Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

A Concellaría de Medio Rural xestiona o arranxo dos desperfectos dos viais de Arnois  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Luns 22 de Febreiro de 2010 - 12:56

Nunha reunión convocada pola Concellaría de Medio Rural a semana pasada, que dirixe a nacionalista Raquel López, á que asistiron o presidente da Asociación de Veciños “O Castro”, Xesús Martínez, e representantes das empresas adxudicatarias do Tren de Alta Velocidade e da adxudicataria da canteira de extracción de áridos, acordaron o arranxo inmediato dos viais que une os lugares de Moimenta e Carballal, na parroquia de Arnois.

Raquel López e o presidente da asociación trasladáronlle nesta reunión o malestar dos veciños desta parroquia polas fochancas que inundan esta estrada, e que son debidos ao paso continuo de camións da canteira de das obras do TAV. Na reunión, as empresas comprometéronse a arranxar estes desperfectos de xeito inmediato e tamén se farán cargo do custe das obras.


A Concellaría de Deportes presentou sinalización das rutas de mountain bike  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 2
Xoves 18 de Febreiro de 2010 - 20:32

A ruta Rapa das Bestas e a ruta do Salmón están homologadas internacionalmente


moutain-bike.jpgO Concelleiro de Deportes e Participación Cidadá, Xoán Carlos Castro, presentou onte, xunto co Presidente da Asociación Ciclista Bikestrada, José Manuel Fondevila, e o Secretario, Carlos González, a nova sinalización da ruta de bicicleta de montaña Rapa das Bestas e Salmón. A sinalización, que contou cunha subvención da Xunta de Galiza de 44.000 euros, están homologadas internacionalmente, e marcan o itinerario a seguir, en bicicleta ou a pé, durante preto de 100 quilómetros.

A Ruta Rapa das Bestas discurre por Ouzande, A Somoza, Monte Cabalar e Codeseda, sabucedo, Couto da Pereira, Souto, Arca, Monte Redondo entre outras parroquias e lugares do noso Concello, até chegar á zona deportiva que é o punto de saída de ambas as dúas rutas.

A Ruta do Salmón, que tamén sae da zona deportiva discurre polas parroquias de Matalobos, Gondomar, San Xiao, Cora, ao longo do río Vea. Continúa por Santeles, Paradela, preto do Ulla, e sobe preto do Liñares até chegar á zona deportiva.

A ruta de moutain bike non só é unha aposta polo deporte, senón que premite dar a coñecer o noso rico patrimonio paisaxístico e cultural, e serve tamén de promoción dunhas das festas máis senlleiras do noso Concello, a Rapa das Bestas.


20 actuacións da Consellaría de Medio Rural  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Venres 29 de Xaneiro de 2010 - 19:51

A Concellaría de Medio Rural e Turismo levará a cabo, a través do Plan Provincial de Cooperación unha serie de actuacións de mellora de diversos viais do noso Concello. Esta mellora, que supoñen un investimento de 180.000 €, poñen fin á existencia de vivendas habitadas sen acceso pavimentado no noso rural, ademais levaranse a cabo dúas actuacións como complementarias, ambas as dúas en Santeles, moi demandadas polos veciños e que nos dous casos son viais que comunican lugares desta parroquia.

Relación de obras:

PPC 2010

1

Figueroa de Arriba I

 

2

Figueroa de Arriba II

3

Aguións-Os Cebados

4

S. Pedro de Ancorados

5

Agar-Igrexa

6

Berres-Vilancosta

7

Berres-Vilasusán

8

Callobre -Vilar

9

Cora-Piñeiro

10

Cora-Sieiro

11

Curantes-As Pereiras

12

Frades-Subión

13

Moreira-Vilagude

14

Nigoi-Escaríz I

15

Nigoi-Escaríz II

16

Pardemarín-Parada

17

Rubín-Birbigueira

18

S. Xiao de Vea-Igrexa

19

S. Xurxo de Vea-Azoreiros

20

Sto. André de Vea (Celerón a Murxide)

  Total 179.331,15€

Complementarias

 

Santeles (Pearo-Arxóns)

48.935,6 €

Santeles (Renda a Fondevila)

42.788,58 €


A nova guía turística da Estrada é aplaudida en FITUR  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 3
Mércores 20 de Xaneiro de 2010 - 21:20

O Concello da Estrada presentou a súa nova guía turística "A Estrada nas catro estacións" na xornada inaugural de FITUR. A presentación foi realizada pola Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira de Medio Rural e Turismo, Raquel López e contou coa intervención da Presidenta de FEGATUR e Vicepresidenta da Asociación de Turismo Rural "Mar de Compostela" Marisol Lorenzo Álvarez.

A nova guía da Estrada foi moi ben acollida pola súa cualidade, amplitude e orixinalidade, e desde a Concellaría de Medio Rural e Turismo e o sector estradense do turismo rural agárdase que esta atractiva carta de presentación contibúa a incrementar os visitantes ao noso Concello.

Raquel López fixo unha presentacion da guía explicando os obxectivos aos que responde, e que deron lugar á novidosa estrutura, e lembrou as propostas que recolle a guía para cada estación do ano, así como a inclusión de elementos de interese da comarca e os situados en lugares próximos, cunha lembranza especial para a Rapa das Bestas de Sabucedo, protagonista da oferta estradense do verán, e que neste ano 2010 terá lugar do 2 ao 5 de xullo. Así mesmo a edil nacionalista lembrou a proximidade da Estrada a importantes infraestruturas de comunicacións como o aeroporto de Santiago a 36 km e o de Vigo, que facilitan a visita a turistas procedentes do interior.

A presentación e asistencia a FITUR foi valorada moi positivamente pola Primeira Tenente de Alcalde que aproveitou, ademais de para realizar a presentación no stand de Turismo "Rias Baixas", para distribuír exemplares da guía e realizar contactos entre axentes turísticos e con outras administracións galegas presentes neste certame, referente do turismo a nivel internacional.


Vídeo da inauguración e entrega do premio FotoRapa 2009  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Venres 08 de Xaneiro de 2010 - 13:19

II Concurso Internacional de Fotografía "Rapa das Bestas" from vagalumes on Vimeo.


A Concellaría de Turismo presenta A Estrada nas Catro Estacións  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Mércores 30 de Decembro de 2009 - 19:40
presentacionguia.jpg

A Primeira Tenente de Alcalde da Estrada e Concelleira de Medio Rural e Turismo, Raquel López Doce, acopañada de Xosé Manuel Nogueira, Presidente da Asociación Mar de Compostela, e Toño Arias, presentaron esta tarde-noite a primeira guía turística do Concello da Estrada.

Con esta guía, “A Estrada nas catro estacións”, a Concellaría de Turismo pretende que o noso concello sexa un referente turístico durante todo o ano. Nela ademais dos puntos que xa son referentes turísticos como o Pazo de Oca e a Rapa das Bestas ou a Torre de Guimarei, tamén se poden atopar outros menos coñecidos como o Pazo da Mota, ou lugares senlleiros como a Lagoa Sacra, así como referencias aos nosos ríos, festas, rotas de sendeirismo como a Monte Cabalar e outros elementos culturais e arquitectónicos do noso Concello. Todos os puntos de interese levan as súas coordenadas GPS para a súa doada localización.

guiaturismo.jpg
Descargar



     1  2  3  4  5  6  >  >> 

imaxe
imaxe
lupa

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Boletín
boletindecembro2009.jpg
Descarga o boletín de decembro 2009

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal