A oportunidade histórica perdeuse cando o PP votou en contra das emendas do
BNG para recuperar a Torre de Guimarei.
Unha vez máis o PP da Estrada, e en
concreto o Deputado José López, obsequia a todos os estradenses cun alarde de
oportunismo e demagoxia a respecto da Torre de Guimarei, que ten poucos
precedentes.
Temos que recordar, que foi o BNG quen tivo a iniciativa de presentar emendas aos
orzamentos da Xunta e do Estado, (600.000
euros en total) para unha implicación das tres administración na recuperación
deste emblema do noso Concello.
Que o PP copie as iniciativas do BNG non é nada novo, nun partido carente de
ideas para A Estrada, que suple a súa ineptitude con continuas e inútiles
comparecencias de prensa, parasitando as iniciativas doutros.
No BNG estamos de acordo en recuperar para o Concello a Torre de Guimarei,
pero entendemos que con esta moción que presentou José López o PP está a
tomarlle o pelo a todos os veciños e veciñas da Estrada, esixíndolle ao Goberno
Municipal, aquelo que co seu voto en contra no Parlamento Galego lle negaron a
todos os estradenses.
A oportunidade histórica da que fala José López, perdeuse cando levantou a
man no Parlamento Galego en contra da Torre de Guimarei, do Centro de Día, da
ampliación do Pérez Viondi e da Cidade do Móbel, que foron as emendas que
presentou o BNG aos orzamentos da Xunta de 2010, valoradas en máis 1.500.000
euros.
Malia todo, o BNG non descansará até que a Torre de Guimarei sexa un ben de
propiedade pública, e xa anunciamos que a finais de ano volveremos a emendar os
orzamentos da Xunta e do Estado para recuperar para o Concello este ben de
interese cultural.
A Concellaría de Medio Rural e Turismo da Estrada organiza as primeiras xornadas de Historia da Estrada centradas na Idade Media. Estas levaranse a cabo o 15 e 16 de xaneiro, ás 19 horas, na Sala de Exposicións Caixa Nova.
Na primeira xornada, o venres 15 de xaneiro, intervirán Anselmo López Carreira, coa súa palestra “O contexto Político de Galiza no Mundo”, e Mercedes Brea, coa palestra “Os trobadores da Comarca”.
Ao día seguinte, o sábado 16, ás 10:30 horas, partirá da praza do Concello un roteiro que discorrerá até a Torre de Guimarei e a Igrexa de Ouzande. Pola tarde, ás 19 horas, proxectarase o vídeo “A Estrada románica” e a continuación, o escritor, Xosé Luna, expoñerá a palestra “O noso románico”.
Con estas xornadas a Concellaría de Medio Rural e Turismo non só dar a coñecer o noso rico patrimonio arquitectónico, senón vinculalo á nosa historia para coñecérmonos mellor as nosas orixes.
Este xoves 8 de outubro, ás 20:30 horas, arranca a Plataforma Queremos Galego da Estrada, cun acto de presentación na Sala de Exposición de Caixa Nova. Haberá a proxección do vídeo "Golpe ao Galego".
O Grupo Municipal do BNG presenta unha moción para constituír e regular o funcionamento dunha Comisión de Festas permanente. Esta moción será presentada ao resto dos grupos municipais na Comisión de Cultura que se celebra hoxe marte para analisar as pasadas festas da Estrada
A xestión das últimas Festas de San Paio xerou entre a cidadanía estradense unha grande polémica, ademais do descrédito que supuxo para A Estrada enteira a falta de previsión das persoas que con boa vontade integraban a mesma; sen embargo e a falta de todos os datos necesarios para clarificar a situación económica que quedou tras as Festas, e tendo en conta que non é esta vez a primeira, nos últimos anos, que este sistema vén demostrando non ser o axeitado. Aínda que con outros matices cabe lembrar os despropósitos das Comisións de Festas dos anos 1998 cando moitos/as estradenses puxeron en dúbida o labor, e sobre todo, a actitude de membros destas Comisións, e 1996 , cando desde aquela se manifestou un lamentábel desprezo pola nosa língua e a súa normalización, ao intentar expulsala dos elementos publicitários que anunciaban as celebracións do San Paio. Temos que ter en conta que as Festas do San Paio sobordan os límites parroquiais e son as Festas de toda A Estrada, consideradas referente de todo o Concello no noso contorno.
Desde o BNG recoñecemos e constatamos que cada vez resulta máis difícil atopar persoas que se comprometan a formar parte desinteresada nunha Comisión que ten que realizar un, por veces, ingrato traballo, pero non podemos aceitar que a solución a este problema sexa, como fixo o PP no seu momento, politizar partidistamente a súa composición e integrar no seu seo a persoas que tiñan intereses económicos nos espectáculos que a própria Comisión tivo que xestionar.
A solución a este problema, para o BNG, pasa porque sexa o Concello da Estrada quen asuma plenamente a responsabilidade da Organización de todas as festas da vila, dando participación na mesma a todo o movemento asociativo cidadán, razón pola cal instamos á Corporación á aprobación da seguinte
PROPOSTA SOBRE CONSTITUCIÓN E FUNCIONAMENTO DUNHA COMISIÓN PERMANENTE DE FESTAS DA ESTRADA
Raquel López Doce, Tenente de Alcalde da Estrada e Concelleira de Medio Rural e Turismo, explica a campaña que se levará a cabo desde o Concello para que a Rapa das Bestas estea entre 10 tesouros do Patrimonio Inmaterial do Estado Español.
As votacións empezan o día 15 de xuño e rematan o 28 do mesmo mes, e pódese votar desde a seguinte ligazón. A competencia é dura, porque a Rapa compite con outros eventos de maior proxección mediática que A Rapa, pero entre todos e todas poderemos. Vota pola Rapa!!.
A continuación poderedes ver o vídeo da homenaxe, que a instancias do BNG, lle deu toda a corporación municipal aos concelleiros fusilados en 1937, no que o pasado día 5 de xuño se cumpriron 70 anos
.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo
open source é Software Libre, licenza GNU/GPL Aviso Legal