Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O BNG apresenta unha moción urxente para arranxar o problema do IBI   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Luns 22 de Decembro de 2003 - 00:00

O BNG apresentou hoxe no rexistro do Concello unha moción coas demandas veciñais, avaladas por máis de 1.700 sinaturas, solicitando una bonificación do 37,50% no recibo do IBI do ano 2004 para todos os inmóbeis da vila, mentras non se aprobe unha nova Ponéncia de valores, e para arranxar o incremento do 60% deste ano 2003, solicita unha liña de subvencións, para subsidiar calquera reforma que se faga nos inmóbeis.


Gonzalo Constenla, Porta-voz Municipal do BNG

No ano 1996, a Xeréncia do Catastro, co consentimento do Alcalde, Ramón Campos, por meio da sinatura, procedeu a actualizar os valores catastrais da Estrada, o cal deu como resultado unha proposta chea de erros e cantidades desproporcionadas. A cidadania, indignada polos custes que tal despropósito lle suporia, mobilizou-se en torno a unha Plataforma Cidadá que conseguiu que o Governo Municipal dé-se marcha atrás e, polo menos, só se aplicase o coeficiente do 0,20% nos recibos do IBI mentres non se procede-se a variar a Ponéncia de Valores axutada aos verdadeiros valores de mercado e se correxisen os numerosos erros que contiña e contén.

Sen embargo, o Governo Municipal non cumpriu a encomenda e compromiso adquiridos no correspondente Pleno da Corporación Municipal e chegados a estas alturas do ano 2003, xa case entrados no 2004, os valores catastrais non se modificaron, os erros persisten, e os recibos subrion un 60% ou máis, o cal está xerando unha contundente resposta veciñal.

Perante esta situación, o BNG considera que a Corporación Municipal debe tomar a iniciativa e debater e aprobar as oportunas medidas que axuden a resolver a situación, motivo polo que solicita a toma en consideración, debate e aprobación das seguintes propostas:

1.- Introducir na Ordenanza Fiscal do IBI una bonificación do 37,50% para todos os inmóbeis do casco urbano, mentres non se proceda á aprobación dunha nova Ponéncia de Valores sen erros de sobrevaloración.

2.- Aprobar unha modificación nos Orzamentos municipais para o ano 2003 coa introdución dunha partida destinada a abrir unha liña de subvencións para subsidiar calquera obra de reforma, acondicionamento ou mellora dos inmóbeis do casco urbano.

3.- Constitución dunha Comisión Municipal para a elaboración dunha nova Ponéncia de Valores, integrada por un representante de cada un dos Grupos Municipais, dous representantes veciñais e técnicos internos e externos. Esta Comisión terá como obxectivo facer un estudo fiábel dos valores catastrais, elevalos á Xeréncia Catastral e, no seu caso, dictaminar a proposta que elabore a própria Xeréncia.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal