|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Martes 09 de Maio de 2006 - 11:34
No pleno de onte 8 de maio o BNG preguntou ao Grupo de Goberno por que contrata á empresa Forama Consultores, SL, por un imprte de 8.040 euros para a elaboración do test do primeiro examen das oposición de auxiliar administrativo, malia a que o xurado estaba composto por persoas suficientemente cualificadas para facer este traballo, e que, a súa vez, cobran dietas por pertencer ao xurado.
Tamén preguntou a que persoas lle vai regalar o Grupo de Goberno os pins e insignias de ouro, os famosos salmóns de ouro que de vez en cando regala o PP aos seus amigos, que adquiriu o Concello por un importe de 2.287 euros. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |
|
Calificación usuario/a:    / 3
|
|
|
|
Martes 28 de Xuño de 2005 - 23:31
O PP presenta ao BNG unha listaxe de convidados ao xantar oficial da Festa do Salmón chea de irregularidades e de imprecisións en non xustifican en absoluto o gasto, que se elevou a 5.700 euros. Entre os convidados aprecen unha morea de cargos electos do PP (Alcaldes como o de Barrro, Modariz, Covelo, Valga... ou mesmo Concelleiros/as como os de Redondela). Tamén aparecen “azafatas” ou “chóferes” ou “persoal de seguridade”, o que leva a pensar ao BNG que estas xeralidades esconden o convite a outros persoeiros cercanos ao PP, cuxa asitencia ao xantar é difícilmente xustificábel e arbitraria, que responde única e exclusivamente aos intereses do Partido Popular da Estrada, e non aos dos viciños e viciñas do noso Concello.
O BNG solicita que se nos entregue urxentemente unha xustificación adicional dos gastos xunto cunha listaxe nominal completa dos comensais, é dicer, nome e apelidos das 114 persoas que asistiron ao xantar, debidamente selada e asinada, que demostre que o convite responde a un gasto de representación que poida redundar no beneficio da comunidade e non responde a un gasto particular. |
Vaia Escrito por Visitante en 2006-11-23 16:45:25 E logo esperevades outra cousa tivemos sorte de que non foran doce ou trece mil euros ou que non se lle dera ao alcalde por salir cun coche novo, como gastos de representacion........ |
Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |
|
Ler máis...
|
|
Calificación usuario/a:    / 2
|
|
|
|
Sábado 11 de Xuño de 2005 - 16:15
Durante a Feta do Salmón o Concello da Estrada organizou unha comida “oficial” para 114 persoas, que nos custou a tod@s @s estrandense 5.700 euros, polo que o Servizo de Intervención municipal informou negativamente a factura por non estaren os gastos debidamente xustificados e superar o límite estabelecido.
 Á vista do informe de Intervención, o grupo municipal nacionalista solicita por escrito a xustificación do gasto e a listaxe nominal de comensais, xa que, como é habitual o PP convidou a todos os seus alcaldes de barrios e outra xente afín ao partido. O BNG tamén considera que estes gastos innecesarios son unha mostra máis da política de despilfarro e da utilización partidista e caciquil dos cartos públicos que fai o PP.
Por todo isto, o porta-voz municipal e Candidato ao Parlamento Galego, Gonzalo Constenla afirma que “O Concello o que ten que facer é crear riqueza, realizar investimentos e apoiar os sectores produtivos, industriais e comerciais, non derrochar cartos públicos en gastos superfluos e inxustificados que, a maiores, supoñen unha burla aos contribuíntes”. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |
|
Ler máis...
|
|
Calificación usuario/a:    / 1
|
|
|
|
Martes 09 de Novembro de 2004 - 00:38
Como de costume, ao chegar final de ano, o noso Sr. Alcalde, D. Ramón Campos, vaise de "vacacións", pagadas cos cartos de todos e todas, por suposto, e vaise... a que non o adiviñades?, certo, vaise de novo a Argentina, coa excusa de levarlle unha axuda de 4.000 euros ao "Centro Cultural del Partido de la Estrada" en Buenos Aires, pero xa sabemos todos que o fondo da cuestión son os seus negocios e o rendimento electoral que fai da visita.
No BNG como é natural non nos opoñetemos, todo o contrario, a que se axude aos emigrantes, estén istos en Argentina, Cuba, Brasil ou onde sexa, pero o que non é de recibo, e así o perciben a meirande parte dos viciños e viciñas das Estrada é que todos os anos se subvenciona ao Centro Cultural de Buenos Aires, como si os demáis estradenses na diáspora non tiveran direito a esa axuda, xa que ese debía ser o criterio, ou así o entende o BNG, abrir ao resto dos centros culturais, mediante unha convocatoria pública, a posibilidade de acollerse a estas axudas. |
mais claro auga Escrito por Visitante en 2006-01-24 21:55:23 iso mesmo o que dixo o anterior | xa ta ben de gaiteiradas Escrito por Visitante en 2005-04-27 18:35:05 digo xa ta ben de gaiteiradas por que sempre tamos co mesmo si obng,nonfai si opse,non fai si o pp fai menos.Señores meus deisense de tanto dixome dixome e empecemos a falar e facer algo pola nosa vila que en tempos que estamos tiñamos que ter un mercado laboral pra os maduros e mais pra os nosos fillos,que non teñen onde petar.Mirade LALIN SILLEDA CARALLO XA e a estrada xa nin con mallusculas se pode escribir por que e un pobo morto gobernado por uns cuantos caciques esperemos que morran de contado pra poder levantar o noso pobo.E eu velo con ven cullons ostia non facedes nada ningun ,moito conto,que cidade dixital que o moble que o carallo mamons de merda facede algo duna puta vez . |
Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |
|
Ler máis...
|
|
Calificación usuario/a:    / 1
|
|
|
|
Domingo 04 de Maio de 2003 - 00:00
A Concellalía de Xuventude, organizou un ciclo de Conta-contos no Teatro Principal e ameazou con non pagar-lle a Paula Carballeira, a primeira Contacontos en intervir, se tocaba determinados temas que ao PP non lle gustan, isto é, o Prestige e a Guerra.
Paula Carballeira así o fixo saber a todos os presentes na sua actuación do sábado pasado, cando afirmou o seguinte: "Hoxe é para min unha actuación moi emotiva e moi especial. É a primeira vez que alguén me di que non podo dicir algo, que non podo dicir Nunca máis ao chapapote, Nunca máis aos gobernos incompetentes, e Non á Guerra. E eu como son tozuda, digo todo iso e repetireino varias veces. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |
|
Ler máis...
|
|
1 2 3
|
|
 |
| Acordo PSOE-BNG |
 |
|
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG
|
|
| Vídeos |

Visualiza os vídeos da campaña electoral
|
|
| Novo Estatuto |

|
As últimas noticias no teu escritorio  |
|