Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Por fin!!!   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Malo Bo
Mércores 20 de Outubro de 2004 - 00:00

O BNG quer expresar a súa satisfaccion pola publicación no BOP da modificación definitiva da ordenanza do IBI, que malia aos atrancos que surdiron ao longo destes dez meses, os viciños e viciñas da Estrada, verdadeiros protagonistas desta historia, mantiveron unha actitude cívica e reivindicativa e que non depuxeron a súa firmeza a pesares das ameazas, dos sinsabores e dos inconvintes causados, grande parte sufridos en carne propia, xa que foi moito o esforzo que tiveron que facer para chegar ao final que agora felizmente se materializou.

Agora a pelota está no tellado do PSOE, a través dos seus representantes gobernativos, que esperemos non utilicen a maquinaria gubernativa, que agora está nas súas máns, para frear unha solución xusta, non discriminatoria (equipara aos viciños do rural cos da vila) e desexada polos viciños e viciñas da vila da Estrada, que saben perfectamente que esta é unha solución transitoria até que haxa unha nova ponecia de valores que se axuste á realidade

Tras a publicación no BOP da aprobación definitiva da modificación da ordenanza do IBI da Estrada, pola cal se materializan os acordos plenarios que emanaron do compromiso unánime da Corporación Municipal rubricado no pleno do mes de febreiro nos que se comprometía á aplicación de medidas correctoras alternativas en caso de que a Xerencia Territorial do Catastro non modificase a sobrevaloración da estimación catastral urbana na Estrada, o BNG quer mostrar a súa satisfacción por que, pese a todos os atrancos, finalmente a Corporación Municipal se mostrase á altura das circunstancias --aínda que o acordo só contase cos votos favorábeis do BNG--, cumprise co acordo ao que se chegou cos veciños e axudase a paliar, aínda que transitoriamente, unha inxustiza manifesta como é a sobrevaloración xeral no casco urbano da Estrada.

Así mesmo, o BNG quer felicitar a actitude cívica e reivindicativa de todos veciños da Estrada quen, ben apoiando coa súa sinatura, coa súa presenza nas manifestacións e plenos e, sobre todo, a todos aqueles que fixeron o grande esforzo persoal de permanecer no peche durante varios meses e que non depuxeron a súa firmeza a pesar das ameazas, os sensabores e os incovenientes causados, foron os verdadeiros protagonistas desta vitoria que agora se debe materializar nos recibos do exercicio económico 2004.

Por outra banda, o BNG confía en que, despois de que a Institución Municipal lle puxese solución a un delongado conflito e reparase parcialmente a inxustiza que sofren os contribuíntes estradenses de teren sobrevaloradas as súas propiedades, os partidos políticos que gobernan as institucións do Estado, nomeadamente o PSOE a través da Delegación do Goberno central en Galiza, non caia na tentación de reabrir o conflito, enfrontarse co Concello e, sobretodo con todos os veciños da Estrada, por intereses partidistas. A partir deste momento, e unha vez que o Concello solucionou o problema, a pelota está no tellado do PSOE, a través dos seus representantes gobernativos. Eles deben saber que esta solución transitoria e provisional responde a un problema creado pola propia administración do Estado a través da Xerencia Territorial do Castastro (Ministerio de Facenda), co consentimento do Alcalde da Estrada, ao aprobar unha Ponencia de Valores desastrosa. Por tanto, non deberían caer na tentación de querer abortar a solución sen antes resolver a causa do problema, que é da súa total responsabilidade. Facelo sería unha total irresponsabilidade, un desafío ao pobo da Estrada e unha mostra de venganza política. Nas súas mans está demostrar que gobernan, isto é solucionan os problemas e non crean novos, e non empregan as institucións para facer política partidista.

Finalmente, o BNG cre que, tras a emisión dos recibos coas reducións aprobadas, cómpre retomar, a través da Comisión Municipal de Estudo das Sobrevaloracións Catastrais, a encomenda do Pleno da Corporación Municipal da Estrada, e, partindo do traballo exploratorio técnico que demostrou a sobrevaloración xeralizada no casco urbano, comezar a elaborar unha proposta de nova Ponencia de Valores co fin de ter rematados os traballos en canto se produza a aprobación definitiva do PXOM para que se lle dea solución definitiva ao asunto solucionando a verdadeira orixe do problema, isto é, a sobrevaloración xeralizada das unidades catastrais da Estrada.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

Vídeos
raquel_google.jpg
Visualiza os vídeos da campaña electoral

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal