Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Contestación ao Sr. Ignacio Turnes, Presidente do PP en Buenos Aires   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Venres 30 de Xaneiro de 2004 - 00:00

Dirixímonos a vostede como representante dunha entidade que merece todo noso respecto para pregarlle que teña a ben dar conta aos seus asociados doutra versión diferente da que manexa e que reflectiu nas suas declaracións do pasado 25 de xaneiro contra o BNG, pois consideramos que antes de opinar sobre un asunto tan delicado e que a vostedes lle queda tan lonxe, deberían escoitar a ambas as duas partes.

1º O Bloque Nacionalista Galego non arremete nin arremeterá contra os emigrantes e fixo da loita contra a emigración e marxinación dos nosos emigrantes unha das suas bandeiras, tal foi así no nacionalismo galego en toda a sua historia desde Castelao ata a actualidade.

2º Si existiu e existe emigración non é porque Galiza sexa pobre nin é por responsabilidade dos nacionalistas que ata agora nunca gobernaron a nosa terra, senón por culpa dos que si o fixeron e que hoxe se pasean arrecadando os votos dos que expulsaron noutrora fóra do país coa sua política económica e social de marxinación do noso país. Ou pensa alguén que se aquí houbese emprego e condicións dignas de vida a xente tería deixado a sua familia e amigos marchando cara un mundo incerto.

3º A política de atención á emigración é competéncia da Xunta (Consellería de Emigración) e non dos Concellos que teñen outras responsabilidades que non poden deixar de atender. Desde os Concellos é imposible solucionar ningunha das necesidades que teñen os emigrantes en canto a servicios sociais, sanidade, emprego, vivenda, retorno, etc... e nese sentido o BNG ten presentado iniciativas para que así sexan resoltas por quen lle compete.

4º Tamén os Concellos poden colaborar en paliar os problemas que padecen nosos irmáns no exterior e contribuír economicamente cos seus centros de emigrados, pero consideramos que debe haber un sistema obxectivo e transparente para canalizar esas axudas. Nada diso é o que fai o alcalde da Estrada tal como se desprende do informe negativo de intervención polo seu donativo de 2 millóns de pesetas, que non cumpre as mínimas garantías e a palabra do sr. Alcalde non abonda. Os emigrantes debían ser os primeiros interesados en que eso se fixera así e non de xeito escuro e discrecional. As visitas constantes a Arxentina do alcalde teñen máis que ver cos seus intereses particulares que con atender ás necesidades dos emigrantes. Intereses particulares referidos a negocios familiares pero sobre todo a arrincar os votos que lle compensen da caída aquí. Usa o cargo de alcalde nos distintos actos oficiais para pedir o voto polo PP a cambio da axuda que leva e das comidas que paga, como vostede sabe.

5º O conflicto do IBI na Estrada xerouno o propio alcalde ao asinar unha ponéncia de valores erróneos e impedir realizar a súa corrección ata o momento. As consecuencias son a suba desproporcionada do imposto diante do que a xente ten todo o dereito a protestar. Un incidente illado provocado polo propio alcalde non pode ser usado para descalificar unha mobilización pacífica e exemplar que dá conta da dignidade dun pobo que se fartou de resignarse diante das cacicadas. O comportamento cívico non é calar e lavarse as mans diante da inxustiza. Comportamento cívico é, pola contra, defender a liberdade de expresión e manifestación. A imputación de acusacións como a que vostedes fan só pode responder ao interese de calificar como delictiva a nosa conducta (ameazas e agresións) para así poder prohibila e castigar a nosa discrepancia. ¿Eso sería o que vostede entende por civismo?

6º O BNG está orgulloso dos veciños e veciñas que se rebelan contra a prepotencia e a desvergonza deste alcalde e reclaman unha solución colectiva a este problema. Os estradenses da diáspora que defendan a honestidade e a xustiza tamén se deberían sentir orgullosos deles. Outrora os emigrantes a través das Sociedades de Instrucción e da súa participación no agrarismo (Alonso Ríos) e na política (Suárez Pícallo) combateron o caciquismo e a incultura. As remesas de emigrantes financiaron un xornal estradense anti-caciquil como foi “El Emigrado” e a súa entidade promoveu a re-edición dun libro do escritor galeguista Ken Keirades, que estaba a ser represaliado pola dictadura no 1952.

Nós sentímonos orgullosos dos emigrantes, de todo o que fixeron e de todo o que lle queda por facer. Por iso resúltanos indignante que sexan usados como graneiro de votos e non tratados como persoas que tanto deron pola nosa Terra e que merecen o noso respecto e consideración. Se vostede obra en función do seu cargo societario e non da súa militancia partidaria, debería facilitar tamén a nosa información aos membros da súa entidade e non só a do PP. Para isto teñen a sua disposición a nosa páxina web (www.benega.info/aestrada), e mesmo estaríamos dispostos a remitirlle a documentación que precisaran. Nese sentido poñémonos ao seu servicio.

Un saudo patriótico e cordial, a Asemblea do BNG da Estrada

imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal