Luns 22 de Decembro de 2003 - 00:00
Logo de que durante toda a fin de semana, na que os veciños mantiveron o seu encerro nas depedéncias municipais, o Alcalde Ramón Campos comparece perante os viciños pero non aporta solucións ao problema do IBI, o que provoca que os viciñas continúen co seu encerro nas dependéncias Municipais.
 Na citada reunión cos viciños e viciñas
pechados no Concello, o Alcalde expuxo a sua versión dos
feitos ante os presentes recoñecendo a sobevaloración
dos valores catastrais, aceptado mesmo a Comisión proposta
polo BNG, integrada polos grupos municipais, viciños e
técnicos, pero negou-se a convocar un pleno (nin
ordinário nin extarordinário) para arranxar a situación
da suba do 60% da contribución. Hai que sinalar que a
convocatória dun Pleno antes de que remate o ano é
vital para solucionar o problema, xa que as bonificacións do
37,50% nos recibos do ano 2004 non podería aplicar-se, e
tampouco o plano de subvencións de arranxos de inmóbeis,
tal e como propón o BNG na sua moción.
O Alcalde rexeitou as propostas do BNG alegando que iso non se
podía facer por que ia en contra da lei e contra os informes
dos técnicos municipais, pero hai que recordar que a
bonificación do recibo da contribución si se fixo para
o rural, pero non para a vila. Neste sentido Gonzalo Constenla,
porta-voz Municipal refutou-lle que as interpretacións
forzadas da lei o PP non tiña ningún problema en
facé-las cando están en xogo os seus intereses
partidistas, ben por temas eleitorais (hai que lembrar que o PP na
vila non sacou a maioría de votos nas pasadas municipais)
ou os seus intereses persoais (concesión de licenzas
urbanísticas, algunhas delas nos tribunais).
A reunión tivo momentos moi tensos, na que os próprios
viciños acusaron ao Alcade de malgastar os cartos públicos
e de facer un uso indebido dos mesnos.
Os
viciños e viciñas da Estrada, logo das exposicións
do Alcalde sen solucións aos seu problemas, decidirón
continuar co seu peche ata que o Alcalde decida convocar un pleno que
arranxe esta situación. |