Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

A Delegación do Goberno presenta un requerimento contra o acordo do IBI   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Martes 14 de Setembro de 2004 - 00:00

A “entente cordiale” do PP-PSOE e que o BNG denunciaramos días atrás, púxose de manifesto logo de que a Delegación do Goberno, que está en mans dos “socialistas” desde as pasadas eleccións xerais, presentara un requerimento ante o Concello para que tome as medidas oportunas e retire o Acordo do IBI que bonifica cun 37,5% todos os inmobeis da vila.

Unha vez máis ponse de manifesto a coincidencia de pareceres e polo que se ve de estratexias para dinamitar un Acordo que beneficia a todos e todas, e que desde un primeiro momento ambos partidos non querían adoptar, pero logo da presión dos viciños e viciñas, que loitaron por unha cousa que eles –pero tamén o BNG- consideraron xusta, mudaron a súa inicial oposición nunha tímida abstención, xa que, temos que lembrar, que o Acordo do IBI só foi posíbel cos únicos votos favorabeis do BNG.

No BNG nunca entenderemos porqué o PSOE mudou de bando, pasando de estar de lado dos viciños a estar ao lado do PP; nunca entenderemos porqué o PSOE lle fai o traballo suxo ao PP, como queda demostrado logo de que a Delegación presentara este requerimento; nunca entenderemos como un partido que se di -con certa facheda- progresista e de “esquerdas?” e logo á hora da verdade ignora o problema do IBI e vota a favor da súa subida, que repercutiu en toda a vila da Estrada, tamén nos seus votantes que é de esperar tomen boa nota da deriva hacia a dereita que está a tomar o PSOE na Estrada.

No BNG estudaremos o requerimento da Delegación do Goberno con calma, reservándonos unha valoración máis polo miudo para os próximos días, pero chama poderosamente a atención que a Delegación do Goberno non se tome as mesmas molestias cando neste mesmo Concello se teñen cometido infraccións e ilegalidades de todo tipo (urbanismo, oposicións, etc), que só benefician unhas poucas persoas ou a uns intereses moi determinados (económicos, políticos, etc).

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal