Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Posicionamento do BNG a respecto do Tratado polo que se estabelece unha Constitución Europea   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Malo Bo
Sábado 05 de Febreiro de 2005 - 00:16

DOCUMENTO APROBADO POLO CONSELLO NACIONAL DO BNG

A) O BNG E A CONSTITUCIÓN EUROPEA

O BNG traballa por unha Europa dos pobos unida, social e democrática. Unha Europa que promova a igualdade de xénero e a cohesión social e territorial no seu interior e que, frente ao militarismo dos Estados Unidos, defenda e pratique unha política internacional de paz e de respeito aos dereitos humanos e á soberanía dos pobos. Unha Europa que promova unhas relacións económicas mundiais máis xustas, apartir do dereito de todos os pobos a un desenvolvimento económico autocentrado e sustentábel e á soberanía alimentar.

Sabemos que non estamos sós. Somos millóns os europeos e europeas que traballamos por unha Europa e por un mundo distintos. Nos Foros Sociais Europeos. Nos sindicatos e nas organizacións agrarias. No ecoloxismo e nas organizacións feministas. Nos movimentos xuvenís e viciñais. Nas organizacións non gobernamentais e nos movimentos relixiosos de base. Nas organizacións políticas das nacións sen Estado europeas. Sabemos que tamén na Galiza son maioría os cidadáns e cidadás que, sen renunciaren a seren europeos e europeas, queren que a Unión Europea que signifique algo máis que reconversión industrial, cotas lácteas ou recurtes pesqueiros, queren unha Europa no que cada país poda producir e decidir o seu proprio modelo de desenvolvimento, unha Europa que afonde nos principios democráticos e avance na protección dos direitos sociais. Unha Europa que nos recoñeza como pobo, cunha língua e unha cultura de seu, e na que queremos participar directa e activamente. Unha Europa que non negue na práctica o dereito básico a producir e de viver e traballar na nosa terra.

Queremos que Europa conte cunha verdadeira Constitución. Cunha norma fundamental elaborada por unha asemblea elixida democraticamente por todos os pobos europeos. Cunha Carta de Dereitos que recoñeza e garante os dereitos e as liberdades de todos e todas, incluidos os dereitos sociais, a comezar polo dereito a unha existencia digna e asegurada. Cunha organización institucional equilibrada e respeitosa do principio de división de poderes, no camiño dunha democracia avanzada e paritaria. Unha Constitución Europea, enfin, para construir unha Europa dos pobos, socialmente avanzada e en paz.

Porén, como organización política galega, demócrata e progresista, constatamos que o Proxecto de Tratado polo que se institúe unha Constitución para Europa , aprobado polos gobernos dos Estados membros no Consello Europeo de Dublín de Xuño de 2004 non contribúe á construción desa Europa pola que traballamos.

Lonxe de avanzar na construción dunha Europa máis unida, o Tratado Constitucional reafirma unha Europa dos Estados. A regulación do principio de subsidiariedade non é a que quereriamos e ademais consideramos que o Comité das Rexións é inoperativo polo seu carácter consultivo e por mesturar nacións sen Estado, rexións e entes locais.

Como demócratas pensamos que só se poden denominar Constitucións as normas que organizan democraticamente o poder público, que recoñecen e aseguran de forma efectiva os dereitos e liberdades das persoas e os pobos e que son elaboradas por unha asemblea elixida directamente por toda a cidadanía. Mais no Tratado Constitucional non concorre nengunha destas notas:

    - Foi elaborado por unha Convención de notábeis e non por unha asemblea constituinte elixida polo conxunto dos cidadáns e cidadás de Europa. Unha Convención que tiña escasa representación de mulleres e sen representación nengunha da mocidade, como sucede en todos os eidos da actividade pública.

    - Teima nunha Europa dos Estados. Máis en concreto nunha Europa dos Executivos estatais, crescentemente liberados do controlo parlamentar. O Tratado fai referencia ao principio de democracia participativa (artigo 47) máis na práctica os procedimentos de participación cívica non son efeitivos e insiste en concentrar no Consello e na Comisión integrados exclusivamente por representantes dos gobernos estatais os poderes máis relevantes negándolle ao Parlamento Europeo mesmo a iniciativa lexislativa.

    - Teima, así mesmo, en ignorar fóra da superestrutura política dos Estados- a perspectiva colectiva na que toda persoa, ineludíbel e inescindíbelmente está integrada. E, sendo os dereitos colectivos un dado incuestionábel da realidade política e xurídica contemporánea e das ciencias sociais, o non recoñecemento do dereito de autodeterminación dos pobos, así como a ausencia da transversalidade de xénero, como principio informador de todo o Tratado, inviabilizan, de facto, o exercicio dos dereitos formulados no Texto, como fundamentais . Non convén esquencer que o recoñecemento xurídico-político da pertenza a un determinado grupo (sexa a nación, sexan as mulleres ), é determinante da idea de xustiza distributiva.

    - A Carta de Dereitos que contén é un texto devaluado: reduce os dereitos sociais a meros principios así por exemplo, non hai dereito ao traballo , senón dereito a traballar ; non hai dereito a unha vivenda digna mais apenas o dereito a unha axuda en materia de vivenda que, ademais, son libremente interpretábeis polos Estados. Por se o anterior non abondase, abre a porta, através da denominada cláusula de solidariedade (art. 42), á suspensión dos dereitos fundamentais e a intervencións policiais e mesmo militares en nome da luita contra o terrorismo , dando cobertura ás leis de excepción que tras do 11- S foron aprobadas en diferentes Estados europeos. Ademais de estes direitos básicos non estar suficientemente garantidos, sonlle negados aos millóns de traballadores en situación irregular e aos refuxiados e asilados que residen en Europa véndose impedida a sua liberdade de circulación como persoas debido ás políticas de asilo e inmigración restrictivas dos Estados membros.

Do ponto de vista do progreso social é certo que, en aparente contraste cos Tratados anteriores, o Tratado Constitucional contén referencias sociais á solidariedade , á igualdade entre homes e mulleres ao pleno emprego , ao combate contra a marxinación social ou ao progreso social , ambientais desenvolvimento sustentábel e de política internacional a paz e o compromiso cos dereitos humanos e a Carta das Nacións Unidas . Mais esta impresión positiva inicial desaparece cando comprobamos que, nunha ecuación imposíbel, todos estes obxectivos e valores se subordenan á consecución dunha economía altamente competitiva e dun mercado único no que a competencia sexa libre e non estexa falseada , onde a igualdade de xénero é concebida desde unha perspectiva puramente formal, non material e a aposta pola paz e o Dereito Internacional quérese facer compatíbel co mantimento dos compromisos asumidos pola maioría dos Estados membros entre eles España coa OTAN e cunha doutrina militar e de defensa que non aposta por unha resolución pacífica dos conflitos, como se ven defendendo nos Foros Sociais Mundiais e Europeus e polas organizacións que loitan a favor da paz, senón que postula abertamente as intervencións preventivas fóra do territorio da Unión.

A proba disto constitúea o feito de que mentres as políticas e normas en materia de competencia e mercado interior poden aprobarse por maioría cualificada do Consello, as relativas a materia fiscal e social requiren a unanimidade. O artigo 46 consagra o acceso de lobbies e grupos de presión nos procesos de toma de decisión da Unión baixo o rótulo de Principio de Democracia Participativa . Convén saber que hoxe hai máis de 700 lobbies representados en Bruxelas. Dito doutro xeito, garántese a libre circulación de mercadurías, capitais e servizos ao tempo que se renuncia a harmonizar as condicións laborais, a proteción social e a fiscalidade no conxunto dos Estados membros. Ábrese pois a porta ao dumping porque, como se vai conseguir a unanimidade en materia social e fiscal nunha Europa a 25 coas disparidades existentes entre os diferentes Estados e o interese, evidente, das grandes empresas multinacionais en que esta disparidade se manteña? Máxime cando é o Banco Central Europeo, isento de calquer procedimento democrático de eleición e controlo, a institución que vai dirixir a política económica e monetaria da Unión, conforme á máis pura ortodoxia neoliberal e sen atención a caisquer consideración social, ambiental, territorial ou de xénero.

Por outra parte, e dado que se mantén o limite do 1,27% do PIB para o orzamento comunitario, os mesmos cartos até agora existentes terán que se repartir entre as actuais rexións obxectivo nº 1 como Galiza e os novos Estados membros no que supón unha renuncia, na prática, á cohesión e equilibrio territoriais no seo da Unión Europea con gravísimas consecuencias para o noso país.

A cidadanía galega, co resto da europea, debe abrir o proceso que nos leve a outra Europa. Unha Europa plenamente democrática que recoñeza a súa diversidade nacional e cultural. Unha Europa da igualdade.

Unha Europa, que adopte medidas para evitar que das diferenzas fisiolóxicas de sexo, entre seres humanos, se deriven automaticamente desigualdades sociais de xénero. Con tal fin deberá contemplar, sen fisuras, na súas políticas, a transversalidade de xénero e propugnar a laicidade como valor.

Queremos, así mesmo, unha Europa que fomente a participación social e política da xente nova, e lle ofreza unhas perspectivas dignas de futuro. Unha Europa respeitosa dos dereitos e liberdades públicas.

Unha Europa que abandone a obsesión mercantilista e o culto á competitividade en favor do benestar, a cohesión social e territorial e o pleno emprego. Unha Europa que aposte pola sustentabilidade no canto de facelo polo produtivismo. Unha Europa que aspire de verdade a harmonizar as condicións de vida en todos os Estados membros. Unha Europa aberta e non excluinte, que promova e pratique unhas relacións políticas e económicas internacionais solidarias e respeitosas do dereito de todos os pobos ao desenvolvimento económico e ao autogoberno.

B) REFERENDO E O CONTEXTO MUNDIAL E EUROPEO

A Dialéctica internacional no plano das ideas e dos modelos estase a producir entre por un lado o que representa a Globalización ultraliberal e polo outro a estructuración política e económica da diversidade en beneficio mutuo, como plantexamento máis igualitario entre os pobos e entre as persoas.

A situación política internacional ven determinada pola tendencia á suplantación na orde mundial da anterior política de Bloques pola imposición da Globalización ultraliberal. É necesario neste intre fixar as posicións en base a principios e valores de futuro non só a xustificacións de coxuntura e inmediatez. Os valores fundamentais a defendermos no contexto actual deberían ser: o respecto no plano político as creacións humanas que se plasman na diversidade nacional; e non aqueles que poidan servir para consolidar modelos políticos que nos seus fundamentos básicos están rexidos polo mercantilismo e a monetarización que non ten reparo en recurrir a rapiña e as ocupacións militares para apropiarse e controlar os recursos do planeta, e que provoca enormes desigualdades entre os pobos e as persoas. No momento convulso que está a viver o mundo é tempo de involucrarmonos na toma de decisións en base a valores e principios que den esperanza de futuro e que contribuan a correxir o rumbo da orde internacional que se quere impoñer, por outra orde onde o básico sexa o respecto a diversidade, a igualdade social e, xa que logo, o respecto ás nacións no plano político, económico, ecolóxico e social como valor de futuro. Non é tempo de posicionarse acomodaticiamente pola rutina dos modelos e tratados.

O contexto internacional pode permitirnos facer unha campaña moi explicativa do que representa o nacionalismo como esperanza para unha orde mundial e europea diferente ao que está contemplado e vai contribuir o tratado. Unha orde baseada na diversidade, no respecto e beneficio mutuo, no respecto as creacións das persoas e dos pobos, na igualdade social. Debemos ter en conta que o rexeitamento do Tratado non provocaría nengún caos, senón que abriría a necesidade de reconsiderar o modelos na forma e no fondo. Pola contra a consagración do Tratado significa unha dificultade adicional para modificar no futuro unha situación cunha Europa ampliada e sen capacidade de decisión de Galiza, que en cuestións concretas como fondos, politicas sectoriais, etc..., pode ser moi perxudicial para as posibilidades de desenvolvemento autocentrado.

C) O REFERENDO E O CONTEXTO ESTATAL

A vixencia do noso proxecto político e mesmo de Galiza como nación, debería motivarnos para ser quen de definir a nosa posición, en momentos relevantes, pola posta en valor do nacionalismo galego como valor de presente e de futuro. Eso levaría, neste caso, a identificar os perfiles do noso proxecto e non entrar no totum revolution das reflexións que sacralizan o tratado sen entrar a fondo no seu contido. Trátase de opinar sobre que Europa, e que Mundo queremos, e non de comulgar dogmática e acriticamente co prato que nos poñen diante.

No propio contexto do debate sobre o modelo de Estado, debilitariase a nosa posición estratéxica de reforma constitucional, do Novo Estatuto, e de Estado Plurinacional, que estamos a defender, se no terreo da articulación de Europa non somos capaces, na dialectica que se vai dar en Galiza e no Estado, de identificar siquera minimamente o noso proxecto e de apresentar un modelo coherente de Europa co que estamos a defender eiqui. Cómo é posíbel estar defendendo para o Estado unha arquitectura que logo pode ser negada na concepción institucional europea sen enfrontar tamén esta?

No intre político que estamos, o adoptar unha posición de coxuntura que nos faga aparecer mesturados cos que teñen as definicións máis radicais en contra da plasmación do carácter plurinacional do Estado, lonxe de evitarnos un problema colócanos nunha posición de enorme debilidade cara o futuro.

O contexto en que se producirá o referendo e a campaña xa nos podemos imaxinar cal será: vincular o Tratado ao concepto de Europa (Europa só pode ser a do Tratado), pretender equiparar democracia e Tratado, utilizar a posición anecdótica de determinadas forzas políticas para descalificar calquera reflexión crítica sobre o Tratado, etc. Pero ese contexto é o que estamos a viver os nacionalistas no Estado español dende hai xa algún tempo e debe ser unha boa ocasión para non agachar a cabeza e explicar o que somos e o que queremos para poder participar como nación no Estado e en Europa: non queremos demoler o edificio senón que se asente en pilares sólidos, onde o recoñecemento da diversidade nacional sexa respectada no plano da articulación institucional, como primeiro chanzo de ámbito de decisión política, de poder político real entendido como tal, con executivo, lexislativo e xudicial. E sobre esa singularidade que representa o respecto ás creacións nacionais diversas, construir coherentemente o resto do edificio: Estado, Europa...

D) O REFERENDO E O CONTEXTO GALEGO

O Referendo producirase, prácticamente, en campaña electoral. A nosa ten que ser unha toma de postura que nos permita fortalecer as nosas posicións diferenciadas e, nese sentido, o discurso de poñer en valor Galiza, a súa capacidade de decisión, e no plano político o nacionalismo, tamén nos coloca en mellor posición para afrontar a campaña. As persoas con un mínimo de conciencia nacionalista, e os sectores da mocidade e outros que nos procesos recentes poideron ter un certo distanciamento do BNG, estaríamos en mellores condicións de ilusionalos novamente e que se achegaran a nós, con un discurso onde puxéramos en valor o nacionalismo e a singularidade do noso proxecto. A confusión do noso discurso nun magma máis ou menos difuso co de outras forzas, debilitaría a posición de quen considera que en Galiza é necesario unha alternativa e non só unha alternancia. Mesmo seria unha boa ocasión para identificar as coincidencias que no plano do modelo social teñen os partidos que defenden un Tratado de claro contido ultraliberal, mercantilista e monetarista.

E) A NOSA POSICIÓN

Xa que logo este tratado non pode ter o noso voto afirmativo. Hai moitas razóns para votar NON. A nosa contribución democrática como galegos/as e europeus/as será conseguir que a cidadania coñeza o Tratado e que a visión crítica definida neste documento teña un reflexo no referendo.

Esta Constitución non merece o noso apoio pero Europa si merece o noso traballo e compromiso. A nosa oposición ao Tratado é un si SI a Europa: Unha Europa distinta cunha verdadeira Constitución europea, elaborada por unha asemblea constituínte elixida por todos os cidadáns e cidadás de Europa e que sente as bases dunha Europa dos povos, máis democrática, máis social e comprometida de verdade coa paz e cunhas relacións internacionais máis xustas.

O BNG emprazase a continuar traballando pola defensa dun modelo de construción europea alternativo.

Comentarios
Escrito por Visitante en 2005-02-17 17:25:39
:grin  
pois estache moi ben o criterio

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

Vídeos
raquel_google.jpg
Visualiza os vídeos da campaña electoral

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal