O peche contra a suba de máis do 60% da contribución urbana (hoxe chamada IBI) cumpre o primeiro día sen recibir unha resposta favorable do alcalde á demanda da convocatoria dun pleno para tratar de buscar unha solución ao problema antes do día 22, mália a que se apresentario máis de 1.700 sinaturas para a convocatória de dito pleno, que curiosamente o pleno ordinário ainda non se celebrou, xa que o día 8 de decembro, que sería a data sinalada coincidiu en festivo e o Alcalde de momento ainda no puxo a data do pleno ordinário nin do extraordinário, que é o que demandan os viciños e viciñas pechados no Concello.
Os/as veciños/as seguen ocupando as dependencias municipais en espera desa resposta e hoxe ás 9 da noite reunirémonos en Asemblea Informativa na mesma Casa do Concello, para avaliar a situación e seguir a organizar as quendas para continuar o peche permanente e continuado ata conseguir que o goberno municipal convoque dita sesión plenaria.
Finalmente sinalar que o Alcalde e todo o grupo de governo non deron a cara nin diante dos viciños e viciñas nin nos meios de comunicación e moito menos aos concelleiros e concelleiras do BNG que tratan de buscar unha saída a esta situación.
.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo
open source é Software Libre, licenza GNU/GPL Aviso Legal