Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Contestación ao PP-PSOE   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Venres 17 de Setembro de 2004 - 00:00

No BNG entendemos que atender ou desestimar o requirimento realizado pola Delegación do Goberno para a anulación do acordo de modificación da Ordenanza do IBI é unha decisión política que ten que adoptar a Corporación Municipal da Estada, e polo tanto entendemos que o requerimento da Delegación do Goberno debe ser desestimanda, primeiro, por un defecto de forma que no admite dúbidas, e segudo, porque o requerimentonon indica que se adoptase un acordo ilegal, senón que sinala que “o acordo non se adecúa claramente á lei”, polo que se evidencia que a Delegacion do Goberno fai unha interpretación do acordo, evidentemente contraria aos intereses da veciñanza estradense.

No BNG consideramos que os “ataques” e descualificacións persoais realizados onte polo Sr. Espiño, ademais dun sinsentido que non merecen nin sequer contrarrestar, non fan máis ca evidenciar a falta de argumentos para defender a postura que, no tema do IBI especialmente, ten o seu grupo político

Declaracións do PP-PSOE na prensa de hoxe
Máis declaracións á prensa de hoxe

O Consello Local do BNG da Estrada, diante das declaracións realizadas polo PP e polo PSOE no día de onte e que hoxe recolle a prensa local, quer facer as seguintes consideracións:

- Atender ou desestimar o requirimento realizado pola Delegación do Goberno para a anulación do acordo de modificación da Ordenanza do IBI é unha decisión política que ten que adoptar a Corporación Municipal da Estada. Desde o BNG entendemos que deberá ser desestimado, ademais de porque adoece dun defecto de forma (ao non terse presentado en prazo) porque non indica que se adoptase un acordo ilegal, senón que sinala que “o acordo non se adecúa claramente á lei”, polo que se evidencia que a Delegacion do Goberno fai unha interpretación do acordo, evidentemente contraria aos intereses da veciñanza estradense, interpretación que parece comparten de pleno os grupos do PP e do PSOE estradense.

- No BNG somos plenamente conscientes de que estes dous grupos comparten unha posición de negativa á posible solución transitoria ao problema do IBI (a definitiva pasa pola aprobación da nova Ponencia de Valores). Esta posición evidénciase coas manifestacións do Sr. Arca (indicando que aínda que o requirimento se fixera fóra de prazo hai que atendelo) e a reiteración do Sr. Espiño de que o seu grupo non apoia medidas que tilda de ilegais, plantexando agora que a solución e unha hipotética revogación parcial. No BNG somos conscientes de que este non ha ser o último obstáculo para a aplicación da modificación da Ordenanza. Se ben consideramos que a aplicación efectiva da redución transitoria é totalmente viable, non esquecemos que é precisa a implicación do Grupo de Goberno Municipal. Os representantes do BNG no Concello da Estrada non cesarán en facer todo o posible para que o problema das sobrevaloracións catastrais teña unha solución inmediata.

- Se o PSOE consideraba a revogación como solución ao problema do IBI, por que non presentou a proposta no seu momento? Por que non a defendeu no Pleno do 9 de Agosto? Se realmente creran nela como solución podían tela presentado e aprobado. Ninguén, agás o BNG, levou ao Pleno outra alternativa.

Por último, cómpre sinalar que a “estratexia” do PP témola clara tanto o BNG coma os veciños e veciñas da Estrada; a que non chegamos a entender é a postura do PSOE. Non entendemos porque continúan a apoiar ao Grupo de Goberno en contra dos intereses veciñais. Ou é que a postura do PP non sería outra se a oposición actuara de xeito conxunto apoiando as reivindicacións veciñais? Ou trátase de que o PSOE entende que as tarefas de goberno, ás que aspira, implican ir en contra dos intereses veciñais?.

Esta posición crítica que desde o BNG mantemos é contra da sua liña política, nunca contra situacións ou cuestións persoais, pois todos os cidadáns, incluídos os concelleiros, militantes e simpatizantes do PSOE estradense, nos parecen dignos de respecto. Así pois, non imos contestar as descalificacións persoais feitas polo sr. Espiño cos seus mesmos métodos, senón que só entramos a valorar, no exercicio da nosa liberdade de expresión, as actitudes políticas dos outros grupos municipais.

Consideramos que os “ataques” e descualificacións persoais realizados onte polo Sr. Espiño, ademais dun sinsentido que non merecen nin sequer contrarrestar, non fan máis ca evidenciar a falta de argumentos para defender a postura que, no tema do IBI especialmente, ten o seu grupo político e, neste caso, cuestións coma as declaracións en contra de que os Concellos fixen os seus tributos, que vai directamente contra a potestade autorganizativa e autonomía das entidades locais.

Para rematar, o BNG fai un chamamento sincero ao Grupo Municipal do PSOE a que se desmarque do PP e se poña a carón dos veciños. E ao PP, un compromiso firme cos acordos adoptados pola Corporación estradense e os veciños e veciñas.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal