Domingo 28 de Decembro de 2003 - 00:00
Hoxe ás 17 h. ficou inaugurada a que será desde hoxe a Praza da Contribució

O Sr. Alcalde e a Sra. Conselleira de Inauguracións inaugurando a Praza da Contribución
|
A inauguración levouna a cabo a Sr. Belén Eugasto Quetipagas, Conselleira de Inauguracións, acompañada polo Sr. Alcalde, Manuel Alén e por toda a corporación municipal, que descubriu unha placa conmemorativa na que se pode ler o seguinte texto:
Esta Praza da Contribución, que foi pagada polos sufridos contribuintes da Estrada, foi inaugurada, con certo retraso, o 28 de Decembro de 2003, pola Conselleira de Inauguracións Dona Belén Eugasto Quetipagas, sendo Alcalde Don Manuel Alén.

O Sr. Alcalde, Manuel Alén, e a Sra. Conselleira de Inauguracións, Belén Eugasto Quetipagas
|
A Señora Conselleira, como en toda inauguración que se précie, efectuou o seguinte discurso:
"Estimados Conveciños:
É unha honra para min estar con vós este día tan importante para o voso Concello, que é o meu tamén, e sentimos moitísimo non ter podido inaugurar esta Praza o venres, pero e que tiñamos un empacho importante por uns pinchos que tiñamos en Lalín e logo tiñamos que ir a cear co Sr. Rajoy, que estivo admirando as praias galegas e o "ben" que están.
Estou moi orgullosa de estar ao lado do excelentísimo Sr. Alcalde, Don Manuel Alén, recentemente elixido democraticamente, no coma outros....
Antes de inaugurar esta praza e a proposta da nova corporación decidimos mudar-lle o nome á Praza e apartir de agora chamará-se Praza da Contribución.
Estradenses!!!, Queda inaugurada a nova Praza da Contribución. Por moitos anos e que eu o vexa."
Logo, como en toda inauguración que se précie, o Sr. Alcalde, Don Manuel Alén, agasallou aos presentes cuns pichos , refrescos, sidras, etc. |