Venres 26 de Decembro de 2003 - 00:00
O BNG solicita ao Sr. Campos que depoña esta actitude contrária a dereito, e exerza os deberes que como Alcalde ten confiados e convoque urxentemente a Xunta de Portavoces para proceder á convocatória urxente do Pleno da Corporación Municipal correspontente ao mes de Decembro. De non facé-lo nun prazo de 24 horas, o Grupo Municipal do BNG reserva-se tomar as medidas oportunas para restituír a legalidade e denunciar este presunto delicto de prevariación, por vulneración da Lei a sabendas, que o Sr. Alcalde está cometendo. O Grupo Municipal do BNG expón que o Pleno da Corporación Municipal da Estrada acordou, ao início desta lexislatura municipal, estabelecer os segundos luns de cada mes como dia para a celebración do Pleno mensual ordinário que, como estabelece a lexislación vixente, lle corresponde celebrar aos concellos que, como o noso, exceden os 20 mil habitantes.
Sen embargo, e vulnerando tal acordo e mesmo a propia lexislación, o sr. Alcalde en funcións non convocou dito Pleno, sen que houbera un acordo por parte do mesmo –único órgao colexiado que lle corresponde adiar a celebración ineludíbel da Sesión Plenária.
Para máis abondar nesta actitude ilegal, o sr. Alcalde, á volta da súa estadia na Arxentina, persiste nesta postura e mesmo declara publicamente que non se vai celebrar Pleno ningún, como é preceptivo, no mes de Decembro.
Por todo o cal SOLICITA
Que depoña esta actitude contrária a dereito, exerza os deberes que como Alcalde ten confiados e convoque urxentemente a Xunta de Portavoces para proceder á convocatória urxente do Pleno da Corporación Municipal correspontente ao mes de Decembro. De non facé-lo nun prazo de 24 horas, este Grupo Municipal que represento reserva-se tomar as medidas oportunas para restituír a legalidade e denunciar este presunto delicto de prevariación, por vulneración da Lei a sabendas, que vostede está cometendo. O que poñemos no seu coñecemento como aviso previo. |