Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O Pleno da Corporación insta ao Goberno do PSOE á retirada do recurso do IBI   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Luns 09 de Maio de 2005 - 23:10

O Pleno da Corporación Municipal celebrado hoxe luns día 9 de maio, aprobou por unanimidade unha moción do BNG na que se insta ao goberno central do PSOE a retirar o recurso presentado contra a modificacion da ordenanza pola cal se reduciron na Estrada os recibos do IBI.

Como é sabido, o goberno do PSOE, a través do delegado do goberno en Galiza, interpuxo recurso perante o TSXG contra a única solución transitoria que lle quedaba ao Concello para compensar aos propietarios dos inmóbeis do casco urbano pola demostrada e desmesurada sobrevaloración catastral. Esta sobrevaloración recolleuse nun informe técnico pericial que foi avalado pola Comisión Mixta e a Corporación Municipal, pero que a Xerencia Territorial do Catastro nen sequer tivo en conta para comezar a negociar a redución dos valores catastrais.

A resposta da Xerencia Territorial do Catastro chegou ao Concello cando este organismo público xa estaba en mans do goberno socialista de Madrid quen, lonxe de querer chegar a un acordo para solucionar o problema, creou un novo ao pór en perigo as reducións conseguidas polos veciños.

A moción quer ser un elemento máis, xunto coas iniciativas que se debaterán no Congreso dos Deputados a instancias dos parlamentarios do BNG en Madrid, para que o goberno central reflexione sobre o asunto, entre na via do diálogo e peche o da xudicialización do conflito, pois esta última non supón máis que pór unha venda diante dos ollos e, de paso, dar paos de cego; unha vía que, pese a ter poucas posibilidade de prosperar pola febleza da argumentación do avogado do Estado, podería reabrir o conflito social que no seu momento se creou na Estrada.

Desde o BNG temos confianza en que no PSOE se pase do talante aos feitos e, coa retirada do recurso xudicial, se poida abrir unha vía de negociación para darlle unha solución definitiva ao problema, que pasaría por facer unha revisión dos valores catastrais axustados aos valores reais de mercado e unha descentralización da xestión catastral, para que cada comunidade autónoma aplique criterios catastrais acaídos á súa realidade urbanística. E mentres tanto, os veciños teñen que ver repercutido nos seus recibos a compensación pola sobrevaloración demostrada.

A este respecto, o BNG quer trasmitirlle a todos os propietarios de bens inmóbeis do casco urbano da Estrada que, se ben a mobilización veciñal e cos únicos votos do BNG conseguiuse que os recibos do ano pasado viñesen coa redución aprobada, esta é unha solución provisoria --sobre a que pende a ameaza du contencioso administrativo-- e que, para garantiren que a redución continúe até que se chegue a unha solución definitiva, deben exixirlle a quen creou o problema (o PP) e quen o quere xudicializar (PSOE) que no canto de ser obstáculos para arranxalo, dean alternativas para solucionalo.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

Vídeos
raquel_google.jpg
Visualiza os vídeos da campaña electoral

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal