Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O BNG responde ao Sr. Gómez, Concelleiro de Facenda de Lalín   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Xoves 19 de Agosto de 2004 - 00:00

Logo das declaracións que o Concelleiro de Facenda de Lalín, o Sr. Manuel Gómez Estévez, fai ao diario La Voz de Galicia, o BNG quer manifetar o seguinte:

A intervención do Sr. Gómez parécenos unha grave e ineceptábel inxerencia, coas súas opinións acerca da solución que os estradenses, e a súa Corporación Municipal soberana, lle acaba de dar a un problema particular da Estrada que só nos afecta aos e ás estradenses.

Trátase dunha actitude sen precedentes, a dun membro do grupo de goberno dun concello veciño pondo en cuestión e querendo influír nas decisións doutra Corporación Municipal. A este respecto, desde o BNG advertímoslles que non imos consentir que o PP queira teledirixir desde Lalín a política municipal da Estrada, algo que, a teor destas actitudes, parece que desexan, e non con boas intencións, polo que A Estrada é e representa. Que saiba o sr. Gómez que os problemas dos estradenses temos que resolvelos nós mesmos e non aceptamos que ninguén de Lalín, nin de concello outro ningún, nos veña a dicir o que temos que facer.

Desde o BNG facemos un chamamento ao PP e ao PSOE para desmarcarse e descualificar a declaracións do Concelleiro de Facenda de Lalín.

Alén destas consideracións, as declaracións do concelleiro de Facenda lalinense están cheas de inexactitudes, o cal non o deixa en moi bo lugar pois demostra estar moi pouco ao tanto das cuestións de facenda local:

Primeiramente o sr. concelleiro eríxese en xuíz e declara sen empacho que o acordo é ilegal. Que se saiba, nestes momentos o acordo aprobouse por maioría de votos afirmativos polo Pleno da Corporación Municipal e segue o seu curso legal para a súa publicación no BOP. Quizá confunda o sr. concelleiro a “legalidade” cos informes técnicos. Nese caso, a súa pretendida actitude de “xuíz” ou maxistrado móstrase moi pouco ecuánime, pois os mesmos informes contrarios obraban no expediente polo que se lle aplicou unha bonificación xeneralizada aos inmóbeis do rural estradense e, de aquela, non se lle oíu a súa voz. Non estamos nestes momentos, pois, ante un problema de “legalidade” senón de cumprimento de acordos plenarios que, no seu momento, a Corporación Municipal da Estrada aprobou por unanimidade de “aplicar medidas correctoras”. Por certo que, cando si houbo ilegalidades decretadas por quen as ten que decretar (naquel caso o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza mais o Tribunal Supremo de Madrid) a respecto de infraccións urbanísticas cometidas polos seus compañeiros de partido na Estrada, o sr. concelleiro lalinense non abriu a boca,o cal tamén demostra a súa actitude partidista neste asunto.

En segundo lugar, o sr. Concelleiro parece tocar de oídas cando afirma que na Estrada se vai aplicar unha bonificación. O que a semana pasada se aprobou na Estrada foi a introdución dunha disposición adicional transitoria á ordenanza fiscal do IBI para dar cumprimento aos acordos tomados e corrixir os excesos tributarios que os estradenses estamos pagando debido á sobrevaloración dos valores catastrais dos nosos inmóbeis, demostrados por un estudo pericial aprobado por unanimidade pola Corporación Municipal. Trátase pois dunha medida compensatoria e provisoria de redución da cantidade final a pagar, en tanto non se corrixan as sobrevaloracións. Trátase, en definitiva de facer xustiza, de devolverlles aos cidadáns o roubado. Polo visto, isto ao sr. concelleiro non lle parece “legal”, mais si que os veciños da Estrada paguen polo que non teñen.

Aínda que neste caso non se trate dunha bonificación como o sr. Gómez afirme, tampouco é certo que como el di “a lei estabelece que non pode haber ningún tipo de bonificación na zona urbana”. Recomendámoslle ao sr. Concelleiro que estude ben a Lei, pois o que di é totalmente falso e pon de manifesto que non parece estar moi capacitado para desenvolver as responsabilidades que ostenta.

Así mesmo, resulta moi significativo que estas declaracións coincidan coa argumentación da entente PP-PSOE estradense, quen no seu momento empregaron as mesmas argumentacións que as do Sr. Gómez e mesmo declararon que sería o Concello de Lalín o primeiro en saír en contra do acordo de modificación da ordenanza fiscal do IBI. Perante estes feitos, non semella descabelado pensar que existe unha estratexia conxunta PP-PSOE para intentar botar abaixo o acordo plenario, sen teren a valentía política de rexeitalo cos seus votos en contra, agachándose nunha abstención á espera de poder manobrar de costas ao Pleno da Corporación Municipal e á veciñanza estradenses facendo apelacións a que outros organismos externos interveñan no asunto. Neste sentido, as declaracións do sr. Gómez serían o pistoletazo de saída desta estratexia.

Perante estes feitos, desde o BNG facemos un chamado á entente PP-PSOE a desmarcarse e descualificar estas declaracións, así como a deixar de instar a organismos dependentes das administracións que gobernen (sexan do goberno central ou do autonómico) a que interveñan nun acordo que non perxudica nin beneficia a ninguén senón que só arbitra mecanismos transitorios –até que se corrixa a sobrevaloración— para impedir unha nova inxustiza: que os veciños do casco urbano da Estrada estean pagando en base a uns valores sobredimensionados.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal