Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O BNG da Estrada presenta alegacións ao proxecto de Cidade do Móbel do PP  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Xoves 24 de Xuño de 2010 - 10:28

Con estas alegacións o BNG non só quere recuperar o proxecto de 2008 senón tamén aqueles elementos que o facían modélico, e non son outros que a integración nunha contorna especialmente delicada

O BNG insta á Xunta de Galiza a recuperar non só o proxecto de 2008, que definiu o BNG cando dirixía a Consellaría de Vivenda e Solo, senón tamén o espírito que emanaba daquel proxecto, que queda completamente dilapidado co recorte que lle meteu o PP ao proxecto da Cidade do Móbel.

Neste sentido van as alegacións que presentou o BNG á modificación do proxecto do PP. En primeiro lugar o BNG quere recuperar a superficie inicial do Proxecto de 2008, tanto no total do polígono sectorial como nas parcelas adicadas ao asentamento de industrias, recortadas polo PP nun 30% e nun 25% respectivamente.

Para o BNG a notábel redución do proxecto vai a ter importantes repercusións en dous aspectos: por un lado a diminución do espazo adicado ás parcelas industrias, isto é, onde se asentarán as empresas de fabricación e comercialización do móbel, supón un atranco para o desenvolvemento económico e social da Estrada, e particularmente do sector do móbel, que ve minimizadas as súas posibilidades de crecemento e desenvolvemento autocentrado, dificultando especialmente a creación de emprego tan necesario nun contexto de crise como o actual.

E nun segundo lugar, o BNG quere que dentro do proxecto da Cidade do Móbel se recuperen brañas de Lagartóns e o regato de Matamulleres debido o seu precario estado actual, e pide tamén que as zonas onde que se vexan máis deterioradas, se leve a cabo unha recuperación tanto da traza do regato como da vexetación de ribeira; así mesmo, o BNG pide que se constrúa un corredor verde ao longo do Regato de Matamulleres, e as brañas de Lagartóns.

Segundo o BNG, a modificación do proxecto da Cidade do Móbel elimina un dos elementos que o facía modélico, e non é outra que a integración do espazo natural no polígono sectorial, o que permitía a recuperación do mesmo e o posterior uso social dunha área especialmente degrada polas industrias alí asentadas sen control administrativo algún.

Ler máis...

Ao PP non lle interesa nin A Estrada nin a Cidade do Móbel  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Luns 19 de Abril de 2010 - 10:54

O PP tira ao lixo millóns de euros investidos nun proxecto innovador e sustentábel

Unha vez máis constátase o escaso interese que ten para o PP a Cidade do Móbel, e por suposto A Estrada. Desde que o PP goberna a Xunta de Galiza, após as eleccións de marzo de 2009, a Cidade do Móbel, un proxecto que deixou perfectamente encamiñado o BNG desde a Consellaría de Vivenda, que estaba nos últimos meses de tramitación administrativa, sofre un notábel retraso.

O PP pasa de vender aos veciños e veciñas das Estrada modificacións xa contempladas no proxecto inicial (centro de negocios e a exposición permanente), a facer un recorte no proxecto do 30%, pasando dos 528.350 m2 contemplados no proxecto inicial da Consellaría de Vivenda dirixida pola nacionalista Teresa Táboas, a 367.852 m2. Curiosamente se no proxecto inicial sofre un recorte dun 30%, o terreo adicado ás parcelas industriais diminúe nunha porcentaxe semellante, un 25%, pasando dos 302.924 m2 a 224.751 m2. Máis o PP non só reduce a área adicada á zona industrial, obviamente, o PP tamén reduce o espazo adicado a equipamentos e zonas verdes.

Para que estes recorte sexa máis dixeríbel polos estradenses o PP disfraza este anuncio abandeirando o ecoloxismo máis oportunista, deixando fóra precisamente o que lle proporcionaba un valor engadido ao proxecto inicial: a rehabilitación dos regatos e humedais, especialmente degradados polas industrias alí asentadas ilegalmente durante os sucesivos mandatos do PP no Concello, e sen ningún tipo de saneamento, integrando un proxecto industrial nunha contorna natural especialmente delicada.

En resumidas contas, ao PP non lle interesa o máis mínimo o proxecto, recortándoo drasticamente para diminuír o custe deste, e adiándoo sine die, xa que estas modificacións farán que o procedemento administrativo ten que iniciarse practicamente de cero.

O PP, non só tira ao lixo a Cidade do Móbel, senón que tira millóns de euros invertidos pola Consellaría de Vivenda na lexislatura pasada cuxa tramitación administrativa levou case 3 anos, transformando un proxecto innovador e sustentábel, nunha pequena mellora da situación actual das industrias alí asentandas, onde non haberá apenas espazo para o asentamento de novas industrias, o que non servirá de revulsivo e de impulso para a nosa industria do móbel.


O PP utiliza manobras de distracción para non concretar a data de construción da Cidade do Móbel  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Luns 22 de Febreiro de 2010 - 16:16

Se gobernara o BNG a Cidade do Móbel xa estaría en construción

O BNG da Estrada saíu hoxe ao paso das declaracións do Deputado e Concelleiro do Partido Popular, José López, a respecto da Cidade do Móbel. O BNG asegura que “no Proxecto en trámite elaborado pola Consellaría de Vivenda e Solo, que dirixía a nacionalista Teresa Táboas na pasada lexislatura, xa contemplaba o centro de negocios e a exposición permanente” que agora o PP quere incluír no proxecto da Cidade do Móbel”.

planocidade.jpg
Descarga o Plano

Para os nacionalistas “esta é unha manobra de distracción do PP para seguir dilatando o proceso e non concretar a data de construción do citado polígono sectorial”, que se atopaba, a finais da lexislatura pasada nos últimos meses de tramitación, e que hoxe, en 2010, xa estaría en construción de seguir gobernando o BNG a Xunta de Galiza”.

Segundo os nacionalistas, “o PP, nada máis chegar á Xunta, optou por paralizar este proxecto e deixalo no limbo, e agora utiliza estas manobras dilatorias para non concretar unha data de construción da Cidade do Móbel”.

“Proba do escaso interese que ten a Cidade do Móbel para o Partido Popular e para o Goberno de Núñez Feijóo”, engade a nota do BNG, “ é o rexeitamento por parte do PP ás emendas que presentou o Bloque Nacionalista Galego ao orzamento da Xunta , que multiplicaba por dez o consignado polo PP para a Cidade do Móbel”. Para o BNG “este rexeitamento demostra que ao PP non quere construír a Cidade do Móbel, e utiliza as manobras de distracción para que se vexa que fai, pero o PP xa ten demostrado sobradamente que é un partido inútil para A Estrada e inútil para Galiza”.

O BNG da Estrada engade que “a Cidade do Móbel é un proxecto estratéxico e de vital importancia para sector do móbel e para o Concello da Estrada, xa que sería un xerador de emprego moi importante nestes intres de crise económica”.


Teresa Táboas pregúntalle ao Goberno Galego cando se iniciarán as obras da Cidade do Móbel  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 2
Venres 17 de Xullo de 2009 - 14:21

Teresa Táboas, Deputada do BNG no Parlamento Galego, rexistrou esta mañá unha pregunta para contestar en Pleno por parte do Goberno Galego. Na interpelación, Teresa Táboas pregunta cal é o cronograma que ten previsto o Goberno Galego para o inicio das obras da Cidade do Móbel en Lagartóns.

Na exposición de motivos da pregunta, Teresa Táboas subliña a importancia do sector do móbel no noso Concello, e destaca o carácter estratéxico do sector no noso Concello, e os beneficios que suporía contar cun polígono sectorial como este que potenciara o sector do móbel.


O BNG quere una apoio unánime á Cidade do Móbel  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Venres 17 de Xullo de 2009 - 14:18

O Grupo Municipal do BNG ven de rexistrar no Concello unha moción na que solicita un apoio unánime da Corporación Municipal á Cidade do Móbel que se vai construír en Lagartóns.

Esta non é a primeira vez que o BNG apresenta unha moción deste tipo, de feito, xa o fixera o 11 de decembro de 2006, acadando o apoio maioritario de todos os grupos que conformaban daquela a Corporación Municipal.

Tendo en conta as pésimas noticias que estes días están a chegar desde a Xunta de Galiza, que goberna o Partido Popular, e que poñen en cuestión a construción da Cidade do Móbel na Estrada, desta volta faise máis necesario que nunca un apoio unánime de todos os partidos políticos da Estrada.


Cidade do Móbel: un proxecto imprescindíbel para A Estrada  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 3
Venres 17 de Xullo de 2009 - 09:50

A Cidade do Móbel foi unha das demandas do BNG para o sector do mobél, cuestión que conta co respaldo dos mobleiros, do empresariado en xeral, do comercio, en definitiva de todo o tecido produtivo e social do noso concello. O noso Concello necesita empresas, necesita reactivar un dos sectores estratéxicos máis importantes, o móbel, e este só será posíbel se contamos coa ferramenta axeitada, é dicir, a Cidade do Móbel.

Pero se socio-economicamente é amplamente demando este polígono sectorial, desde eido político tamén. Así o 11 de decembro de 2008, o Pleno da Corporación do Concello da Estada, aprobaba por unanimidade, a instancias do BNG, unha moción na que se apoiaba a construción da Cidade do Móbel en Lagartóns.

A Cidade Móbel saíu adiante grazas ao impulso que lle deu a Consellaría de Vivenda e Solo dirixida pola nacionalista Teresa Táboas. Concretamente en xullo de 2006 anunciábase a súa inclusión no Galiza Suma, un programa de construción de parques sectoriais en toda Galiza.

A Cidade do Móbel ten todas as garantías medio ambientais
Como non podía ser doutro xeito, dada a ubicación prevista para a Cidade do Móbel, esta cumpre con todas as garantías medioambietais previstas na lei para, non só protexer, senón rexenerar unha área especialmente degradada pola instalación sen ningún tipo de control de industrias e empresas.

Así, o Proxecto Cidade do Móbel non afecta a ningunha masa de auga (regato Matamulleres e humidal de Lagartóns), manténdose como zonas verdes.

Ademais, o Proxecto deseñado pola Consellaría de Vivenda conserva integramente a vexetación de ribeira e eliminaranse as especies alóctonas, isto é, todas aquelas que non sexan autóctonas de Galiza (eucalipto, por exemplo).

E non só iso, senón que o Proxecto Cidade do Móbel contempla tamén unha depuradora adicada en exclusiva aos residuos xerados polo polígono. Tamén inclúe un sistema de pre-tratamento das augas pluviais previos ao seu vertido ao río Liñares consistentes en desbaste e desareado.

A Cidade do Móbel porá fin á agresión ecolóxica e medio ambiental, ademais do caos urbanístico que supón o actual estado de alegalidade das instalacións industriais, que hai na actualidade, e que se instalaron alí durante os sucesivos mandatos do PP no Concello, pola falta de solo industrial.

Atrancos
Como dixemos, o proxecto Cidade do Móbel concrétase a partires de 2006. Desde entón até hoxe someteuse reiteradamente a informes, exposicións públicas, etc, un proceso longo, non exento de retrasos, algúns foron denunciados polo BNG, como foi o caso de Augas de Galicia (Consellaría de Medio Ambiente), o 13 de outubro, que tiña pendente de emitir un informe, -fora solicitado o 7 de maio-, imprescindíbel para que a Cidade do Móbel continuara o trámite administrativo.

Só faltaban 5 meses
O 18 de novembro de 2008, a Consellaría de Vivenda e Solo remite á Consellaría de Medio Ambiente toda a documentación necesaria para o ditame da memoria ambiental. De aquí pasaría á Dirección Xeral de Urbanismo, para finalmente aprobar o proxecto no Consello da Xunta.

En resumidas contas, contados a partires do 18 de novembro ao proxecto Cidade do Móbel só lle restaban 5 meses para que este fora aprobado, pero desde que entrou na Consellaría de Medio Ambiente, que dirixía o socialista Pachi Vázquez, nunca máis se soubo.

Compromiso e transparencia
O BNG da Estrada, así como a Consellaría de Vivenda e Solo, dirixida naquel entón por Teresa Táboas, sempre fomos moi claros á hora de explicar en cada momento que punto se atopaba a tramitación do proxecto, mantendo en reiteradas ocasións reunións co sector, tanto na Consellaría como a nivel local.

O compromiso do BNG coa Cidade do Móbel quedou claro desde un principio da súa tramitación, mesmo moito antes, xa que a creación dun polígono sectorial sempre foi unha das nosas demandas históricas para A Estrada.

Non así as outras forzas políticas. Por iso, pedímoslle ao PSOE que clarifique que foi o que pasou co proxecto da Cidade do Móbel desde que este saíu da Consellaría de Vivenda e Solo o 18 de novembro de 2008. Desde logo, o alcalde ten que mirar polos intereses do noso Concello, pero antes de poñerse diante dunha pancarta, ten que pedirlle explicacións ao seu compañeiro de partido, Pachi Vázquez, e logo darllas ao pobo da Estrada. Se non é así, calquera iniciativa súa carecerá de lexitimidade.

Cambio de goberno
O 1 de marzo o goberno da Xunto mudou de signo político. Agora é o PP o que ten a responsabilidade no seu tellado, e son eles, agora, os que teñen que aprobar a Cidade do Móbel na ubicación que estaba proxectada, é dicir, en Lagartóns, xa que así o demandou por unanimidade o Pleno da Corporación o 11 de decembro de 2008.

O PP non pode paralizar este proxecto, escudándose nunha suposta non inclusión no plan de polígono industriais, xa que isto é falso. A orde a que alude o Sr. López, unha orde da Consellaría de Vivenda e Solo, publicada no DOG o 1 de agosto, di que “Os proxectos sectoriais que se atopan na actualidade en tramitación e que obedecen ao desenvolvemento do devandito plan sectorial continuarán tramitándose de acordo coa normativa de aplicación”; e engade que se acorda “desistir da tramitación das actuacións recollidas no citado plan sectorial, nas localidades de Muxía, Carnota, Porto do Son e Xove-Cervo por non se adecuaren estas aos obxectivos e criterios dunhas actuacións racionais e de auténtica ordenación territorial”. É dicir, nesta orde na que se deixa sen efecto o Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galiza, non lle afecta á Cidade do Móbel, por estar este en trámite.

O PP non pode dicir agora que a Cidade do Móbel non é prioritaria para a Estrada, amparándose nuns escuros condicionantes medioambientais, xa que a Cidade do Móbel cumpre escrupulosamente a lexislación medio ambienta.

Polo tanto, aos veciños e veciñas da Estrada non se nos enganará con “espellos con brillo”, como di a canción Maldición de Malinche. A posíbel ubicación do centro de emerxencias 112 na Estrada, non se pode ser a cambio de paralizar definitivamente ou cambiar de Concello a ubicación da Cidade do Móbel.

O PP non pode tirar balóns fóra botándolle a culpa, coma sempre, ao bipartito. O PP ten responsabilidades de goberno, xa non é oposición, e os veciños e veciñas da Estrada queren saber se se vai construír ou non a Cidade do Mobel en Lagartóns.




     1  2  3  4  5  >  >> 

imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletinxullo2010.jpg
Descarga o boletín de xullo 2010

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal