Martes 27 de Xaneiro de 2004 - 00:00
Na percura dunha saída negociada ao conflito da contribución na Estrada, o BNG proporá hoxe unha Comisión Mixta ampla, operativa e representativa na Xunta de Portavoces. Na mesma deben ter cabida a representación plural da sociedade estradense, organizada nos seus colectivos sectoriais (empresarios, comerciantes, sindicatos, etc), veciñais (Asemblea Veciñal, AA.VV.s) e os técnicos externos e próprios (con voz, máis sen voto). A xunta de Portavoces de onte serviu para abrir a vía do diálogo entre as dúas
partes (PP e PSOE, por unha banda e Veciños e BNG por outra), con dúas propostas
enriba da mesa (PP-Psoe e BNG). Hoxe os tres grupos políticos teremos a responsabilidade
de chegar a un acordo de composición que poida supor un termo medio entre as
dúas propostas.
Desde o BNG facemos unha valoración positiva de que se abran estas vías de
entendemento e de que, por parte do PSOE e o PP, xa se recoñeza abertamente
que:
1.- A comisión non pode estudar casos individuais, senón solucións colectivas.
2.- A comisión terá tamén como cometido facer unha proposta de nova ponéncia
de valores.
3.- A oficina só tramitará alegacións sobre defectos de forma (medicións, aplicación
errónea de coeficientes, etc). Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |