Martes 23 de Decembro de 2003 - 00:00
Os viciños e viciñas reunidos en Asemblea o día 22 de decembro deciden continuar co peche no Concello e facer un chamamento ás asociacións de viciños, asociacións de empresários, asociación de comerciantes, sindicatos... para que apoien as suas reivindicacións.

Gonzalo Constenla, falando-lle aos Viciños e Viciñas reunidos en Asemblea
|
A Asemblea de viciños e viciñas afectados pola suba da Contribución decidiu manter o peche ininterrompido no Concello (iniciado o venres 19 ás 14 horas), ata que se convoque o Pleno e se acade unha solución a este problema, incluíndo se for preciso continuar, os días de Noiteboa, Nadal, Ano Vello e Ano Novo.
Tamén decidiu descartar como alternativa a liña de subvencións que se barallaba como posible solución, e, na súa vez, esixir que as bonificacións no IBI para 2004 se eleven ata o 75 %, correspondente ao 37,5 % de cota en exceso de 2003, xa pagada no día de hoxe e ao 37,5 % correspondente ao propio 2004.
A Asemblea considerou que como a suba da Contribución é un feito que afecta a toda a vila decidiu realizar un chamamento ás tres Asociacións Veciñais da Vila, á Asociación de Comerciantes e Empresarios, á Asociación de Amas de Casa e aos Sindicatos para que realicen pronunciamentos de apoio a esta mobilización cidadá e constituír unha Comisión de Apoio aos afectados/as.
A Asemblea tamén comunica que realizará unha asemblea diaria ás 21:00 horas para avaliar a evolución dos acontecementos e planificar novas medidas de presión.
Tamén quere felicitar-se polo éxito da propia concentración e das distintas convocatorias que se foron realizando ao longo das últimas 43 horas, especialmente as do día de hoxe, e polo civismo, dignidade e valores democráticos dos e das participantes nos mesmos, que dista moi lonxe da atitude do Alcalde, que onte mesmo ordeou aos Policias Municipais tomar o nome de todas as persoas que se sumen ao peche, seguramente como medida intimidatória. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |