|
O BNG propón solucións e o PP e o PSOE din que NON
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Sábado 20 de Decembro de 2003 - 00:00
O BNG xa en reiteredas ocasións propuxo solucións para tratar de atallar a suba desproporcionada da contribución na Estrada, pero atopou-se sempre coa negativa do grupo de Governo. Unha das solucións era a de bonificar a todos os propietários dos inmobles do casco urbán alegando unha situación de características espeiais, xustificado en base a sobrevaloracións dos valores catastrais; esta solución foi rexeitada na comisión informativa de facedan polo PP e o PSOE, mália que esta mesma bonificación si foi aplicada a todo o rural ainda sin contar cos informes favorabeis dos técnicos municipais. Cabe sinalar que o PP ten asinado licenzas urbanísticas tamén en contra dos informes negativos dos técnicos, están nos tribunais, sin que iso lles supoña problema de ningún tipo.
Outra das solucións aportadas foi a de subvencionar a mellores que se leven a cabo no inmobles, de xeito que as cantidades que se pagan agora a maiores revirtan nos viciños afectados e na mellora dos inmobles dos mesmos. Esta proposta tamén foi rexeitada. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |