Mércores 24 de Decembro de 2003 - 00:00
A Asemblea de viciños e viciñas afectados polo suba de máis do 60% do recibo da Contribución, reunida onte 23 de decembro, decidiu seguir pechados nestas datas e celebrar a Noite Boa no Concello e se non hai pleno nestes días pasar tamén o fin de ano.Desde a Asemblea segue-se a facer un chamamento ás Asociacións de viciños/as, Asociacións Empresariais, Asociación de Comerciantes, Sindicatos, Asociacións de Amas de Casa, etc... para que se sumen á protesta e apoien a mesma.
Comunica-se tamén que o día 24 non haberá Asemblea, pero que apartires do día 25 seguirá-se coas reunións diárias no Pleno do Concello ás 21:00 H. A Asemblea tamén dediciu solicitar a visita dun parlamentário do BNG, que presumibelmente virá o día 25, para que apresente unha pregunta instando a Consellería competente, que dirixe o señor Palmou, viciño da Estrada, a cumprir a lexislación en materia de réxime local que está a infrinxir o Sr. Campos ao negarse a convocar ningún pleno no corrente mes de decembro.
Tamén se vai-se solicitar a "mediación" no Conflito dun personaxe moi coñecido nestas datas, o Pai Nöel", para que lle faga chegar so Sr. Alcalde as reivindicacións dos viciños e viciñas afectados pola suba desmesurada do IBI. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |