Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

A Estrada non subirá os impostos municipais  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Domingo 27 de Xuño de 2010 - 12:55

Mentres non se suprima ou modifique a autonomía municipal a Concellería de Facenda non cargará sobre os veciños e veciñas os efectos da crise finaceira

Sobre a suposta subida de impostos municipais que vaticina o Sr. López, Portavoz Municipal do PP, Maribel Ruíz, Concelleira de Facenda do Goberno Municipal, anunciou hoxe en nota de prensa, durante o tempo que leva o BNG no goberno municipal, ao contrario do que fixera o PP no goberno, non se subiron os impostos e taxas municipais por riba do IPC, mesmo algúns chegaron a suprimirse ás persoas que non acadan un nivel mínimo de ingresos.

Por outra banda, a Concelleira de Facenda tamén lle recordou ao Sr. López, que mentres non se cambien as leis, mentres non se suprima a autonomía municipal garantida no vixente marco legal, tamén para fixar os seus impostos, e mentres o BNG estea dirixir a Concellaría de Facenda, o Concello da Estrada non subirá os impostos municipais, e menos nun contexto de crise como o actual.

Maribel Ruíz engade ademais, que a crise económica non a provocaron ningún dos veciños e veciñas da Estrada, e polo tanto non serán eles quen paguen os pratos rotos. De cara aos vindeiros orzamentos, nos que xa comeza a traballar, buscarase o equilibrio pola vía da redución ou supresión de gastos, pero non pola suba dos impostos.


O BNG aposta por un novo modelo económico que teña como eixo central o sector público  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Luns 03 de Maio de 2010 - 12:36

O BNG aposta por un novo modelo económico que teña como eixo central o sector público, apostando por unha saída social e autocentrada da crise

A crise económica que estamos a padecer ten a súa orixe na aplicación das doutrinas económicas neoliberais que construíron unha economía dominada polo capital financeiro, guiada por criterios de investimento de carácter predominantemente especulativo, cada vez máis desconectada da economía real e das necesidades reais dos pobos e das persoas.

Porén, as receitas para superar a crise, lonxe de abandonar o paradigma económico liberal, afondan en solucións inspiradas no mesmo. As primeiras medidas de intervención pública foron dirixidas a sanear o sistema financeiro, destinando inxentes cantidades de diñeiro para tapar a pésima xestión dos executivos financeiros, e non a sentar as bases para un novo modelo económico baseado na misión reguladora e estabilizadora do sector público na actividade económica que asegure desenvolvemento máis xusto, máis democrático e máis sustentábel, así como a paliar as nefastas consecuencias no emprego e a reforzar as políticas sociais.

Neste escenario o PSOE e o PP afánanse en debullar e aplicar a estratexia ditada polos grandes gurús do neoliberalismo: reforma laboral, reforma fiscal contra as clases traballadoras, recortes no gasto público, recortes nas pensións, ... que non fan máis que afondar na crise, repercutindo negativamente no benestar de todos e todas.

Pola contra o BNG aposta por un novo modelo económico que teña como eixo central o sector público, apostando por unha saída social e autocentrada da crise. Por este motivo o vindeiro venres 7 de maio, ás 20:30 horas, na Sala de Exposicións de Caixa Nova, o BNG explicará a toda os veciños e veciñas da Estrada, nun acto público e aberto a toda a cidadanía, as medidas que ten o BNG contra a crise económica, que xiran sobre os elemento citados anteriormente. Neste acto contaremos coas intervencións de Antón Álvarez Merayo (Responsábel da Unión Local da Estrada da CIG) e Teresa Táboas (Deputada do BNG no Parlamento Galego).


Os nacionalistas explican na Estrada o seu posicionamento a prol da fusión das caixas  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Sábado 20 de Febreiro de 2010 - 18:04

O BNG quere unha caixa ao servizo de Galiza, xa que é o único instrumento de intervención pública na economía galega, fundamental para o desenvolvemento desta

O BNG continúa coa campaña de información sobre o seu posicionamento a favor da fusión das caixas galegas e sobre a Lei de Caixas, unha iniciativa que levou ao Parlamento Galego, e que foi finalmente aprobada por este a finais do ano pasado, e que agora se atopa recorrida polo Goberno Central no Tribunal Constitucional.

Neste sentido, e na ronda de actos que está a levar o BNG en xeral por todo Galiza, o próximo venres 26 de febreiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal, o Portavoz Nacional da organización nacionalista, Guillerme Vázquez, achegarase á Estrada para, de primeira man, explicar a todos os veciños e veciñas do noso Concello o posicionamento do Bloque a prol da fusión das caixas, que vive agora os momentos máis delicados e confusos por mor do recurso presentado polo Goberno de Rodríguez Zapatero, contra unha norma aprobada no Parlamento Galego.

Segundo o BNG, ou se aposta decididamente pola fusión entre Caixa Galcia e Caixa Nova para ter unha caixa galega, ou, o proceso aberto polo FROB (Fondo de Restruturación Ordenada Bancaria), deixará a todos os galegos e galegas sen os únicos instrumentos financeiros de intervención pública na economía galega que son as caixas de aforro; e sen unha caixa galega os aforros serán espoliados en beneficios doutras comunidades máis ricas.

Mais o BNG non está só nesta loita. Segundo os nacionalistas, non só fóron eles os que presentaron a Lei de Caixas para a súa aprobación no Parlamento Galego, senón que foi o Bloque quen, ademais, logrou unir a case a todas as forzas políticas con representación parlamentar, agás o PSdeG-PSOE, e a todos os sindicatos e empresarios do País, na defensa dos intereses económicos de Galiza reflectido na sinatura do manifesto “Galiza ten dereito”, ao que se están sumando outras entidades que non queren que se espolie os aforros de todos os galegos e galegas.


Manifesto "Galiza Ten Dereito"  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Venres 05 de Febreiro de 2010 - 18:51

O Bloque Nacionalista Galego continúa a levar a iniciativa no debate sobre o futuro das caixas galegas. Non só fomos os que promovimos a nova Lei de Caixas de Galiza, que blinda as competencias do Goberno Galego e pon as caixas ao servizo da economía produtiva do País, senón tamén lideramos a resposta á agresión en forma ao noso País en forma de recurso de inconstitucionalidade que o Goberno do Estado ven de perpetrar hoxe en Consello de Ministros.

Durante estes días o Portavoz Nacional avogou en público, en reiteradas ocasións, porque en réxime de autoconvocatoria as forzas políticas e sociais deste País mantivesen contactos para elaborar un manifesto en defensa do sistema financeiro galego.

Esas xestións, non exentas de dificultades, deron finalmente os seus froitos, e no serán de onte alcanzouse un acordo cos tres sindicatos, a patronal e o Partido Popular. Dese acordo só se descolgou o PsdeG-PSOE que durante este proceso demostrou a súa cada vez maior dependencia de Madrid.

Hoxe a maior parte dos medios de comunicación agachan intencionadamente que o Manifesto é iniciativa do Bloque Nacionalista Galego. Nós temos que por en valor esta conquista, socializala, presentala como un manifesto aberto e traballar para conquistar novas adhesións, tanto de persoas a título individual, como de colectivos sociais.

En palabras do Portavoz Nacional “as leis do Parlamento Galego non se negocian, o autogoberno e o aforro galego non se negocian e hai que por en pé a sociedade galega para defendelos”.
Descarga o Manifesto "Galiza ten dereito".


O BNG propón que a oficina de recadación pase a ser municipal  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 2
Mércores 24 de Setembro de 2008 - 11:02

Dende hai máis de 20 anos a recadación municipal de tributos está xestionada por unha empresa privada, feito que en máis dunha ocasión foi criticada polo Consello de Contas, solicitando que se solvente esta irregularidade.

A Concelleira de Facenda, Maribel Ruíz Ferro, levará á Comisión de Facenda a modificación do cadro de persoal para crear prazas de funcionarios que se ocupen do cobro dos tributos e tasas, xa que actualmente a plantilla do concello no pode facerse cargo da mesma, entendendo que a creación destas prazas non lle sairía máis caro ao Concello, que pagarlle a unha empresa externa


Aprobáronse os primeiros orzamentos do BNG  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Martes 06 de Maio de 2008 - 00:29

Desde o primeiro día que se asinou o pacto co PSOE, Isabel Ruíz Ferro, Concelleira de Facenda, púxose a traballar nos orzamentos do Concello. Aínda que recoñecemos que os orzamentos chegan cun certo retraso, ben é certo que o BNG púxose cos orzamentos a primeiros do mes de novembro sen que até o momento se fixera nada para telos listos a finais do no 2007 ou principios de 2008.

Os primeiros orzamentos do BNG quedaron aprobados no pleno ordinario do mes de maio, cun importe de 11.600.400 euros un 8,10% superiores aos de 2007. O capítulo de investimentos ascende a 2.400.000 euros, dos cales 997.000 euros correspóndense a fondos propios do Concello, que un índice que mide a capacidade de aforro. Entre os investimentos previstos atópanse as beirarrúas de Guimarei, o proxecto das beirarrúas de Ouzande, a mellora do saneamento da Avenida de Santiago, a pavimentación de viais de acceso a núcleos de A Somoza, Olives, Santeles, Cereixo e Moreira; tamén se inclúen nestes orzamentos a Traída do Umia.

No que se refire aos ingresos, hai un aumento notábel nos capítulos de impostos indirectos (320%) e dos ingresos patrimoniais (190,4%), e por primeira vez elimináronse desta partida as tasas de protección civil, que quedarán exentas de pago.

No que se refire aos gastos correntes soben un 17,27%, debido entre outras cuestións á Escola Obradoiro (251.000 €), que se poñerá en marcha este ano e aos servizos que se prestan en servizos sociais (120.000 €).




     1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  >  >> 

imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletinxullo2010.jpg
Descarga o boletín de xullo 2010

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal