Venres 15 de Decembro de 2000 - 00:00
O Governo Central ven de modificar unilateralmente a regulación
do comércio minorista no verán pasado, ampliando
a 90 horas o horário de apertura semanal, a 12 domingos
e festivos de apertura anual progresivamente, e liberalizando
totalmente os horários dos establecimentos comerciais
de menos de 300 m2.

Centro da Vila de A Estrada. Praza da Farola
|
Do ponto de vista competencial, o Governo arroga-se unilateralmente
a potestade de fixación de horários comerciais,
cando fora atribuida de maneira conxunta ás Comunidades
Autónomas. Esta actuación constitúe unha
vulneración das competéncias exclusivas da Xunta
de Galiza en matéria de Comércio Interior, de
xeito que, o Governo galego ten a obriga de defender o seu
ámbito competencial e os intereses dos comerciantes
galegos, empregando os mecanismos que pon ao seu alcance o
ordenamento xurídico -recurso de incostitucionalidade
e conflito de competéncias.
Cumpre por de manifesto que, lonxe de responder ás
motivacións liberalizadoras e de fomento da competéncia
aducidas polo Governo, as medidas urxentes de intensificación
da competéncia nos mercados de bens e servizos responden
exclusivamente á intención de favorecer as grandes
superfícies da distribución comercial, en perxuizo
dos pequenos comerciantes e dos direitos dos consumidores
(boa proba diso é a situación da distribución
dos carburantes e outros produtos enerxéticos en rexime
de oligopólio) como aos produtores (que tamén
se acredita nas práticas abusivas das grandes superfícies
comerciais con estes na actualidade). Ademáis, adopta-se
a liberalización dos horários comerciais sen
que o principal afectado, o pequeno comércio, teña
reclamado a liberalización para competir coas grandes
cadeas de distribución comercial, senón ao comtrário,
eran estas as que advogaban pola maior apertura mentres os
pequenos comerciantes opoñen-se frontalmente á
mesma.
|
Iniciativas
do BNG
Vistas
as graves consecuéncias que a aplicación deste decreto
vai ter para o comércio estradense, cuxos representantes
asociativos xa se manifestaron en contra, o BNG mantivo
un encontro con este sector co fin de intercambiar información
e apresentar iniciativas. Estiveron presentes a Concelleira
Maribel Ruiz Ferro e os Deputados Guillerme Vázquez
e Olaia Fernández Davila. Así mesmo o BNG demadou no
Parlamento de Galiza "Negociar co Governo Central,
de acordo coa Lei de Comércio Interior do Estado, que
os horários comerciais na Galiza, apartir do ano 2001,
non excedan dos que até agora estaban estabelecidos";
o PP votou en contra
|
As grandes superfícies son tamén as benficiadas
pola posibilidade de practicar descontos, sen límite,
no prezo dos libros de texto; medida que pon en perigo a supervivéncia
doutra rama do comércio minorista, que é a das
librarias especializadas.
Finalmente, está-se a promocionar o traballo dominical,
en contradición con actuacións concretas noutro
sentido do próprio Governo: redución da xornada
laboral, maior conciliación da vida laboral e familiar.
Que sentido teñen agora esas políticas cunha
maior apertura dos comércios, onde traballan moitas
persoas ás que se lles dificulta a conciliación
da sua vida laboral e familiar?. |