Martes 09 de Novembro de 2004 - 00:38
Como de costume, ao chegar final de ano, o noso Sr. Alcalde, D. Ramón Campos, vaise de "vacacións", pagadas cos cartos de todos e todas, por suposto, e vaise... a que non o adiviñades?, certo, vaise de novo a Argentina, coa excusa de levarlle unha axuda de 4.000 euros ao "Centro Cultural del Partido de la Estrada" en Buenos Aires, pero xa sabemos todos que o fondo da cuestión son os seus negocios e o rendimento electoral que fai da visita.
No BNG como é natural non nos opoñetemos, todo o contrario, a que se axude aos emigrantes, estén istos en Argentina, Cuba, Brasil ou onde sexa, pero o que non é de recibo, e así o perciben a meirande parte dos viciños e viciñas das Estrada é que todos os anos se subvenciona ao Centro Cultural de Buenos Aires, como si os demáis estradenses na diáspora non tiveran direito a esa axuda, xa que ese debía ser o criterio, ou así o entende o BNG, abrir ao resto dos centros culturais, mediante unha convocatoria pública, a posibilidade de acollerse a estas axudas. Como dixemos a excusa é levarlle a axuda de 4.000 euros, pero para iso non fai falla pasarse 21 días, a conta dos viciños (insistimos), unha simple transferencia resultaba infinitamente máis barata que os case 6.000 euros que se vai gastar o Sr. Alcalde. No é de recibo que se despilfarren así os cartos (falamos dos gastos da viaxe, non da axuda) e que logo determinados sectores que reclaman a súa axuda para dinamizar a vida económica da vila, diga que non ten cartos por culpa do acordo do IBI
Pero si é moito o que se vai a gastar en 21 días de viaxe por Argentina, o que é dramático e que se vai gastar máis do que leva en axudas, 4.000 euros, dos cales 2.000, inicialmente eran para o Centro Estradense en Venezuela, pero como a Venezuela non pode ir, decidiu levarlle todo ao "Centro Cultural del Partido" en Buenos Aires. En fin todo moi transparente e moi democrático.
Estas son as contas
| Aloxamento |
2.738,82 |
| Manutención |
1.460,48 |
| Viaxe |
1.779,87 |
|
|
| Total |
5.979,17 |
|
|
| Axuda |
4.000,00 |
|
mais claro auga Escrito por Visitante en 2006-01-24 21:55:23 iso mesmo o que dixo o anterior | xa ta ben de gaiteiradas Escrito por Visitante en 2005-04-27 18:35:05 digo xa ta ben de gaiteiradas por que sempre tamos co mesmo si obng,nonfai si opse,non fai si o pp fai menos.Señores meus deisense de tanto dixome dixome e empecemos a falar e facer algo pola nosa vila que en tempos que estamos tiñamos que ter un mercado laboral pra os maduros e mais pra os nosos fillos,que non teñen onde petar.Mirade LALIN SILLEDA CARALLO XA e a estrada xa nin con mallusculas se pode escribir por que e un pobo morto gobernado por uns cuantos caciques esperemos que morran de contado pra poder levantar o noso pobo.E eu velo con ven cullons ostia non facedes nada ningun ,moito conto,que cidade dixital que o moble que o carallo mamons de merda facede algo duna puta vez . |
Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |