|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Mércores 20 de Setembro de 2006 - 11:56
O grupo municipal do BNG na entrevista que mantivo co Delegado de Medio Ambiente, Juán Francisco Froján, solicitoulle que tomara medidas coa depuradora de Aguións, que en reiteradas ocasións ten un funcionamento irregular repercutindo negativamente no cauce do río Liñares. O Delegado, como consecuencia da denuncia presentada polo BNG, enviará un equipo técnico para supervisar o funcionamento da citada depuradora, elaborando un informe para determinar as causas do seu mal funcionamento e logo aportar as solucións necesarias.
Noutra orde de cousas o Grupo Municipal, encabezado pola súa porta-voz, Raquel López Doce, tamén expuxo a súa inquietude pola situación dos nosos ríos, solicitándolle ao Delegado que se elabore un diagnósticos dos mesmos e estudar os problemas que teñen para logo actuar en consecuencia. Tamén lle expuxeron a súa inquietude polos estragos que están a efectuar os xabaríns instándoo a que dende a Delegación de Medio Ambiente tomen as medidas indemnizatorias pertinentes coa máxima celeridade, para que as desfeitas dos xabaríns repercuta o menos posíbel nos petos dos viciños e viciñas afectados. |
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Sábado 10 de Setembro de 2005 - 16:52
O BNG, por medio de Xan Carlos Castro, Concelleiro, e Xosé Magariños, Responsábel Local, denunciaron que a depuradora de Aguións, de recente inauguración e que sustitúe ás anteriores depuradoras máis pequneas, verte directamente ao río Liñares augas dunha cor anormal para unha auga que pasou un proceso de depuración.
Ademais, durante o seguiemento que lle fixo o BNG a esta depuradora detectaron unha presenza excesiva de carga orgánica e doutros refugallos, polo que se deduce que a o funcionamento desta depuradora non se axusta ás necesidades do noso Concello, ben sexa por un fallo non seu funcionamento ou ben por non axustarse o deseño da mesma ao volume de auga que debe tratar.
Polo que o BNG solicitará no vindeiro Pleno da corporación, que o Concello revise o funcionamento desta estación depuradora ou os cálculos de deseño da mesma, e esixa á empresa constructura a súa revisión ao estar a depuradora ainda en garantía de construción. |
|
Ler máis...
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Sábado 22 de Xaneiro de 2005 - 16:49
O pasado verán o BNG denunciou nun pleno que na zona da Debesa, na parroquia de Santo André de Vea, perto do nacimento do río Vea, había un verquido incontrolado de lixo, rodas e demais refugallo, pois ben, meses máis tarde, puidemos comprobar que o lixo segue alí, polo que o BNG instará ao Concello unha vez máis a que retire ese lixo, e a que informe decididamente aos viciños e viciñas, mediante unha campaña publicitaria, ou do tipo que estime oportuno, da ubicación do punto limpo do Concello, horarios do mesmo e o tipo de refugallo que se pode levar a este punto, de xeito de que se eviten estes espectáculos lametabeis.
|
|
1 2 3
|
|
 |
| Boletín |

Descarga o boletín de decembro 2009
|
|
| Acordo PSOE-BNG |
 |
|
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG
|
|
As últimas noticias no teu escritorio  |
|