|
Fin de Ano Reivindicativo: Contribución Solución!!!
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Mércores 31 de Decembro de 2003 - 00:00
Hoxe 31 de decembro, os veciños e veciñas afectados pola suba desproporcionada do IBI, logo de 13 dias pechados no Concello, reivindicando a convoctoria do pleno correspondente ao presente mes para tratar a súa problemática, continúan co seu encerro dado o incumprimento da legalidade vixente acometida polo alcalde e denunciando a súa negativa a abordar un grave erro de xestión que lle acarrea a moitos estradenses unha suba de ao menos o 60% do seu recibo da chamada "contribución".

Viciños e Viciñas pechados no Concello celebrando o fin de Ano 2003
|
Celebrarase o fin de ano no Concello como recoñecemento a constancia e dignidade dos centos de veciños e veciñas que rexeitaron ese abuso con este acto pacífico e firme de quedar durante horas nas dependencias municipais a espera de ser atendidos polo rexedor.
Ceará un retén de 6 persoas (cun menú de nécoras, centolo, percebes, año asado, viños do país, doces de Nadal, cava e sidra) aos que se sumará un centenar máis a festexar este fin de ano na Casa Consistorial.
Hai que indicar tamén que tras o acto festivo, retomarán-se as accións reivindicativas que se irán concretando ao longo dos primeiros dias de xaneiro, e que as vistas están postas xa no Pleno ordinario do luns 12 de xaneiro. |