Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

A Asemblea de Viciños e Viciñas rexeita a Oficina Informativa   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Xoves 15 de Xaneiro de 2004 - 00:00

A Asemblea de Viciños e Viciñas rexeita a Oficina Informativa proposta polo PP e o PSOE, calificando-a de proposta trampa, xa que considera que a única solución é criar unha Comisión para o estúdio da ponéncia de valores, que revise os valores catastrais na sua totalidade e non caso por caso. Ademáis, fai un chamamento a non pagar os recibos do IBI do 2004 mentres non se lle dé unha solución axeitada a este problema.

A Asemblea de Viciños e Viciñas fai un rexeitamento unánime a aceptar como solución do problema a creación da oficina informativa anunciada no día de hoxe por canto o problema non é ese senón que a ponéncia de valores está mal feita e segundo esta proposta do PP-PSOE, a ponencia non se lle quer tocar, e desde o momento en que se avala dita ponencia, as reclamacións individuais que se propoñen e que son contestadas polo catastro en base a dita ponéncia asinada polo alcalde, non son resoltas favorablemente tal como xa ocorreu ata o de agora. De feito as reclamacións individuais que se propón como solución máxica xa se fixeron e non serviron de nada. Os que non reclamaron por que consideraban que estaba ben a súa valoración, que teñan cautela porque esta proposta é unha trampa pois de facé-lo agora, si se resolve seguindo dita ponéncia sobre valorada o que pode ocorrer é precisamente que lle suban o valor catastral.

Tanto o PP como o PSOE aceptan agora que si non se resolven as reclamacións individuais estarían dispostos a realizar bonificacións co cal están a recoñecer que é posible esa proposta que se fixo no pleno do día 12 e desmontase o argumento da “ilegalidade” e a retórica administrativa con que PP e PSOE se negaron a solucionar o problema. Polo que nada impide que mentres non se corrixan os problemas de sobrevaloración non se lle estea aplicar unha suba nos recibos do IBI desde 1996 dun 100%, polo que esiximos as bonificacións que o compensen, cando menos nun 60%, que foi a suba do último ano. Isto debería ser aceptado polo PP e o PSOE, salvo que o obxectivo sexa evitar unha solución a un problema colectivo dividindo individualmente caso por caso en trámites burocráticos interminabeis para que ao final a resposta sexa a mesma que a que tiveron ata agora, isto é, que segundo a ponencia de valores asinada polo Concello, os seus valores son os correctos.

Recoñécese por todos os grupos políticos que a ponencia de valores está mal feita (así e todo o alcalde asinouna e ocultouna para que non fora recorrida e corrixida no seu momento), sen embargo o governo, escudando-se nos argumentos do PSOE amedrentando a xente cos resultados dunha revisión, mesmo ameazando con posibeis valores por metro cadrado desorbitados con cifras sen ningunha base, nega-se a revisar a ponéncia de valores, cando non hai outra solución que conseguir unha ponencia cuns valores que se axusten á realidade.

Para isto a Asemblea de Viciños e Viciñas CONVOCA a constitución da Comisión para o estúdio da ponéncia de valores para este venres, día 16, ás 20:00 h. e convidamos aos tres representantes veciñais, dous técnicos externos e un representante de cada grupo político da corporación. A Asemblea considera que é no seo desa Comisión na que se pode analizar desde o punto de vista técnico a corrección da ponéncia e non en base a especulacións sen fundamento e lanzadas con obxecto intimidatorio. A asisténcia ou non a esta Comisión poderá-se apreciar tamén a vontade real de cada quen de dar-lle saída ao conflito ou se fala por falar.

A Asemblea tamén acorudou NON PAGAR os recibos do IBI de 2004 mentres non se arranxe o problema, dado que non é xusto que se pague o que non corresponde e polo que non se ten realmente. E tamén fai un chamamento para que todos e todas asistamos a MANIFESTACIÓN do Domingo ás 12´30 na praza do Concello, por canto ningunha das propostas aprobadas polo goberno municipal serven para nada e seguen vixentes as mesmas reivindicacións de conseguir unha ponéncia de valores catastrais axustada coa realidade e bonificacións para compensar a suba desproporcionada do IBI mentres esa non se realice.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal