Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

A maior manifestación da história da Estrada   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Domingo 18 de Xaneiro de 2004 - 00:00

A Asemblea de Viciños e Viciñas afectados pola suba da contribución, convocou a que, sen dúbidas, é a manifestación máis numerosa que se ten celebrado na Estrada. Baixo o lema "Contibución, Solución" os viciños e viciñas da Estrada demostraron-lle ao PP e ao PSOE que son máis de catro os que teñen problemas coa suba desmesurada da contribución e cuxa solucion ten que pasar pola revisión da Ponéncia de Valores, e non pola criación dunha oficina "virtual" de reclamacións individualizadas que vai a por en marcha o PP eo PSOE mañá luns, que o único que pretende desviar a atención e facer perder-lle o tempo aos viciños e viciñas, xa que, como eles mesmos teñen manifestado nas Asembleas, as reclamacións ao catastro xa as fixeron e sempre lle viñeron denegadas, e todo debido á Ponéncia de Valores que está mal feita e que foi asinada polo Alcalde, Ramón Campos no ano 1996.

Tamén se fixo un chamamento ao diálogo para chegar a unha solución acaida para todos e todas.

A maior manifestación da história da Estrada
Viciños e Viciñas na Praza da "Contribución"
A maior manifestación da história da Estrada
Viciños e Viciñas na Praza da "Contribución"

Despois dun mes de encerro no Concello da Estrada demandando unha solución pola suba de máis dun 100% no recibo da contribución desde 1999, os veciños da Estrada participan masivamente nunha manifestación que percorre as rúas da vila demandando unha solución.

O grupo de Goberno Municipal presenta como resposta ao conflicto a posta en funcionamento dunha oficina de información para orientar a aqueles que queiran facer reclamacións individuais pola sobrevaloración catastral. O problema das reclamacións individuais, que xa se presentaron no seu momento, é que a resposta sempre será negativa en función da ponencia de valores que no seu momento foi asinada polo alcalde e que avala dita sobrevaloración, e si alguén que reclama e non ten aplicada dita ponencia o que pode ocorrer é que lle van subir aínda máis os recibos. Isto é recoñecido polo propio alcalde e por eso no 1996 se aproba en pleno unha revisión de dita ponencia, algo que hoxe aínda está sen realizar incumprindo dito acordo.

O caso é que a xente que no 1999 pagaba de recibo 20.000 pts. hoxe paga 40.000, os de 50.000, hoxe pagan 100.000. etc... isto é así, por moitas voltas que se lle dean, isto é, hai un problema que ninguén pode negar: a suba abusiva deste imposto. Para solucionalo solo caben dúas posibilidades neste momento, a corto prazo aplicar unha bonificación pola cal o recibo queda nunha suba asumible, isto é, o 40 % aplicado xa no 99, e pola outra banda, sería preciso revísar a ponencia de valores para correxila co fin de que estes se correspondan coa realidade.

É mentira que os valores non cambiaran desde 1996 - como declara o alcalde - e agora pola suba da vida xa se corresponden coa realidade, pois o goberno central actualiza cada ano estes valores incrementándoos segundo o custe da vida. Co cal o tempo non cura todo como pensa o Sr. Campos, senón que neste caso perpetúa e agrava o problema. Pois parécenos gravísimo que desde o grupo de goberno se ameaze con que unha revisión dos valores catastrais vai implicar unha suba destes porque sería tanto como recoñecer que se volvería a facer mal dita revisión. A lexislación di que eses deben ser o 50% do valor do mercado e se non é asi, como ocorre nestes momentos onde nalgúns casos supera o valor de mercado, entón é que esta ponencia está mal e só alguén con mala fé como fixo o alcalde da Estrada, é quen de asinar o visto bó desta.

En calquera caso, non ten sentido facer ese tipo de ameazas intimidatorias sobre o desastre dunha nova ponencia de valores sen ningún fundamento cando se está a facer o PXOUM e por lei o Concello - se ten intención de rematar dito plano - sabe que terá que facer obrigatoriamente dita revisión (¿ou é que pensan por terceira vez abortar o Plan Xeral?), en calquera caso, de onde sacan ese argumento de que vai subir máis aínda o IBI si se fai dita revisión (nestes momentos subiu o 100% desde 1999), ¿que medo teñen a sentarse a falar con dados na man e con respaldo técnico?. O certo é que o venres se constitúe unha comisión para estudio da ponencia de valores e o PP e o PSOE se negaron a aceptar o convite a participar. O grupo de goberno municipal segue dando as costas ao problema. Despois da masiva mobilización de hoxe domingo polas rúas da Estrada, insistimos en pedírlle que se senten a negociar unha solución e que se acepte a mediación do SLG ou da Asociación de Empresarios da Estrada, para buscarlle unha saída real e eficaz a esta situación.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal