|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Mércores 16 de Decembro de 2009 - 13:03
O BNG convoca unha concentración de apoio e solidariedade con Aminetou Haidar
O Bloque Nacionalista Galego convoca este venres 18, ás 20:30 horas, diante do Concello da Estrada, unha concentración, como outras que estamos a celebrar ao longo e ancho do País, para expresarmos con clareza o noso incondicional apoio á causa de Aminatou Haidar.
A causa de Aminatou Haidar é a causa do pobo sahariano. Unha causa xusta. Unha loita xusta. Pola emancipación e a autodeterminación nacional. Fronte ao colonialismo cruel de Marrocos, un Estado que, non nos enganemos, exerce a súa opresión baixo o patrocinio de potencias como Francia e, sobre todo, Estados Unidos. A loita de Aminatou é tamén a loita fronte a complicidade do Estado español con Rabat. O Estado español non asume as súas responsabilidades como antiga potencia colonial e, desde hai 30 anos, ten abandonado á súa sorte aos saharianos.
A dignidade e a coraxe de Aminatou teñen servido xa de moito. Tanto como para rescatar a causa sahariana do mundo de silencio baixo o que estaba soterrada.
Apóiemos a loita de Aminatou Haidar na súa loita, acode á concentración que convoca o BNG!
Nesta concentración lerase un manifesto a cargo do Responsábel Comarcal do BNG, Alberte Maceira Balboa.
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Xoves 08 de Xaneiro de 2009 - 13:14
Desde xaneiro de 2006 Israel somete á franxa de Gaza, onde viven un millón e medio de persoas, a un feroz bloqueo económico, que se viu incrementado nas últimas semanas impedindo a achega de calquera tipo de axuda humanitaria, imprescindíbel para a subsistencia da poboación palestina de Gaza.
O 27 de decembro de 2008, Israel decide unilateralmente apretar a corda e esganar aínda máis ao pobo palestino, e decide, co beneplácito dos Estados Unidos e/ou a pasividade da Comunidade Internacional e a ONU, bombardear a franxa de Gaza, producindo máis de 500 mortos e 2.500 feridos, boa parte deles nenos e nenas de curta idade. O 4 de xaneiro Israel invade Gaza e as consecuencias para a subsistencia física do pobo palestino en xeral e do preto dun millón e medio de palestinos en particular que viven en Gaza, é unha incógnita.
Diante desta situación o BNG da Estrada e Galiza Nova fan un chamamento aos veciños e veciñas da Estrada a acudir á concentración para parar o xenocicio perpetrado polo estado de Israel contra o pobo palestino. Esta concentración levarase a cabo o vindeiro sábado 10 de xaneiro, ás 20:30 horas, diante do Concello. Lerase un manifesto e posteriormente lanzaremos zapatos contra os tanques de Israel que bombardean a faixa de Gaza. |
|
Calificación usuario/a:    / 1
|
|
|
|
Sábado 05 de Febreiro de 2005 - 00:16
DOCUMENTO APROBADO POLO CONSELLO NACIONAL DO BNG
A) O BNG E A CONSTITUCIÓN EUROPEA
O BNG traballa por unha Europa dos pobos unida, social e democrática. Unha Europa que promova a igualdade de xénero e a cohesión social e territorial no seu interior e que, frente ao militarismo dos Estados Unidos, defenda e pratique unha política internacional de paz e de respeito aos dereitos humanos e á soberanía dos pobos. Unha Europa que promova unhas relacións económicas mundiais máis xustas, apartir do dereito de todos os pobos a un desenvolvimento económico autocentrado e sustentábel e á soberanía alimentar.
Sabemos que non estamos sós. Somos millóns os europeos e europeas que traballamos por unha Europa e por un mundo distintos. Nos Foros Sociais Europeos. Nos sindicatos e nas organizacións agrarias. No ecoloxismo e nas organizacións feministas. Nos movimentos xuvenís e viciñais. Nas organizacións non gobernamentais e nos movimentos relixiosos de base. Nas organizacións políticas das nacións sen Estado europeas. Sabemos que tamén na Galiza son maioría os cidadáns e cidadás que, sen renunciaren a seren europeos e europeas, queren que a Unión Europea que signifique algo máis que reconversión industrial, cotas lácteas ou recurtes pesqueiros, queren unha Europa no que cada país poda producir e decidir o seu proprio modelo de desenvolvimento, unha Europa que afonde nos principios democráticos e avance na protección dos direitos sociais. Unha Europa que nos recoñeza como pobo, cunha língua e unha cultura de seu, e na que queremos participar directa e activamente. Unha Europa que non negue na práctica o dereito básico a producir e de viver e traballar na nosa terra.
Queremos que Europa conte cunha verdadeira Constitución. Cunha norma fundamental elaborada por unha asemblea elixida democraticamente por todos os pobos europeos. Cunha Carta de Dereitos que recoñeza e garante os dereitos e as liberdades de todos e todas, incluidos os dereitos sociais, a comezar polo dereito a unha existencia digna e asegurada. Cunha organización institucional equilibrada e respeitosa do principio de división de poderes, no camiño dunha democracia avanzada e paritaria. Unha Constitución Europea, enfin, para construir unha Europa dos pobos, socialmente avanzada e en paz.
Porén, como organización política galega, demócrata e progresista, constatamos que o Proxecto de Tratado polo que se institúe unha Constitución para Europa , aprobado polos gobernos dos Estados membros no Consello Europeo de Dublín de Xuño de 2004 non contribúe á construción desa Europa pola que traballamos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
|
|
 |
| Boletín |

Descarga o boletín de decembro 2009
|
|
| Acordo PSOE-BNG |
 |
|
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG
|
|
As últimas noticias no teu escritorio  |
|