Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Entrevista co Valedor do Pobo   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Domingo 28 de Decembro de 2003 - 00:00

Unha representación dos viciños e viciñas pechados desde o día 19 de decembro no Concello, xunto co Deputado Bieito Lobeira, entrevistarán-se, mañá luns 29 de decembro, co Valedor do Povo, Sr. José Ramón Vázquez Sandes, para expor-lle unha queixa sobre a situación que están a sofrer por parte do Alcalde

AO VALEDOR DO POBO, SR. D. JOSÉ RAMÓN VÁZQUEZ SANDES

A "Asemblea de afectados e afectadas pola suba desproporcionada do IBI na Estrada" pechados na Casa do Concello desde as 14 horas do venres 19 de decembro, quere pór no seu coñecemento os seguintes feitos:

No ano 1996 foi actualizada a "Ponencia de Valores Catastrais", a mesma ademais de supor un incremento superior ao 300 % nos recibos presentaba diversos problemas sendo o máis grave o da sobrevaloración de numerosos inmobles sobre todo os do casco urbano do Concello, e foi asinada e avalada unicamente polo xa Alcalde, Sr. Ramón Campos Durán, sen trámite plenario ningún. Diante disto a veciñanza mobilizouse, criando unha Plataforma coa presión da que se conseguíu que o problema se tratara en Pleno e se adoptaran os acordos de reducción e mantemento do tipo no 0,2 % mentras se realizaba a revisión da nomeada Ponencia. Van alá 7 anos e o acordo plenario de 1996 foi doblemente incumprido, xa que en 1999 houbo unha suba do tipo ao 0,25 % sen que a Ponencia de Valores fora revisada, e, a propia Xerencia do Catastro non fixo máis que pór impedimentos e atrancos a aqueles veciños que trataron de corrixir os erros de forma individual en todo este período.

En Xullo de 2003 aprobouse no Pleno da Corporación a nova Ordenanza do IBI, a mesma inclúe bonificacións para todo o rural estradense e non inclúe ningunha medida que palie o problema na Vila, varios veciños presentaron reclamacións á ordenanza pero non foron tidas en conta (foron rexeitadas polos 12 edís do PP e os 5 do PSOE), e dado que a suba de 2002 a 2003 supón un incremento de máis do 60 % nos recibos, os veciños afecados pola suba comenzamos a mobilizarnos a finais do mes de novembro. Realizamos unha recollida de sinaturas demandando unha solución antes do día 22 de decembro, data na que finalizaba o período de pago voluntario dos recibos; foron presentadas a través do Rexistro Xeral do Concello un total de 1.665 sinaturas á par que o Grupo municipal do BNG demandaba que o asunto se incluíse na Orde do día do seguinte Pleno que tería que ter lugar o segundo luns do mes de decembro, isto é o día 8. Ese día foi festivo e o Pleno ordinario non foi convocado. A moción presentada polo BNG foi estudada pola Comisión Municipal de Facenda que dictaminou favorablemente a convocatoria dun Pleno, se ben se pronunciou en contra das alternativas propostas como solución á suba da contribución. O venres 19 de decembro unha representación de máis de 100 afectados decidimos pechármonos no Concello en demanda da convocatoria dun Pleno no que se tratara o problema do IBI, no día de hoxe, cumpridas as 200 horas de peche ininterrompido o Alcalde continúa sen convocar o Pleno, e máis aínda anunciando na prensa que non pensa convocalo, facendo público así que se nega a acatar e cumprir a lexislación que na recente toma de posesión como Alcalde do noso Concello xurou cumprir e facer cumprir. Considera o Sr. Campos que a obtención da maioría absoluta o faculta para facer e desfacer á súa vontade, o exime do cumprimento da lei e de escoitar e atender as demandas veciñais.

Por iso, formulamos ante Vde. as seguintes QUEIXAS:

- O Alcade da Estrada négase publicamente a cumprir a normativa de réxime local e anuncia que non vai convovar ningún Pleno no mes de decembro (obrigado nos Concellos de máis de 20.000 hab. coma o noso)

- O Alcalde e os Grupos municipais do PP e do PSOE tratan de forma discriminatoria aos propietarios de bens inmobles, ao buscar unha solucion para os do rural e negárllela aos da vila, máis afectados pola suba ao estar peor feita neste caso a vixente Ponencia de Valores Catastrais.

O Alcalde da Estrada négase a buscar unha solución ao problema xerado por el ao incumprir o Acordo Plenario de 1996 en base ao cal antes de 2003 tiña que estar feita e aprobada unha nova e corrixida Ponencia de Valores Catastrais, e

-O persoal da Xerencia Provincial de Catastro tratou de forma inaxeitada neste período aos veciños e veciñas que a este organismo se dirixiron para tratar de corrixir distintos erros referidos aos seus inmobles, nomeadamente no referido as valoracións dos mesmos, obrigandoos a realizar numerosas e infructuosas viaxes para recibir un trato denigrante, na vez dunha atención respectuosa e eficiente, á que consideramos ten dereito todo cidadán diante da administración.

Na Estrada a 27 de decembro de 2003.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal