|
Bieito Lobeira apresenta unha pregunta sobor da situación na Estrada
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Xoves 25 de Decembro de 2003 - 00:00
Bieito Lobeira, Deputado do BNG, apresentou unha
pregunta no Parlamento Galego, dirixida ao Conselleiro de Xustiza e
Interior, Jesús Palmou, para saber que medidas ten previsto
adoptar a Xunta de Galiza perante o Concello de A Estrada, para
restituir a legalidade vixente e posibilitar a convocatória do
Pleno Ordinário da Corporación que analise a suba do
IBI.

Gonzalo Constenla e Bieito Lobeira na Rolda de Prensa
|
A legalidade conculcada polo Alcalde é a da Lei 5/1997
de Administración Local de Galiza, aprobada por maioría
absoluta do PP no Parlamento Galego, que obriga aos Concellos de máis
de 20.000 habitantes a convocar un Pleno Ordinário polo menos
unha vez ao mes.
O Deputado Bieito Lobeira censurou a atitude golpista do
Alcalde do marco legal, e recordou-lle ao Sr. Campos que a maioría
absoluta non é un cheque en branco para facer e desfacer ao
seu antollo.
Bieito Lobeira trasladou o recoñecimento e saudo do Grupo
Parlamentar do BNG aos viciños e viciñas de A
Estrada pechados no Concellos, pola sua atitude vital de dignidade e
democrácia. |