Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Subvención para a festa de Fin de Ano   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Venres 26 de Decembro de 2003 - 00:00

Que dada a actitude testalán que o Sr. Alcalde está adoptando, o cal nos leva a termos que estar pechados na nosa segunda casa, isto é, na Casa do Concello, e facer-nos pasar estas datas de Nadal, tan entrañábeis para todos pero tan adversas para os nosos petos –sobre todo desque tivemos que pagar o recibo do IBI cun 60% de incremento respecto ao do ano pasado— non nos queda máis remédio que seguir aguantando até conseguir que lle volva o sentidiño –se é que algunha vez o tivo-- ao Sr. Alcalde e actúe en defensa dos intereses da veciñanza, que para isto está.

Polo que SOLICITAMOS

Que tendo en conta a lixeireza e man rota co que o Sr. Alcalde gasta os cartos públicos en xantares, enchentas, viaxes, regalos e outros gastos de representación, e, tendo en conta que eses gastos corren a conta de todos nós, esforzados contribuíntes, sobre todo despois do último sableazo que nos deu co recibo do IBI, teña a ben, por unha vez e sen que sirva de precedente, conceder unha subvención para que, xa que nos fai pasar as festas de Nadal pechados na Casa do Concello, poidamos despedir o ano 2003 e dar-lle a benvida ao 2004 cunha festa veciñal, onde non falten as uvas, as bebidas e os doces típicos destas datas, acompañados pola música do que é o noso instrumento nacional, a gaita.

Non lle facemos indicación da cantidade económica precisa, sabedores de que a súa magnanimidade en facer gasto a conta dos cartos públicos é ben coñecida, e se nun xantar oficial non ten dor en gastar perto dun millón das antigas pesetas ou se para ir de vacacións pagadas á Arxentina lle pasa ao Concello factura por valor de máis de medio millón, seguramente que, aínda que vostede non se aproveite deste gasto, ha ter a ben designar unha dotación ben cumprida.

É graza que esperamos obter de vostede, sobre todo despois de oi-lo o outro dia na Asemblea veciñal, na que entrou dicendo que era amigo de todos nós e que nos fixera moitos favores a todos (ainda que despois tivera que sair, como vulgarmente se di, co rabo entre as pernas, despois de oir os piropos que os viciños, fartos da sua actitude, lle dedicaron).

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal