Venres 30 de Xaneiro de 2004 - 00:00
Posición do BNG diante da actitude intransixente do PP e do PSOE para dar-lle unha saída ao conflito do IBI: O BNG ten dereito e obriga de estar presente en todas as Comisións Municipais aínda que non estea de acordo coa sua composición. Non estivemos no seu momento de acordo coa composición das Comisións Informativas das que o pacto de lexislatura oculto entre o PP co PSOE marxinou ao BNG, e non por iso deixamos de acudir. Si o BNG non acudiu á reunión co catastro é porque foi excluído anti-democráticamente polos partidos governantes e non teñen escusa ningunha desde o punto de vista da legalidade e da lexitimidade.
O BNG está de acordo cos veciños afectados en incluír a técnicos de recoñecido prestíxio que axuden a buscar saídas que sirvan para corrixir as sobrevaloracións. A exclusión dos técnicos externos da Comisión creada obedece ao interese do PP-PSOE de volver a escudarse en tecnicismos para non resolver o problema. Que medo poden ter aos técnicos senón é a que lle desmonten os seus argumentos?.
Isto é un signo claro da falla de vontade de traballar en prol dunha solución.
O BNG considera que a ameaza de excluír aos afectados da Comisión do Catastro é o colmo do autoritarismo e por enriba faise en nome do diálogo e a negociación. Que clase de diálogo defenden os que deciden prescindir dunha das partes?.
A suspensión das protestas non pode ser unha condición prévia senón unha consecuéncia de que exista diálogo e ata agora só houbo monólogo e oídos xordos por parte dos grupos no poder. A intransixencia e a cerrazón na que están instalados o PP eo PSOE non favorece nada o abandono das mobilizacións. Eso é querer dar-lle a volta á realidade: o problema do IBI non é por culpa de estar encerrados no Concello senón que é ao revés: o encerro é por culpa da existencia do problema do IBI e da ausencia de canles para tratar de solucionalo (lembremos a supresión do pleno ordinario de decembro). Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |