Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O BNG da Estrada reunirase cas asociacións críticas co PXOM  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Martes 31 de Agosto de 2010 - 13:29

Representantes do BNG da Estrada reuniranse o próximo venres 3 de setembro, ás 20:30 horas, no Local da formación nacionalista, coas asociacións que máis duramente están a criticar a presente tramitación do PXOM.

A iniciativa desta reunión tomouna o BNG logo de que días pasados voceiros destas asociacións reclamaran explicacións aos nacionalistas sobre o seu posicionamento a respecto do PXOM, que contrasta co defendido por estas asociacións, no sentido de que o Plan Xeral ten que aprobarse inmediatamente e adaptalo posteriormente á nova Lei do Solo.

Por parte do BNG asistirán á reunión, Xosé Magariños (candidato á alcaldía), Raquel López Doce (Primeira Tenente de Alcalde) e Xosé Manuel Baños (Responsábel Local do BNG), que explicarán ás asociacións críticas co PXOM, que plan queren os nacionalistas, así como explicar as razóns técnicas como políticas do seu posicionamento actual sobre a tramitación do Plan Xeral.


O PP ten que recuperar a cordura e o respecto institucional que merece A Estrada  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Martes 17 de Agosto de 2010 - 16:51

No PP están desesperados, porque a súa estratexia de impedir a aprobación do PXOM desmorónaselles por momentos, e o que é peor para eles, vense incapaces de satisfacer os intereses espúreos dos que están presos

Hai que recordarlle ao PP que o Plan actualmente en tramitación, é basicamente o seu, o que elaborou o último goberno do Partido Popular da Estrada, do que formou parte o Sr. López, actual Portavoz Municipal e Deputado no Parlamento Galego.

Un Plan que herdou o actual Goberno Municipal e ao que lle había que facer unha serie de correccións, concretadas na Orde denegatoria da Consellaría de Ordenación do Territorio de maio de 2006. Nesta nota a COTOPT facía unha serie de indicacións a incluír para que o Plan puidera ser aprobado; e niso está o Goberno Municipal, en facer as modificacións explicitadas na notificación da Xunta aproveitando para facer en paralelo o trámite da avaliación ambiental.

En resumo, o Plan actualmente en tramitación non é un novo Plan do Goberno Municipal que sustentan o BNG e o PSOE, senón o Plan do PP coas correccións indicadas pola Consellaría. Polo tanto, o PP terá que explicar como é que agora está en contra do seu propio Plan; non será que o PP non quere ningún PXOM?

Ler máis...

O PP utiliza as institucións galegas para impedir que A Estrada teña un PXOM  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Martes 10 de Agosto de 2010 - 14:20

Temos ao alcance da man a oportunidade histórica de dotar ao noso concello de dotar por primeira vez dun documento urbanístico

O PP da Estrada segue o guión marcado polos seus “estrategas” locais para que o noso concello non teña PXOM, e para iso non dubidan en utilizar toda a maquinaria burocrática da Xunta para conseguir o tan ansiado obxectivo.

O Partido Popular debería utilizar as institucións da Xunta para beneficio de todos os galegos e galegas, mais na Estrada, logo do último escrito recibido da Secretaría de Medio Ambiente, xa sabemos que as institucións públicas galegas están para servir ao PP.

Aínda que sexa reiterativo, subliñamos unha vez máis o que di a Disposición Adicional primeira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, -a última modificación da Lei do Solo-, que di textualmente que “os plans aprobados provisionalmente antes da entrada en vigor desta lei poderán continuar a súa tramitación ata a súa aprobación definitiva a teor do disposto na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.” Neste sentido, a Consellaría de Política Territorial e Infraestruturas no seu escrito de 8 de maio de 2006 di textualmente que “o plan foi aprobado provisionalmente polo concello en sesión plenaria de 30/01/2006”, indicando a continuación unha serie de correccións que habería que facerlle ao PXOM para que este sea aprobado definitivamente pola Consellaría -situación que contempla a Lei 2/2010 sen variacións con respecto á Lei 9/2002 -.

Ler máis...

O BNG propón rematar xa a tramitación do PXOM e adaptalo posteriormente á nova Lei do Solo  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Mércores 19 de Maio de 2010 - 17:21

O PP está utilizar manobras espúreas e dilatorias para impedir a aprobación do PXOM

raquel-maribel.jpg

O Grupo Municipal do BNG da Estrada explicou esta mañá cal vai ser o seu posicionamento a respecto da adaptación ou non do PXOM á nova Lei do Solo. Para o BNG urxe aprobar canto antes o PXOM, non só para rematar coa indefensión xurídica que hai no noso Concello, senón para reactivar a economía local, moi mermada no actual contexto de crise económica, o que fai do PXOM unha ferramenta imprescindíbel para alcanzar este obxectivo.

Para o BNG da Estrada, ademais, as modificacións contempladas na nova Lei do Solo non melloran en absoluto a edificabilidade no rural, todo o contrario, eliminan por completo as áreas de expansión dos núcleos rurais, ao tempo que se redifinen estes.

Neste sentido o BNG da Estrada defenderá na Comisión Informativa do mañá xoves, a continuidade da tramitación do PXOM, adaptándoo, unha vez aprobado, á nova Lei do Solo.

Ler máis...

O BNG presenta unha serie de alegacións ao PXOM  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Martes 22 de Decembro de 2009 - 09:11

O Acordo de co-goberno asinado co Grupo Municipal do PsdG-PSOE en outubro de 2007 recolle, dada a importancia que para o BNG ten, o compromiso do novo goberno que se constitúe ao abeiro del para resolver o problema fundamental que é a situación xerada pola carencia dun Plan Xeral de Ordenación, o PXOM constitúe o cerne do sentido da presenza do BNG no Goberno do Concello da Estrada, a situación legada polos sucesivos gobernos do Partido Popular, coa Estrada estrangulada, fan que o Urbanismo se erixa no cerne da acción do goberno e este debe rexerse polas Directrices que na materia se recolleron no Acordo asinado.

Unha vez contrastado o mesmo co Documento en exposición, e ao constatarse que non están incluídas todas as cuestións que, desde o BNG, consideramos imprescindíbeis como o referido á urxencia da apertura de novos viais, das circunvalacións norte e sur, dos aparcadoiros públicos en superficie e do solo público industrial, formulamos as seguintes alegacións:

Ler máis...

Debate sobre o PXOM en Estrada TV  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 2
Martes 27 de Outubro de 2009 - 13:20

O pasado venres, Raquel López Doce, Primeira Tenente de Alcalde e Portavoz do Grupo Municipal do BNG, participou nun debate sobre o PXOM coas restantes forzas políticas da localidade, que aquí vos deixamos para que teñades coñecemento de primeira man cal é o modelo urbanístico que defende o BNG para a Estrada.




     1  2  3  4  5  6  7  8  >  >> 

imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletinxullo2010.jpg
Descarga o boletín de xullo 2010

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal