O vindero sábado 10 e o domingo 11 de xullo, a Praia Fluvial do Liñares, en Lagartóns, acollerá un evento multidisciplinar, non que terán cabida deportes tradicionais como a loita galega e outras variedades de loitas doutras partes do Estado, xogos tradicionais, etc, tamén haberá diversión para todas as idades, mesmo hinchábeis para os máis cativos.
DiverDeSa: Diversión, Deporte e Saúde, danse cita na Estrada esta fin de semana. Este evento está organizado polo Club A Cambadela e a Concellaría de Deporte e Participación Cidadá. Podes ter máis información visitando a súa web. Olla o programa na seguinte ligazón.
A Concellaría de Deportes e Participación Cidadá vén de abrir o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais. Atletismo, Bádmiton, Baloncesto, Balonmán, Ciclismo, Fútbol-Sala, Loita Galega, Patinaxe artística, natación, tenis, xádrez e ximnasia artística, son algunha das especialidades ás que se poderán aprender a practicar e perfeccionar desde outubro a xuño do ano que vén. Máis información no seguinte folleto.
A raíz do publicado hoxe nos medios de comunicación locais sobre a controversia entre o Reale C.D. Estradense e a Concellaría de Deportes, temos que facer as seguintes precisións:
A Concellaría de Deportes sempre estivo, e está, disposta a escoitar e reunirse cos representantes do clube de cara a conseguir os avais suficientes para que o ascenso á División de Prata de fútbol sala sexa unha realidade.
A achega económica da Concellaría de Deportes a este clube e a calquera outro basearase exclusivamente ao estipulado nas bases de subvencións, aprobadas no pleno da corporación municipal.
O BNG presenta unha moción, que se discutirá no próximo pleno, no que demanda que se melloren e amplíen as zonas deportivas do noso Concello, como por exemplo a reconstrucción da pista de atletismo do campo de futbol da Baiuca; tamén solicita nesta moción que se mellore o acceso ás citadas instalacións, así como a adecuación das mesmas para que se poida desenvolver unha actividade deportiva con seguridade e comodidade para os/as usuarios/as.
.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo
open source é Software Libre, licenza GNU/GPL Aviso Legal