Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O Alcalde de Lalín tamén ten algo que dicir sobre o IBI da Estrada   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Sábado 28 de Agosto de 2004 - 00:00

Como non podía ser doutro xeito o Alcalde de Lalín, o Sr. Crespo, tamén terciou na polémica sobre o acordo adoptado polo Pleno do Concello para darlle unha solución ao problema causado polas sobrevaloracións catastrais e por extensión polo IBI. Nas súas declaracións o Sr. Crespo di que o acorodo adoptado é “atípico”; desde logo que si, é atípico que o acordo se acade só cos votos favorabeis do BNG, tres de 21, é atípico que o PP, que conta con maioría absoluta, se abstivera na votación logo de comprometerse a “medidas correctoras oportunas equivalentes á aplicación dos coeficientes reductores ata a entrada en vigor da nova Ponencia de Valores Catastrais”; é atípico que o PSOE, primeira forza da oposición se absteña igualmente e apoie ao PP no rodillo abstencionista, obviando os problemas dos veciños.

Logo deste rosario de declaracións desde o Concello de Lalín, o BNG confía en que, ao se tratar dun acordo cabal, que cumpre o mandato unánime corporativo de aplicar medidas correctoras aos recibos do IBI do casco urbano e que, por tanto, non prexudica a ninguén, senón que, pola contra, corrixe unha inxustiza manifesta que os veciños da Estrada padecen desde o ano 1996, os motivos políticos partidarios do PP e o PSOE estradenses, directa ou indirectamente, ou por medio das administracións que gobernan, deixen de alentar a presentación de recursos e se absteñan de impedir que se lle dea unha solución a un conflito que, no momento presente, non ten outra saída que a que lle acaba de dar a Corporación Municipal da Estrada.

Aínda sendo inoportunas e inaceptábeis, por continuar na liña de inxerencia nos asuntos do noso Concello, o BNG coincide en certa medida coas apreciacións do alcalde de Lalín sobre o acordo do IBI. Concordamos con Crespo en que o acordo é atípico, non pola súa oportunidade e a súa presunción de legalidade, que as ten, senón cando se refire ao papel xogado polos seus compañeiros de partido na Corporación Municipal da Estrada, en compañía dos concelleiros do PSOE, ao adoptaren a postura da abstención –e non pola ausencia do noso portavoz, Gonzalo Constenla, que por ser o seu mes de vacacións, nunca asistiu aos plenos da Corporación Municipal no mes de agosto.

É efectivamente atípico que un goberno municipal, como o do PP da Estrada, poña unha venda diante dun problema, primeiro o negue, despois amague con darlle solución e finalmente opte por cruzarse de brazos e manter un postura pasiva, como se non fosen eles os que definitivamente o tivesen que executar. É tamén atípico que un dos partidos da oposición, o PSOE, abandone as súas funcións como tal e forme unha entente co partido do goberno para facerlle oposición aos veciños e ao BNG. E tamén é atípico que a verdadeira oposición na Corporación Municipal da Estrada, o BNG, teña primeiro que facer o seu papel de oposición, alertando sobre o problema, propoñendo solucións e canalizando a maioritaria reivindicación veciñal e logo se vexa na obriga de asumir tarefas de goberno, tomando o acordo final en solitario e mesmo tendo que defendelo dos ataques dos outros dous grupos, PP e PSOE, verdadeiramente descolocados na súa función de goberno e oposición respectivamente.

Desde unha postura diplomática, pero que non deixa de ser inxerente, o alcalde de Lalín recoñece en certa medida a soberanía das respectivas Corporacións Municipais para tomar os seus acordos e non cae na torpeza e ignorancia dos seus concelleiros de Facenda e Urbanismo ao se erixiren en xuíces dunha causa que non é a súa.

Desde o BNG esperamos que estas atenuadas declaracións representen a fin das inxerencias externas nos acordos soberanos da Corporación Municipal da Estrada porque todas elas propician a creación dun ambiente de hostilidade entre a veciñanza estradense cara a un Concello veciño e amigo como é o de Lalín, a causa da insolencia e a irresponsabilidade duns concelleiros que, cando menos neste asunto, non cremos que representen o sentir maioritario dos lalinenses.

Finalmente, e tras a publicación da modificación da ordenanza no BOP, desde o BNG confiamos en que, ao se tratar dun acordo cabal, que cumpre o mandato unánime corporativo de aplicar medidas correctoras aos recibos do IBI do casco urbano e que, por tanto, non prexudica a ninguén, senón que, pola contra, corrixe unha inxustiza manifesta que os veciños da Estrada padecen desde o ano 1996, os motivos políticos partidarios do PP e o PSOE estradenses, directa ou indirectamente, ou por medio das administracións que gobernan, deixen de alentar a presentación de recursos e se absteñan de impedir que se lle dea unha solución a un conflito que, no momento presente, non ten outra saída que a que lle acaba de dar a Corporación Municipal da Estrada.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal