Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Aínda non é verán e o PP xa trae as rebaixas á Estrada  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Venres 23 de Abril de 2010 - 11:52

O trazado escollido pola Xunta para a Autovía Santiago-A Estrada non resolve os problemas de articulación, comunicación e conexións cos polígonos industriais

Desde o BNG da Estrada congratulámonos de que a autovía Santiago-A Estrada teña visos de continuidade até o noso Concello, xa que non deixa de ser paradóxico e curioso que hoxe, a autovía chamada Santiago-A Estrada, remate no Concello de Teo.

Alén disto, no BNG da Estrada lamentamos, unha vez máis, que a opción que escolle a Xunta, e avalada polo PP da Estrada, sexa precisamente a que non resolve a articulación, a comunicación e a conexión dos grandes polígonos industriais da Estrada, o de Toedo e a futura Cidade do Móbel, e unha conexión eficiente da vila, tal e como pedía o BNG na súa alegación á autovía. Neste sentido só temos que ollar para o Concello de Lalín, e ver onde desemboca a autoestrada Santiago-Ourense, é dicir, no Polígono Industrial Lalín 2000, para decatármonos do acaido que é o deseño escollido para esa infraestrutura e contrastalo co deseño austero do executivo de Feijóo.

O PP, como pasou coa Cidade do Móbel, e escudándose en cuestións medio-ambientais, opta polo trazado que máis repercusión vai ter nos terreos produtivos do Val de Vea, -entre outros-, no canto de escoller un trazado por terreos de monte e forestal con menor impacto económico para os veciños e veciñas afectados.

Aínda non chegou o verán e o PP trae anticipadamente as rebaixas á Estrada, cun recorte nos investimentos en infraestruturas vitais para a economía local. Se hai uns días criticabamos os recortes na Cidade do Móbel, hoxe, ese recorte orzamentario aplícanllo á autovía Santiago-A Estrada, parapetándose en cuestións medio-ambientais, unha escusa moi recorrida na Estrada, pero noutras latitudes (mina de andalucita nas Fragas do Eume) esas preocupacións préganse ao capital sen o máis mínimo rubor.

A política de austeridade seralle politicamente moi rendíbel ao PP, pero non deixa de ser só propaganda que esconde a súa pasividade e a súa ineptitude para afrontar os problemas que ten Galiza en xeral, e A Estrada en particular.


A Autovía Santiago-A Estrada ten que beneficiar a todos  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Domingo 20 de Decembro de 2009 - 16:30

 

A alegación do PP non resolve nada, salvo os intereses particulares de algún dos seus militantes

Tiveron que pasar varias semanas para que se empezaran a coñecer os detalles que se agochan detrás da “reunificación” do PP Estradense. Hoxe un medio de comunicación dá conta dunha das condicións do retorno de CIDEGA ao fogar popular estradense, e non é outra que unha posíbel modificación do trazado da autovía Santiago-A Estrada, que afecta a unha finca dunha das recentes fichaxes do PP estradense. Isto fainos sospeitar que o tan cacareado regreso sen condicións dos “enfant terribles” era mentira, e detrás deste regreso hai oscuros intereses, que, como neste, se irán descubrindo co paso do tempo.

Isto demostra o que xa sabíamos todos, que o PP só se move por intereses persoais, non polo interese xeral e o beneficio de todos e todas. O trazado elixido pola Consellaría para a autovía Santiago-A Estrada e que defendeu o PP local con uñas e dentes, e que parecía inamovíbel,  podería mudar sutilmente para beneficiar a un dos seus, se prospera a alegación presentada polo PP da Estrada, e non para beneficiar a todos os veciños da Estrada,.

Malia todo, esta alegación do PP, que contempla unha mínima variación do trazado, non resolve o principal problema que ten o deseño feito pola Consellaría de Política Territorial e Infraestruturas, que non é outro que a comunicación cos polígonos industriais de Toedo e da Cidade do Móbel, así como a necesaria consignación nos orzamentos da Xunta para que esta autovía sexa unha realidade en 2013 tal e como pide o BNG na súa alegación. No BNG agardamos que, polo interese de todos e non duns poucos, sexa considerada a alegación presentada por nós; se é rexeitada o PP demostrará que só pensa en nos seus intereses persoais.


Froito das denuncias feitas polo BNG, o centro ictioxénico do Ulla xa non está nunha silveira  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Sábado 19 de Decembro de 2009 - 19:16

Para o BNG isto non pode ser un simple lavado de cara

Desde o BNG da Estrada parabenizamos á Consellaría de Medio Rural pola limpeza que fixo no Centro Ictioxénico do Ulla, froito da denuncia pública feita e polo rexistro da pregunta feita por Teresa Táboas no Parlamento Galego. Estamos seguros que se o BNG non chegara a actuar, os 600.000 euros que custou o citado centro seguriría a estar nunha silveira.

Malia todo no BNG da Estrada estaremos vixilantes para que os traballos feitos nestes días non queden nun simple lavado de cara, e esiximos á Consellaría de Medio Rural a posta en marcha deste  centro ictioxénico.

Noutro orde cousas, queremos destacar novamente o mal estado das vías de comunicación do Val de Vea que dependen da Deputación de Pontevedra. Froito tamén das denuncias públicas feitas polo BNG, a PO-2008 entre Portela e Souto de Vea, foi recentemente bacheada, o enésimo bacheo que sofre esta estrada da deputación, que é suficiente para mellorar o estado lamentábel desta infraestrutura pola que circular centos de vehículos dos veciños e veciñas do Val de Vea, pero tamén veciños doutros concellos como Cuntis, Moraña ou Caldas de Reis, que a utilizan a diario para viaxar a Santiago de Compostela.

Por este motivo, esiximos unha vez máis á Deputación de Pontevedra e ao Partido Popular, que é que dirixe esta institución, que melloren a capa de rodadura da PO-2008 entre Portela e Souto de Vea, que remate a PO-2007 entre as
parroquias de Couso e Barcala, e da PO-7019 entre Baloira e Santo André de Vea. E queremos recordarlle ao Partido Popular que mentres non leve a cabo os arranxos anteriomente citados, o BNG da Estrada seguirá denunciando públicamente esta desfeita poñéndo lle nome e apelidos aos responsábeis da mesma, é dicir, o PP.


600.000 euros nunha silveira  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Luns 14 de Decembro de 2009 - 22:53

O PP e Unión Fenosa construíron en 2005 un centro ictioxénico do río Ulla, situado na desenvocadura do Río Vea, que nunca chegou a funcionar e que custou 600.000 euros

En maio de 2005, xa nos últimos días do goberno Fraga, comezan as obras do Centro Ictioxénico do Río Ulla, situado na desenvocadura do río Vea, promovido por Unión Fenosa e coa colaboración da Consellaría de Medio Ambiente; o custe total da obra, que rematou o 31 de outubro de 2005, foi de 600.000 euros. Este centro, en teoría, serviría para repoboar o río Ulla de salmón, peixe moi abundante noutras épocas, pero non na actualidade, xa que o seu ecosistema está moi afectado polos encoros situados ao logo do río Ulla, entre outras cuestións.

Este centro ictioxénico nunca chegou a funcionar, atopándose hoxe totalmente abandona e no medio dunha silveira, tal e como se pode apreciar nas imaxes.

Ante esta situación, o BNG presenta a través da Deputada Teresa Táboas unha batería de preguntas para saber se o goberno do PP pensa por a funcionar este centro ictioxénico para recuperar o salmón do río Ulla. Ao mesmo tempo, o BNG tamén quere saber se o PP vai permitir a construción de máis centrais hidroelécticas no río Ulla.

  Máis imaxes:

Ler máis...

O BNG da Estrada esixe a inmediata mellora das infraestruturas do Val do Vea  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Sábado 12 de Decembro de 2009 - 19:25
49077857.jpg

O Partido Popular ten completamente abandonadas á súa sorte estradas dependentes da Deputación de Pontevedra nas parroquias de Santo André de Vea, San Xurxo, San Xiao de Vea e Barcala

O 20 de xuño de 2008 o grupo municipal do BNG rexistrou unha moción na que se solicitaba da Deputación de Pontevedra a mellora da capa de rodadura da PO-2008 entre Portela (Cuntis) e o Souto de vea, e o remate das obras de mellora e ampliación das estarda PO-2007 entre as parroquias de Couso e Barcala, e da PO-7019 entre Baloira e Santo André de vea, que atravesa a parroquia de San Xiao de Vea. A citada moción aprobouse por unanimidade de todas as forzas políticas.

Sen embargo a día de hoxe, -16 meses máis tarde-, a Deputación de Pontevedra, gobernada polo Partido Popular, non moveu un dedo nin para mellorar nin para rematar as obras das infraestruturas citadas con anterioridade. O abandono é tal que, por exemplo, a día de hoxe é unha odisea utilizar a PO-2008, que atravesa practicamente o Val de Vea, sementada de fochancas, acrescentadas polas choivas dos últimos días, o que a converten nunha estrada perigosa pola irregularidade da capa de rodadaudra e pola inexistencia total e absoluta da sinalización horizontal da estrada. Desde logo, para o BNG da Estrada, o estado destas infraestruturas é lamentábel, e demostrea a deixación de función dun Partido Popular que non ten reparon en votar a favor dunha moción para logo non facer absolutamente nada para que esta sexa unha realidade.

Ante esta situación, o BNG esixe novamente o cumprimento do estipulado na moción aprobada no mes de xullo por unanimidade de todos os partidos con representación municipal, e inicia desde hoxe mesmo unha campaña de denuncia pública do abandono, da deixación de funcións e do desleixo do Partido Popular coa Estrada, en concreto co Val de Vea.


A opinión de Gonzalo Constenla en Estrada TV  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Xoves 19 de Novembro de 2009 - 11:31



     1  2  3  4  5  >  >> 

imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletinxullo2010.jpg
Descarga o boletín de xullo 2010

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal