Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O ensino hoxe. Unha reforma truncada   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 2
Malo Bo
Sábado 15 de Xullo de 2000 - 00:00

Francisco Xavier Barreiro Carracedo, Profesor de Língua e Literatura no I.E.S. Manuel Garcia Barros

Ainda que a nova situación educativa na Estrada ofereza algun aspeito novidoso –caso dos programas de garantia social, mais sen unha titulación homologábel- os ciclos formativos realizan a mesma oferta que as antigas ramas de FP1 e FP2 (Administrativa, Electrónica e Electromecánica) agora adaptadas á nova reestruturación da formación profisional, ainda que co agravante de reducir á metade o número de prazas ofertadas e de eliminar as titulacións de Técnico Superior nas famílias de Electrónica e de Automoción (equivalentes á de Técnico Especialista da FP2).

Se un dos obxectivos era acomodar a oferta educativa á demanda social, o fracaso é absoluto por canto non se dá ofertado nengunha titulación a maiores das que habia, xa relacionada cos sectores agrícola, florestal e do móbel, tradicionalmente asentados na comarca; xa con sectores de grande desenvolvimento recente, como son o de servizos, o turístico, o gastronómico, o áudio-visual, a informática, as novas enerxias, etc.

Canto ao bacharelato, non defendendo o sistema anterior, polo menos oferecia as mesmas posibilidades para todos, mentres que agora a un aluno/a da Estrada furta-se-lle a posibilidade de optar á modalidade artística, salvo que consiga praza en Vigo ou Santiago.

Se na Estrada o número de alunos/as por curso de secundária vén oscilando sobre 300; e se se oferecen sobre 45 prazas (3 programas de garantia social) para os que non rematen a ESO, 45 (3 ciclos meios) para os que superada a ESO non queiran continuar estudando, e 15?? (1 ciclo superior) para os que superado o bacharelato non queiran ou non poidan entrar na Universidade, temos que dous terzos da povoación escolar ou non fan nada, ou van ter titulación universitária. Resultado que é exactamente o oposto ao procurado pola Reforma.

A isto temos que sumar ainda o deterioramento das relacións nos centros, o incremento da conflitividade nas aulas, un exceso de pedagoxismo vácuo, a pervivéncia do fracaso escolar observábel na porcentaxe dos que non acadan o título da ESO, a rebaixa dos contidos teóricos, a incapacidade por artellar os práticos, etc. É fácil constatar como a improvisación coa que se resolveu a implantación da Reforma, sumada ás actuais tendéncias sociais, familiares e do indivíduo, favoreceron unha clara perda da cualidade do ensino.

Crónica, pois, dunha Reforma fanada. Para isto era escusado un tan longo proceso que nos seus debates se iniciou hai 15 anos, que non dá rematado, e que supuxo un despilfarro de recursos económicos e humanos. Patético final!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletinxullo2010.jpg
Descarga o boletín de xullo 2010

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal