este ano, volvemos a facer un chamamento á participación activa na concentración que se celebrará o mesmo sábado día 25 de Novembro, ás 20.00h, na praza do Concello. Consistirá, ó igual que nos pasados anos, en formar un grande símbolo feminista con velas (velas que cada quen terá que aportar).
Só coa nosa denuncia, co profundo rexeitamento de calquera tipo de discriminación e coa nosa aportación activa, poderemos dar pasos na eliminación deste tipo de violencia.
O Pleno aprobou por unanimidade unha proposta de declaración institucional feita polo BNG co gallo da celebración o 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Con esta declaración que o concello fará pública ese día, comprométese traballar na prevención da violencia contra as mulleres, poñendo en marcha actuacións que evidencien que a raíz deste problema está nas relacións de poder históricamente desiguais entre homes e mulleres. Tamén compromete ao Concello a promover actuacións que conduzan ao afortalamento da independencia económica, política e social das mulleres.
O BNG da Estrada, co gallo do día da Muller Traballadora, que se celebrou o pasado día 8 de marzo ven de apresentar no Pleno celebrado onte día 13 de marzo unha moción na que solicita do Concello promover desde o ámbito municipal campañas de sensibilización social que incidan na necesidade dun reparto equilibrado de funcións e tarefas no ámbito doméstico, promovendo a dignificación social do traballo realizado no ámbito familiar. Tamén, desde o ámbito municipal, solicitouse que se promova, colaborando coas institucións educativas e coas ANPA´s, a realización de actividades extraescolares de coeducación nos centros educativos.
.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo
open source é Software Libre, licenza GNU/GPL Aviso Legal