Sábado 07 de Maio de 2005 - 22:27
As xa realizadas, as anunciadas e as continuas e persintentes futuras visitas á Estrada dos candidatos do PP ao Parlamento Galego, encubertas como visitas institucionais, constitúen, alén dunha atolondrada carreira por manterse nun poder que se lles escapa das mans, un verdadeiro fraude ético trasladado á política, por, entre outras, as seguintes razóns: - A máis grave de todas elas é que os políticos do PP seguen considerando que a cidadanía estradense deste século XXI non evoluíu cos tempos e non se dá conta de que se lles está a tomar o pelo, intentando vir vender promesas cando se achega a campaña para tapar o verdadeiro esquecemento e atraso que aracterizaron as accións de 15 anos de goberno do PP na nosa comarca. Como consecuencia, están aplicando formas e maneiras caciquís e clientelares propias dos séculos XIX e parte do XX a unha sociedade cada vez máis madura e democrática, produto do novo século.
- As promesas que os candidatos do PP están anunciando e seguirán a anunciar estes días pola comarca constitúe un uso ilexítimo partidario dunha organización que, como o PP, considera que as institucións que ocupan provisionalmente lles pertecen. De aí a súa política de usar os cartos públicos para o seu propio beneficio, para empregar aos seus militantes, simpatizantes e familiares en cargos públicos ou para beneficiar ao ensino e a sanidade privadas, das que eles mesmos son accionistas, en detrimento do ensino e a sanidade pública, garantía de cobertura universal para a cidadanía que non se pode permitir o luxo de pagar por estes servizos.
- Todo o que á Xunta tería que ter feito en 15 anos na Estrada (Creación de solo industrial público e a prezos asequíbeis; comunicacións rápidas e modernas con Santiago, Pontevedra, Carballiño-Ourense, a A-9, o Salnés e as conexións con Portugal e o resto da Península; mellora do ensino público con dotación axeitada de equipos e tecnoloxías da información, aumento da oferta de Ciclos formativos de FP, servizo de comedor escolar, redución das ratios profesor/alumno; evitar o deterioro dos servizos sanitarios existentes e creación de novos puntos de atención (como pode se o centro de sáude do Foxo, etc); políticas que eviten a sangría que supón o despoboamento do rural estradense e do desmantelamento das explotacións labregas) quéreno tapar agora con inauguracións, visitas e promesas vanas.
- Froito desta verdadeira desinhibición da acción de goberno da Xunta, non lles queda máis remedio que prometer o que xa prometeron hai 54, 8, 12 e mesmo 16 anos, ou re-inaugurar instalacións que cambian de nome pero teñen as mesmas funcións e que mesmo xa están traballando co nome cambiado desde hai meses, caso do CEXEGA.
En definitva, o PP está a escinificar nesta campaña eleitoral a verdadeira estratexia ensaiada nos últimos anos: utilización perversa e ilícita das institucións DE TODOS de forma partidaria, uso da propaganda para intentar enganar á poboación, e, enfin, recurso á mentira e o desprezo da intelixencia dunha cidadanía cada día máis madura. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |