Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O Plan de Alfabetización Dixital usará software libre grazas ao BNG  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Xoves 06 de Decembro de 2007 - 13:04
O BNG consegue que o Plan de Alfabetización Dixital 2007-2008 de A Estrada Dixital contemple o uso do software libre como ferramenta didáctica básica

A Fundación Cultural vén de aprobar por unanimidade no padroado celebrado onte mércores o Plan de Alfabetización Dixital 2007-2008, así como a contratación de formadores en novas tecnoloxías, que contemplará por vez primeira o uso de ferramentas informáticas baseadas en software libre, que, como sabedes, ten grandes vantaxes comparativas a respecto do software privativo (pódese copiar e distribuír libremente), a parte de que tamén ao usuario final e ás administracións, lle resulten máis asequíbeis que este último, o que facilita que os usuarios teñan menos atrancos, dende o punto de vista económico para acceder e usar as novas tecnoloxías. Isto á marxe de que o software libre utiliza formatos de arquivo abertos e libres que fan que ao usuario lle sexa máis doado e accesíbel a información.

Este plan de alfabetización porase en marcha a partires do mes de xaneiro e achegará a aprendizaxe no eido das novas tecnoloxías a todas as parroquias do Concello, así como no vila, no que se ensinará a manexar un navegador de internet, o correo electrónico, así como usar ferramentas ofimáticas.


O PP e o PSOE outorgan un contrato de 280.000 euros sen concurso público  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 3
Xoves 22 de Marzo de 2007 - 10:25

Unha vez máis ponse de manifesto a entente cordiale destes dous partidos e os representantes do PP e do PSOE na Fundación Cultural A Estrada outorgaron un contrato de 280.000 euros para a adquisición de "kits de acceso" imprescindíbeis para a conexión á rede wifi de A Estrada Dixital, alegando que a empresa elixida é a única empresa dentro do Estado Español, que pode subministrar este tipo de aparatos.

O noso representante na Fundación Cultural, Xosé Manuel Baños, votou en contra desta decisión, xa que considerou sospeitoso que se outorgue "a dedo" un contrato a unha empresa determinada, escusándose en que non hai ningunha outra que poida subministrar este produto, entre as moitas empresas galegas e de fóra de Galiza que importan produtos electrónicos de todo tipo.

Unha argucia legal discutíbel e unha exclusividade bastante oportuna

Por moi democrática e legal que sexa a decisión, nega a outras empresas do ramo poder competir en igualdade de condicións e de oportunidades por este suculento contrato de 280.000 euros, utilizando unha argucia legal discutíbel e unha exclusividade bastante oportuna.

A rede wifi custou 141 millóns de pesestas
O BNG da Estrada denunciou no seu día que este "kit de acceso" sería necesario para que moitos dos usuarios e das usuarias da rede municipal puideran conectarse sen problemas; mais a Fundación Cultural A Estrada, cos votos favorábeis do PP e do PSOE outorgou o contrato da instalación da rede inálambrica a Softgal que consideraba que "os usuarios finais non precisarán, en xeral, equipamento de acceso específico á rede". Pero a cruda realidade demostrounos que non só tiñamos razón, senón que ademais este elemento sería imprescindíbel para que a rede wifi do Concello da Estrada funcionara correctamente en todos os casos, e froito da nula previsión e planificación agora A Estrada Dixital ten que gastarse 280 mil euros máis, que sumados aos 567 mil que custou a implantación da rede, suman 847 mil euros (case 141 millóns de pesetas).


O BNG solicita a extensión da fibra óptica no rural  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Mércores 13 de Setembro de 2006 - 14:12
O BNG presentou no pleno do pasado luns unha moción urxente solicitando que o Pleno da Corporación se dirixa á empresa telefónica a que sustitúa o sistema de TRACs, tanto os analóxicos como os dixitais, nas parroquias e lugares do noso Concello que aínda manteñen este sistema, que impide, entre outros servizos un acceso a internet de calidade.

A moción presentouse logo de que o BNG recivira queixas por parte dos viciños e viciñas do val de Vea que viron como Telefónica, ao abeiro dun convenio entre esta empresa e o Mnisterio de Industria, Comercio e Turismo, iniciou a substitución dos TRACs analóxicos, nalgúns casos, por novos TRACs dixitais que si permiten o acceso á internet, se ben de baixa calidade e sen resolver a desventaxa do rural, pero este cambio aportoulles máis inconvintes que vantaxes, xa que levan varios días sen ter liña telefónica.

Así as cousas, o BNG solicita, mediante a moción urxente presentanda o pasado luns, que o sistema de TRACs dixitais sexa sustituido polo sistema MUXFIN, de fibra óptica, que xa se implantou con éxito na parroquia de Arca, e que garante unha conexión telefónica rápida e de calidade.


A rede inalámbrica non colmará as espectativas e as necesidades da Estrada  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 11
Venres 05 de Maio de 2006 - 11:30
aestradadixital.jpg

A Estrada Dixital, cos votos favorábeis de PP e PSOE, decidiu finalmente otorgar á empresa Softgal a instalación da rede inalámbrica, que ten un custe para os petos das viciñas e viciños da Estrada de 567.183 euros e que non responderá ás espectativas creadas no noso Concello nin ás necesidades das viciñas e viciños da Estrada.

Coa rede xa contratada, A Estrada Dixital non sabe cal vai ser o custe de mantemento da rede nen o que lle vai cobrar ás viciñas e viciños polo seu acceso a internet.

A rede utilizará que finalmente resultou gañadora utilizará Wifi, unha tecnoloxía usada habitualmente para a conexión a internet en espazos moi localizados, como hoteis, fábricas, etc, pero que desde o noso punto vista non dará a cobertura nen a velocidade que as viciñas e viciños da Estrada demandan. A tecnoloxía wifi como toda tecnoloxía que se emite por ondas electromagnéticas, está suxeita a múltiples factores que dificultan unha transmisión de datos correcta; por exemplo, factores medio ambientais, factores metereolóxicos e mesmo factores arquitectónicos, que dificultan unha conexión que ten que ser fiábel xa que moitas desas conexións serán auteticadas, por exemplo, a banca electrónica, e os posíbeis cortes dificultan este tipo de transaccións. trebellos_inalambricos.jpgNeste sentido, debemos salientar, que o 55% das usuarias e usuarios da rede de A Estrada Dixital necesitarán elementos extra (antenas) para conectarse en condicións a internet, cuxo prezo ronda os 200 euros, segundo indica na oferta unha das empresas que se presentou ao concurso, mesmo así o indica tamén a empresa Softgal, que finalmente resultou a adxudicada.

Ler máis...

Daestradix: uso propagandístico do Software Libre  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 8
Sábado 04 de Febreiro de 2006 - 15:15

Mentres se reparten por todo o Estado 15.000 exemplares da distribución línux Daestradix, A Estrada Dixital usa software privativo nos rurais centros, nos planos de formación e no portal municipal

O BNG agradece que A Estrada Dixital tivera en conta as súas iniciativas de promover o software libre, e ademais agradecemos que lle dera un enfoque educativo, que consideramos piar básico para que os nenos e nenas do noso Concello coñezan dende moi pequenos este tipo de ferramentas.

Mais, o BNG considera que A Estrada Dixital está a facer un uso interesado do software libre, porque en reiteradas ocasións, concretamente na reunión do 24 de agosto de 2005, o PP, que ten maioría na Fundación Cultural A Estrada, rexeitou sendas propostas do BNG que pretendían, por unha parte, que nos Plans de Formación que leva a cabo A Estrada Dixital se utilizara software libre; tamén na mesma moción solictabamos que nos Rural Centros se instalaran distribucións línux para que os viciños e viciñas do noso Concello se familiarizaran co este tipo de software. Iso sen ter en conta, que o PP rexeitou ofertas que utilizaban este tipo de software para a elaboración do portal municipal.

Ler máis...

O PP decántase polo software de pago para A Estrada Cidade Dixital  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 5
Xoves 25 de Agosto de 2005 - 09:27
officialpenguin.jpg

Para o BNG resulta obvio que na anunciada videoconferencia de Richard Stallman non fallaron os protocolos de comunicacións, senón A Estrada Dixital.

Para o BNG, A Estrada Dixital debería priorizar a formación nas novas tecnoloxías utilizando software libre, no canto do software propietario.

O PP rexeita, na reunión ordinaria da Fundación Cultural do 24 de Agosto, unha moción do BNG referente á instalación de software libre, noeadamente, Línux, nos 15 centros rurais dispersos polo noso Concello. Tamén rexeitou priorizar este tipo de aplicacións nos cursos de formación que se están impartindo na Estrada, e que pretenden achegar as novas tecnoloxías a persoas que nunca tiveron contacto con estas ferramentas informáticas.

O BNG entende que o software libre, polo seu baixo custe ou mesmo pola súa gratuidade, favorece dalgún xeito que o acceso ás novas tecnoloxías sexa máis asequíbel para os nosos veciños e veciñas; hai que ter en conta que os planos de formación que se impartiron, e se imparten, na Estrada ensinan case en exclusiva productos Microsoft, xerando nos veciños e viciñas que asisten a estes cursos unha dependencia destes programas que resulta levisa para os seus petos, podendo utilizar outras aplicacións máis asequibeis.

Ler máis...



     1  2  >  >> 

imaxe
imaxe
lupa

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Boletín
boletindecembro2009.jpg
Descarga o boletín de decembro 2009

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal