Venres 23 de Xaneiro de 2004 - 00:00
Despois de mais dun mes encerrados na busca dunha solución ao problema xerado pola suba desproporcionado do IBI na Estrada. Acordouse realizar actividades culturais reivindicativas para apoiar ás nosas reivindicación, pero tamén para animar as longas horas de peche agardando unha proposta firme e definitiva que resolve o problema.
Estas actividades que levarán por título “Cultura contra a inxustiza” darán comezo este sábado 24 cun ciclo de cine co tema: “o poder da xente”, no que se proxectarán os seguintes filmes: 17:00 “Bowling for Columbine”, Unha crítica á violencia e ao poder irracional desde o mesmo centro do país máis poderoso do mundo.
19:30 “O Efecto Guazú” Documental sobre o campamento da Esperanza no que os despedidos de SINTEL.se mantiveron acampados durante meses en pleno centro de Madrid.
21:00 ASEMBLEA DIARIA
22:20 “Salvora, a búsca”, García Barros e a verdade. Un vídeo-clip dun realizador local recreando a figura do escritor estradense Manuel García Barros.
22:30 “A vida de Brian”, Película do grupo británico Monty Python que reflicte humoristicamente a vida dun contemporáneo de Xesucristo que pasou as mesmas que el.
24:00 "O poder segundo Les Luthiers", Esceas do grupo humorístico arxentino nas que ridiculizan a política do seu país e que cada paso se está a parecer máis á do noso.
A entrada é libre a gratuíta e as sesións celebraranse no Salón de Plenos do Concello no que están pechados os veciños. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |