Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O problema do IBI chega ao Congreso dos Deputados/as da man do BNG   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Luns 09 de Maio de 2005 - 15:31
117-1709_img.jpg

O BNG, através dos seus deputados, Francisco Rodríguez e Olaia Fernández Davila, presentou o 15 de marzo no Congreso dos deputados unha Proposición de Lei, relativa á modificiación do Real Decreto Lexislativo 1/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliaria. Nesta modificación entre outras cousas solicítase que sexan as comunicades autónomas as que elaboren as ponecias de valores, xa que o BNG entende que o IBI é un imposto vinculado ao territorio, polo que a súa xestión descentralizada dos Castastros Inmobiliarios permitiría a súa adecuación as peculiares características da estructura da propiedade en cada comunicade autónoma; ademais este feito redundaría nunha maior eficacia de control sobre o fraude e permitiría un control máis directo, ao teren as CC.AA. a xestión dos Impostos de Transmisión Patrimonial e Actos Xurídicos Documentados e o Imposto de Sucesións e Doazóns, que gravan sobre todo operacións inmobiliarias.

En resumidas contas, esta proposición de lei pretende que as CC.AA. ostenten as funcións relativas á formación, actualización, renovación dos Catastros Inmobiliarios, mantendo as actuais competencias dos Concellos.

O BNG no Congreso dos deputados tamén apresentou unhas preguntas para ser respondidas por escrito relativas ao IBI da Estrada e ao recurso que a administración do Estado ten prantexado contra ao acordo do pleno de introducir unha reducción transitoria na ordenanza reguladora do IBI. Concretamente o BNG prantexa ao Goberno do PSOE as seguintes cuestións:

Comparte o Goberno o sentir mayoritario dos viciños e viciñas da Estrada de sobrevaloración do valor catastral dos inmobles urbanos do municipio da Estrada, sobre todo no núcleo de poboación que dá nome ao Concello?

Cree necesario proceder a elaborar unha nova Ponencia de Valores en A Estrada de acordo coas peticións dos afectados e a Corporación Municiapal?.

Que solucións alternativas contempla o Goberno ante o problema orixinado pola sobrevaloración catastral en A Estrada, dadas as negativas continuas da Xerencia Territorial do Catastro á propostas oferecidas polos veciños e viciñas e o Concello?. Vai a retomar as consideracións remitidas no seu día pola Comisión Mixta creada no Concello?.

Parécelle razoábel que os contribuintes de A Estrada vexan incrementado o 60% o recibo do IBI dun ano para outro?

Por que impugna a solución adoptada polo Pleno da Corporación Municiapal consistente en conceder unha reducción transitoria que recolle a reivindicación veciñal?. Como se xustifica o envío do requerimento para revocar ese acordo municipal fora de prazo?.

Entabláronse vías para unha saída negociada a este conflito ao marxe da súa xudialización e que sexa satisfactoria para todas as partes?.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

Vídeos
raquel_google.jpg
Visualiza os vídeos da campaña electoral

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal