Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Entrevista a Raquel López Doce, Candidata ao Senado por Pontevedra   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Luns 01 de Marzo de 2004 - 00:00

Raquel López Doce, Concelleira do BNG da Estrada desde as pasadas eleicións municipais e vice-responsábel comarcal da organización, afronta un novo reto na súa traxectoria política ao ser nomeada polo Consello Nacional do BNG como Candidata ao Senado por Pontevedra, apostando decididamente pola presenza destacada de representantes das comarcas do rural, ademáis de pola muller e a renovación.

Raquel López Doce, Candidata ao Senado por Pontevedra
"Imos defender a permanencia do Réxime Especial Agrario da Seguridade Social, e paralizar a integración no de Autónomos que iniciou o PP (co apoio do PSOE e de IU) na última lexislatura e instar á súa mellora e equiparación en prestacións co réxime xeral"

Na túa curta, pero intensa, actividade municipal afrontaches retos como a pertenza á Comisión Municipal de Urbanismo que elaborou o novo PXOM, que está en fase de estudio, tamén a pertenza as comisións de Cultura, Persoal, Servizos Sociais e Muller, que pensas que podes aportar nunha Cámara tan devaluada como é o Senado?.

Tes razón ao referirte á “devaluación” do Senado, porque o PP e o PSOE tanto coas súas actuacións, ou máis ben coa falta delas, coma coas candidaturas que veñen apresentando a esta Cámara, que parece o destino que lle dan a aquelas persoas que con certo peso na política pública “caeron en desgracia” nos seus respectivos partidos, ou xa non están en plenitude de facultades; foron conformando a idea de que o Senado é un “retiro honroso”, un lugar no que non hai case que facer. Isto reflícteo perfectamente a pregunta que o outro día me facía, de xeito informal, un xornalista ¿que vas facer ti no medio de tantos vellos? Contéstoche o mesmo ca a el. O BNG é unha forza política distinta, está para actuar, para cambiar ou tratar de cambiar o que funcional mal, e con ese mal funcionamento nos prexudica. O BNG vai traballar a prol de que a Cámara Alta se converta, ao fin, na Cámara Territorial do Estado que é a súa verdadeira función. Cando se elaborou a Constitución Española –CE- vixente, sinalouse esta (ser a Cámara de Representación Territorial) como primeira función para o Senado, se ben dado que o propio deseño territorial (o Estado das Autonomías) tamén se perfilaba na mesma CE e non dun xeito totalmente pechado, quedou pendente o seu desenvolvemento. Está constituída unha “Comisión Para a Reforma do Senado” desde hai varias lexislaturas, pero dado que as reformas implican cambios no texto constitucional, e o modelo de Estado que defenden o PSOE e o PP ten un caracter totalmente centralista, o debate paralizouse, sobre todo desde 1999, desde que o PP goberna con maioría absoluta. As modificacións que imos defender os e as representantes do BNG son basicamente as referidas a modificar o tipo de leis que teñen que iniciar a súa tramitación nesta Cámara, a necesariedade de que os Senadores das Comunidades Autonomás –CA- emitan informes preceptivos o inicio do trámite de leis que nos vaian afectar, o dereito de veto cando unha lei en trámite lesione os intereses da CA, no noso caso de Galiza, a posibilidade de presentar recursos de inconstitucionalidade, etc., así como cambios na composición do Senado, coa modificación do sistema de elección dos e das Senadoras e das circunscripcións electorais. Isto so en canto á función de Cámara de Representación Territorial, ademais está todo o resto do traballo que para simplificar ven a ser o mesmo ca o que se desenvolve na Cámara Baixa, o Congreso.

Desde 1996 falouse de Galiza na Cámara Baixa, xa se fala de Galiza no Senado, da man de Anxo Quintana, Senador de designación Autonómica, pero, falarase da Estrada e da súa Comarca?.

Si, sen dúbida. Desde 1996 que o BNG ten representación nas Cortes, véñense presentando iniciativas por parte dos actuais Deputados Francisco Rodríguez, Carlos Aymerich e Guillerme Vázquez, ademáis de Anxo Quintana no Senado; por exemplo enmendas aos Orzamentos Xerais do Estado referidas á Estrada, coma a da inclusión da circunvalación á N-560. A presenza do BNG en Madrid garante a defensa dos nosos intereses, pero que dúbida cabe que me gustaría facelo en primeira persoa e que A Estrada conte con representación propia nesta Cámara. O primeiro paso para resolver un problema e poder estar alí para poder plantexalo e espero acadar os votos necesarios para presentar coa voz propia iniciativas a prol da Estrada, da Comarca e de Galiza.

A Estrada e a súa comarca é unha zona, cuxa actividade máis importante é a relacionada co Sector Agrario, cales son os aspectos que sinalarías como máis importantes do programa do BNG para este sector?.

Hai numerosas medidas que desde o BNG imos plantexar e defender en Madrid referidas especificamente ao agro, dirixidas todas elas a potenciar a agricultura e gandería e, a permitir unha calidade de vida digna para os e as labregas, por exemplo: Promoveremos que se estabelezan sistemas de axudas que potencien o desenvolvemento rural, que apoien de xeito directo ás explotacións e tamén que apoien a actividade económica no rural. Tamén imos instar a modificar a Lei de Explotacións Agrarias Prioritarias, para que se inclúan as explotacións familiares galegas e teñan acceso aos beneficios que esta cualificación outorga. Imos defender a permanencia do Réxime Especial Agrario da Seguridade Social, e paralizar a integración no de Autónomos que iniciou o PP (co apoio do PSOE e de IU) na última lexislatura e instar á súa mellora e equiparación en prestacións co réxime xeral. Defenderemos a condonación de sancións por sobreproducción na cota láctea e a redistribución de cotas a nivel europeo de xeito que se poña fin á especulación xerada coa compra-venda de cota, etc.

Outras das actividades importantes na nosa vila é o comercio, que ultimamente está sendo moi maltratado polos governos centrais e autonómicos do PP, cales son as prioridades do BNG neste aspecto?.

Imos impulsar a adopción de medidas que axuden a preservar o tecido comercial propio e potencien o seu desenvolvemento, nós apoiamos ao comercio tradicional fronte ao modelo das grandes superficies e para iso é preciso articular medidas de apoio desde as Administracións públicas, como establecer outra regulación de horarios, promover a equiparación das comisións por o pagamento con tarxeta, promover campañas que fomenten os hábitos de consumo no comercio tradicional, etc.

Un dos temas que quizais máis preocupen aos galegos é o caras que andan as vivendas, como modificaría esa tendencia o BNG?.

É preciso un cambio de política de vivenda, nos últimos anos, co apoio lexislativo do PP, a vivenda converteuse nun ben especulativo, nun obxecto para o investimento, con incrementos nos prezos de máis do 20 % anual. O feito de que o Goberno municipal da Estrada aprobara unhas bonificacións no IBI do 90 % para as promotoras é un claro exemplo desta política. A vivenda é un dereito básico recoñecido constitucionalmente. Imos instar modificacións na lexislación nesta materia e tamén esixir unha maior coordinación entre o Goberno do Estado e as Comunidades Autónomas para que os Plans de Vivenda sexan eficaces e este dereito se faga efectivo, non so no referido ao acceso á vivenda en propiedade, senón que tamén instaremos a creación de parques de vivendas públicas en réxime de aluguer.

O BNG foi o único partido que se votou en contra do Pacto de Toledo (Pacto das pensións), porque supoñía unha regresión brutal das prestacións sociais e da súa xestión, que pensa o BNG desta situación e como a remediaría?

Si, foi significativo que o BNG quedara so, e ademais que trataran de facerlle crer á opinión pública que era un acordo bo e necesario. Nin PSOE nin IU nin outras forzas políticas que se din de “esquerdas” trataron de buscar os mecanismos para reforzar o Sistema Público de Protección Social, apelando a unha suposta “crise do sistema” aprobaron unha serie de medidas (ampliación dos anos para o cálculo das pensións, endurecemento e rebaixa para o acceso á xubilación anticipada, modificacións nos complementos a mínimos, as medidas para a “flexibilización” do mercado laboral, a supresión do R.E. Agrario, etc.) que globalmente supuxeron unha rebaixa nas novas pensións; a pensión mínima segue lonxe do SMI, xa non digamos as do antigo SOVI e as non contributivas. Pode vivir alguén con 276 € ao mes? Eu coido que non. Máis cando o superávit da Seguridade Social se desvía en gran parte para afrontar outros gastos públicos en aras do “equilibrio orzamentario” e o déficit cero. Os e as representantes do BNG nas Cortes propómonos modificar isto.

Para rematar, que pensas dos anuncios de ambos os dous partidos estatais, PP e PSOE, de rabaixar o Imposto da Renda, non pensas que son declaracións para a galería, que os baixan por un lado e os incrementan notabelmente polo outro?

Parece que o PP e o PSOE participan nun concurso de haber quen rebaixa máis o IRPF, independentemente de quen teña a presidencia do Goberno do Estado, é probable que se produzan novas rebaixas neste imposto, pero é totalmente falso que os cidadáns paguemos menos impostos. Cada rebaixa no IRPF, que é un imposto directo e proporcional sobre os ingresos que temos cada un de nós, supón un incremento inmediato de impostos indirectos que todos pagamos na mesma contía independentemente da renda da que dispoñamos cada un (sobre as gasolinas, gas, electricidade, alcol, tabacos, etc.) e o que é máis grave por un lado prodúcese un deterioro nos servicios públicos básicos (sanidade, ensino, servizos sociais, prestacións sociais, etc.) e por outro obriga ás demais administracións públicas a subir os impostos, caso dos concellos co IBI, o Imposto de Vehículos, as tasas de auga e lixo, etc.; ou a criar outros novos coma o polémico “céntimo nas gasolinas” que o pasado ano aprobou o Goberno da Xunta. En definitiva con esta política a cidadanía paga máis impostos ao cabo do ano, dunha maneira menos xusta, e con cada vez piores servizos públicos. O BNG vai defender un cambio radical da política impositiva, ademais de promover un incremento das achegas da administración central para o financiamento das competencias que as nosas administracións teñen asumidas, para acadar uns servicios públicos de calidade e evitar que a presión fiscal siga aumentando.


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal