|
A Asemblea de Viciños e Viciñas diposta a dialogar
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Martes 20 de Xaneiro de 2004 - 00:00
A Asemblea de Viciños e Viciñas afectados pola suba da contribución están dispostos a aceptar a mediación, ben do SLG ou da Asociación Comarcal de Empresarios, para desconxestionar a situación. Esta oferta ao diálogo xa a fixo a Asemblea no comunicado feito ao remate da manifestación do pasado domingo, pero tanto PP como o PSOE fan oidos sordos.
Ambos os dous partidos mesmo rexeitaron participar na Comsión para o Estudo da Ponéncia de Valores, criada o vernes 16 de xaneiro, apoiada e integrada polo BNG, por viciños e viciñas e por técnicos externos, que tentarán ver cal é o valor real dos inmobles e modificar así a Ponéncia de Valores Catastrais, que é donde está a raíz do problema, xa que na meirande parte da vila os valores catastrais está sobrevalorados. A Asemblea tamén fai fincapé en que a oficina de información que criou estos días o Governo Municipal non vai solucionar ningún problema, como xa lle recoñeceron a Gonzalo Constenla, porta-voz municipal do BNG, na xunta de portavoces municipais do pasado luns, os portavoces do PP e do PSOE. A vía administrativa xa empregada polos que reclamaron contra a sobrevaloración é un camiño sen saída porque ao final o Catastro resolve negativamente por canto a ponéncia de valores ten a conformidade do alcalde e é a que serve de referente para asignar ditos valores avultados. O alcalde no seu momento, ao agachar dita ponencia, impediu que se recorrera en prazo, polo que agora nesa vía non hai nada que facer. |