Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O BNG demanda a mellora das instalacións deportivas do Concello   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Sábado 22 de Xaneiro de 2005 - 17:02

O BNG presenta unha moción, que se discutirá no próximo pleno, no que demanda que se melloren e amplíen as zonas deportivas do noso Concello, como por exemplo a reconstrucción da pista de atletismo do campo de futbol da Baiuca; tamén solicita nesta moción que se mellore o acceso ás citadas instalacións, así como a adecuación das mesmas para que se poida desenvolver unha actividade deportiva con seguridade e comodidade para os/as usuarios/as.

Na sociedade actual, unha vez satisfeitas para unha porcentaxe importante da poboación as necesidades primarias dos individuos (comida, roupa, vivenda...), demanda unha serie de necesidades diferentes ás que existían hai poucos anos; unha delas consiste no dereito a desenvolver actividades de lecer (como as deportivas ou as culturais) e é ben sabido que o disfrute e/ou práctica da maioría delas leva consigo a tenencia dunha infraestrutura adecuada (entendendo por tal tanto os edificios propiamente ditos, coma outras dotacións asociadas –caso, por exemplo, de aparcamentos ou pistas de acceso-).

No noso concello existe unha zona deportiva que conta cunha gran demanda, (nela realízanse actividades de distinto tipo, tanto por particulares como por colectivos) pero na que se poden atopar algunhas deficiencias que nos parece oportuno revisar, sobre todo tendo en conta que unha gran porcentaxe dos usuarios da mencionada zona son nenos. As melloras que, ao noso xuízo, se poderían levar a cabo son as seguintes actuacións que o Grupo Municipal do BNG propón ó Pleno da Corporación Municipal para a adopción do seguinte ACORDO:

1. Hai pavillóns que non contan cun equipo calefactor adecuado; este feito destaca sobremaneira no antigo frontón e vese agravado por ser un local utilizado para desenvolver algunhas das actividades propostas polas Escolas Deportivas Municipais (Patinaxe, Ximnasia Deportiva...).

2. Solución dos problemas de humidade do antigo frontón (onde se poden atopar charcos de auga sempre que chove).

3. Ampliación e mellora da pista de acceso ao mesmo edificio, xa que é moi estreita (por tramos case non permite que se crucen dous vehículos) e con curvas de moi pouca visibilidade.

4.Adecuación da zona existente entre o Campo de Futbol, as Piscinas e mais as Canchas de Tenis, de xeito que permita ser usado como aparcadoiro e tamén como pista de atletismo.

5. Dotación de puntos de auga potable nas pistas que rodean a zona da carballeira, xa que se utiliza habitualmente (xunto cos terreos mencionados nos parágrafos anteriores) para a práctica do atletismo.

6. Mellora da pista que discorre paralela á Academia de Policía, actualmente con tramos en mal estado, sobre todo na zona máis próxima ás Piscinas.

7. Reconstrucción das Pistas de Atletismo ubicadas no Campo de Futbol da Baiúca.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

Vídeos
raquel_google.jpg
Visualiza os vídeos da campaña electoral

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal